viernes, 30 de octubre de 2009

SAMAGOSTÍN 2009: UNHA FESTA DE MEDO NO INSTITUTO







Vai xa, pouquiño e pouco, creando tradición no noso centro esa mestura da nosa tradicional festa galega do SAMAÍN coa non menos tradicional e larpeira festa do magosto. A verdade é que algúns de vós, xa o sabiamos, tedes imaxinación e, polo que se ve, tempo abondo para montardes eses terroríficos disfraces, sanguinolentos e thrilleanos. E que dicirmos das cabazas artísticas?! En número, se cadra, non medraron moito pero en estilo, imaxinación e mestura do tradicional co moderno a calidade artística das cabazas gozou dunha estimable medra.

O salón de actos cheo ata a bandeira, a participación tan numerosa coma anos anteriores e, vós xulgaredes, pero sangue, sangue había un chisquiño máis este ano, non?

E a crecente calidade dos nosos musicais... excelente!, tanto o musical das Bruxas como o gañador de Thriller.

Seguimos degustando eses saborosos doces e tortas que fan as vosas nais e pais (ninguén cre que as fagades vós, xúrovolo), vendidos en xenerosas porcións.

Velaquí a lista de ganadores desta edición do Samagostín:

1º PREMIO DE CABAZAS: JOSÉ BERNÁRDEZ COSTAS (2º ESO A): Cabaza-robot

1º PREMIO DISFRACES: O MUSICAL THRILLER: 1º D BACH

2º PREMIO DISRACES: VIÚVA DE BRANCO: ÁNGEL SOTO ROMÁN (1º E BACH)

3º PREMIO DISFRACES: TOMÁS, de "EL ORFANATO": ANABEL ABALDE CAMPOS (1º F BACH)

NORABOA A TODOS OS PREMIADOS!




miércoles, 28 de octubre de 2009

O IES CARLOS CASARES, GANADOR DO PREMIO FEGAMP DE DEBUXO




O pasado venres 16 de outubro, no noso salón de actos, levouse a cabo a entrega de premios do concurso de Debuxo e Fotografía "E ti... que pintas no medio?", organizado pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Foi elixido o noso centro para o acto de entrega en recoñecemento ao traballo colectivo presentado. O xurado decidiu outorgarnos o premio conxunto, valorando tanto o traballo artístico como o labor pedagóxico desenvolvido polo profesorado no ámbito da protección do medio ambiente. Noraboa ao alumnado e ao profesorado que participastes neste concurso!
A prensa de Vigo fíxose eco do evento, como podedes ver:
www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/10/16/0003_8040720.htm

martes, 30 de junio de 2009

Selectividade!!


Xa saíron as notas de selectividade.
Podes consultalas aquí.

viernes, 26 de junio de 2009

REMATADA A SELECTIVIDADE, QUÉDANOS OUTRA TAREFA...

Xa rematamos a Selectividade. Agora temos unha tarefa importante: buscar carreira que estudiar, averiguar sobre becas, residencias... Aquí tes algúns enlaces (só abren con Iexplorer):

algúns sitios en INTERNET onde podes conseguir informacións.
- Toda información sobre estudios superiores (becas, ...)
- Buscar carreiras (por universidade, por localidades, notas de corte,...)

martes, 23 de junio de 2009

FELIZ ANIVERSARIO

O pasado venres, 19, o noso instituto estivo de ANIVERSARIO: cumpriu 25 anos. Casi nada! Foi emocionante volver a verse antiguos alumnos (hoxe profesionais, ou en camiño de selo, de diferentes, múltiples e variadas profesións) con profesores actuais e outros que xa estiveran no noso centro. Había anécdotas para "dar e tomar". Non dabamos rematado de contar as aventuras, os recordos... A verdade e que o pasamos todos e todas moi ben. Quedáronnos ganas de repetir... O FARO DE VIGO de hoxe saca un artigo sobre o evento. Podédelo ler aquí.
Xa hai algo que nos une: ser do IES MEIXOEIRO ou, agora, CARLOS CASARES.

lunes, 22 de junio de 2009

Por qué usar Jabber (XMPP)

Actualmente MSN é o protocolo máis empregado para relacionarnos vía online coas nosas amizades. Pero á súa vez estamos atados a unha compañía que nos obriga duramente a un contrato.
Pero hai máis vida despois do MSN. Existe XMPP que é un protocolo libre, formado por Jabber e GTALK (GMail). O protocolo XMPP é un servizo público, libre e gratis. Permite mensaxería instantánea, chat e voz.

