miércoles, 17 de octubre de 2012
UXÍA COSQUET BONNER (2º ESO B) RECIBIDA E PREMIADA POLO REI
O pasado luns 15 de outubro, UXÍA COSQUET BONNER, de 2º ESO B, foi recibida na Zarzuela en audiencia polo Rei en representación de Galicia como ganadora desta comunidade autónoma no concurso "¿QUÉ ES UN REY PARA TI?"
Noraboa, Uxía!
Podedes ver a noticia en Faro de Vigo:
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2012/10/16/viguesa-ies-carlos-casares-premiada-rey/696882.html
Ou en La Voz de Galicia:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2012/10/15/estudiante-viguesa-rey/00031350317973353275899.htm
domingo, 22 de julio de 2012
MARIYA (1º ESO B) GANA O 2º PREMIO DO CONCURSO "UN MUNDO DE COR"
A nosa alumna de 1º B de ESO MARIYA ILIEVA PALIKARSKA segue ganando premios, mesmo no caloroso verán. Nesta ocasión ganou o pasado mércores 18 de xullo o 2º premio da súa categoría na 2ª edición do concurso UN MUNDO DE COR, organizado pola Subdirección Xeral da Inmigración e do Retorno (da Secretaría Xeral da Emigración) e na que participou a Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado (da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria). O obxectivo era que o alumnado de Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria dos centros públicos, privados ou concertados de Galicia expresase a súa visión sobre a riqueza da diversidade sociocultural presente na nosa sociedade.
Esteas onde esteas a estas alturas do verán, NORABOA de novo, Mariya. Sentímonos orgullosos de que sexas alumna do noso instituto. Xa nos contarás en setembro!
martes, 10 de julio de 2012
Presentacións sobre Carlos Casares (V): A outra obra de Casares
Con motivo do 10º aniversario da morte de Carlos Casares, os alumnos de 4º ESO (nas materias de Lingua Galega e Informática) prepararon algunhas presentacións sobre a súa vida e obra. Nesta quinta e derradeira entrega, a outra obra de Casares:
lunes, 9 de julio de 2012
Presentacións sobre Carlos Casares (IV): A súa obra xornalística
Con motivo do 10º aniversario da morte de Carlos Casares, os alumnos de 4º ESO (nas materias de Lingua Galega e Informática) prepararon algunhas presentacións sobre a súa vida e obra. Nesta cuarta entrega, a súa obra xornalística:
miércoles, 4 de julio de 2012
FALECEU ONTE KRISTINA BERG, VIÚVA DE CARLOS CASARES
Kristina visitou en varias ocacións o noso centro, a derradeira con ocasión do faladoiro no que participou no pasado mes de marzo para celebrarmos o X CABODANO da morte do seu marido, CARLOS CASARES.
En todas as ocasión en que visitou o noso centro fíxoo cunha tremenda amabilidade e xenerosidade e sempre agradeceu o feito de poñermos o nome do seu marido ao centro.
GRAZAS, KRISTINA, POR TODO. O teu nome estará sempre ligado ao de Carlos no noso centro.
martes, 19 de junio de 2012
O GRUPO DE TEATRO DO INSTITUTO FAI DE NOVO AS DELICIAS DO PÚBLICO
"JUAN Y SUS CHICOS" volvéronnos facer pasar uns momentos realmente inesquecibles este pasado luns pola tarde. Non lles abondaba aos do grupo de teatro con representaren a difícil As laranxas... con motivo da celebración do cabodano da morte de Carlos Casares que tiveron a ben preparárennos uns sketches totalmente improvisados e que nos fixeron esmendrellar de risa a todos os presentes no salón de actos. Aquí hai madeira, rapaces! Que inxenio! Que frescura de diálogos ou de acenos reveladores! Ides chegar lonxe, meus! Grazas por eses momentos que xa nunca se borrarán das nosas mentes. Algúns lembraremos este día sempre que volvamos subir a un avión!
viernes, 15 de junio de 2012
GANADORA DOS CLUBS DE LECTURA
NORABOA, MARIYA!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