¿QUÉ TEN DE MALO MSN?
A rede MSN é privada, e propiedade dunha empresa (Microsoft), que obriga a usar o seu servizo a ordenadores con sistema Windows, e obliga a que actualices o seu programa cando e como eles deseen. Por exemplo, os usuarios con Windows 95 quedaron sen MSN.
Aínda que existen alternativas gratuítas (e a maioría libres) ao programa establecido por Microsoft, non son nin oficiais nin están aceptados pola compañía, e só existen grazas aos programadores que interveñen dando seu tempo e exforzo en programar estes programas, que non é nada doado. E nunca conseguirase compatibilidade ao 100%.

Outro bloqueo de depender totalmente do MSN é que é unha rede centralizada. Tódolo mundo depende directamente de que esta rede esté acesa, e se deixa de funcionar (caen seus servidores), ninguén poderá falar con ninguén. En Jabber isto, aínda que sucedese, non podería causar estragos, pois existen moitísimos servidores de XMPP/Jabber, compatibles todos eles entre sí... pois poderemos ter contas "de reposto" en outros servidores.

MEUS AMIGOS USAN MSN
O problema é ese, que un gran porcentaxe de xente o emprega, polo que aínda que nos agrade XMPP teremos que usar MSN se queremos falar con amigos que empreguen MSN... Porque MSN só comunícase con MSN (e Yahoo-Messenger). Por ista razón, MSN extendeuse monopolísticamente por España, polo que estamos atados a unha empresa. Isto é negativo, pois non se innova nada, e ao estarmos atados a esta compañía, temos que aceptar seus contratos, e empregar seus servizos como desexen...
Pensemos no caso da telefonía móbil, é coma se unha empresa de telefonía móbil non nos permite chamar a móbiles de outras compañías telefónicas.

¿QUE É JABBER(XMPP)?
É un protocolo, sistema de chat, coma MSN, pero que por tódalas ventaxas descubertas enriba (e algunhas máis que citaremos), é libre e aberto.

En Jabber podemos conectarnos con calquer programa que dispoña de soporte para o protocolo XMPP. Jabber non nos impón contrato ningún que nos bloquee a empregar un cliente específico. Símplemente se algo non che agrada dun programa, podes empregar outro.
Tamén podes crear e unirte a salas de charla (Chats). Aínda que con MSN pódese facer o mesmo, non dispós de roles de administración, se alguen molesta non o podes botar...


¿HAI CARACTERÍSTICAS DE MSN QUE INCORPORA JABBER?
Por suposto:
  1. Podes poñerte unha mesaxe persoal, avatar, e ata incluso editar unha tarxeta persoal personalizada con datos persoais (se queres).
  2. Podes enviar arquivos.
  3. Podes usar clientes web, aínda que estén mais limitados cá os programas instalables, para unha emerxencia poden valer.
  4. Podes falarlle a un contacto desconectado, que verá as mesaxes que lle enviaches cando se conecte.
¿COMO CREOME UNHA CONTA JABBER?
En primeiro lugar necesitarás unha conta Jabber, ou JabberID. Dispós de moitísimos servidores, podes elixir o que máis che veña en gana, coma por exemplo Jabberes.org ou Jabber-hispano.org, así coma Gmail. Non importa cal elixas, son compatibles todos eles entre si.
Despois necesitarás un programa, o máis empregado tal vez sexa Psi, aínda que hay moitísimos máis, coma Pidgin (multiprotocolo, podes ter varias contas de varios protocolos abertos á vez).
FONTE

martes, 16 de junio de 2009

A NOSA REVISTA



Xa saíu o Nº 19 da nosa revista «MANDA CARALLO» que é un número especial dado que estamos de aniversario. O IES Carlos Casares de Vigo cumpre 25 anos!

O índice é como segue. Só tes que pinchar en cada apartado para velo.



ÍNDICE.