martes, 29 de abril de 2014

4º DE ESO: Á CONQUISTA DE LONDON
















O pasado 7 de abril, o alumnado de 4º de ESO fomos a Londres de viaxe de fin de curso. Non paramos de camiñar e de ver cousas impresionantes. Londres pareceunos unha cidade moi cosmopolita, a cada paso que dabas atopabas moitas culturas xuntas e convivindo tranquilamente.
Visitamos moitos sitios, como o museo de historia natural, máis recoñecido polo esqueleto do dinosauro que por outras cousas, pero o certo é que había unha sección onde se realizaba unha réplica dun terremoto que estaba moi ben conseguida. O único problema que tivemos alí foi á hora da saída, pois un grupo de alumnos se perdera.
O primeiro día, ao chegar ó hotel, todos quedamos abraiados polo mal estado no que se atopaba, xa que os cuartos tiñan moi pouco espazo e algúns tiñan as camas rotas. Moitas persoas remataron con negróns de dar golpes contra o teito.
A comida do mediodía, ademais de ser cara, era bastante mala. Algúns tiñan sorte e atopaban persoas españolas que lles aconsellaban o máis rendible. Sinceramente, como a comida da casa non hai ningunha.
Ademais de visitar museos demos unha gran volta no famoso London Eye. Antes de entrar proxectáronnos unha película en 4D (chámana así porque ademais dos efectos especiais, molláronnos con auga e incluso pompas de xabón).
Polas mañás, despois de almorzar, visitabamos os parques máis coñecidos, como o de Hyde Park e o St. James Park, nos cales todos faciamos montóns de fotos.
O cuarto día, á hora de xantar, as profesoras deixáronnos ao noso aire, en Camden Town. Alí fixemos grupiños, pois sabiamos o difícil que era ir todos xuntos, sobre todo no metro, no que moitos perderon o ticket para entrar, e logo de perder o ticket intentaban entrar sen o ticket. Isto funcionoulles ata que o revisor os pillou; evidentemente tiveron que pagar o ticket correspondente.
En xeral, pareceunos unha viaxe memorable pero moi curta, e non nos importaría volver alí. 
ALBA PÉREZ LAREU (4º ESO B)
RAQUEL LLAUGER GONZÁLEZ (4º ESO B)


lunes, 28 de abril de 2014

CADA VEZ APETECE MÁIS ESTAR NA BIBLIOTECA




Pois si, meus, éche ben certo... dá un gusto agora estar na biblioteca... con esas cortinas... Que ambiente...! En realidade un séntese na biblioteca como nunha sala de estar con libros. Moi poucos cartos, moito traballo e un resultado 
espectacular!

domingo, 27 de abril de 2014

A BIBLIOTECA ENSINA A CONFECCIONAR MINILIBROS AO ALUMNADO DE 1º ESO A








Velaquí os traballos de minilibros realizados polo alumnado de 1º ESO A coa súa profesora  SUSA.
Esta singular exposición adornou tamén a entrada do centro no DÍA DO LIBRO.

A BIBLIOTECA CELEBRA O DÍA DO LIBRO






















SARA FERNÁNDEZ COSTAS FINALISTA DO ICC PARA O CONCURSO DE BANDA DESEÑADA "GÚSTAME O GALEGO"



O noso centro participou no concurso de banda deseñada "Gústame o galego", organizado pola Concellería de Normalización Lingüística do concello de Vigo.
A finalista do noso centro foi
SARA FERNÁNDEZ COSTAS, de 4º ESO B.

Velaquí o seu traballo.




[Para ver a banda deseñada completa, premer no enlace]

http://issuu.com/iescarloscasares/docs/comic-sara_g__stame_o_galego

Que haxa sorte na seguinte fase.



sábado, 26 de abril de 2014

1º E 2º DE ESO EN CINENSINO






Preto de 180 alumnos de 1º e 2º da ESO asistiron o xoves 24 de abril no Cine Salesianos á proxección da película El Chef: la receta de la felicidad, dentro do Programa Cinensino. Acompañaron o alumnado as profesoras DORINDA, MARTA, BEGOÑA, LOURDES, XEMMA e ROSA. 
 O programa de Educación en Valores para a prevención do consumo de alcohol e outros trastornos aditivos e comportamentais no campo escolar a través dos medios audiovisuais e as TIC “CINENSINO” englóbase dentro do contexto de Educación para a Saúde e pretende ser un instrumento complementario nesta área e dentro do actual sistema educativo.

O día 24 de abril os grupos de 1º e 2º da ESO fomos ao cine Salesianos, situado na rúa Venezuela, co propósito de ver unha película proposta por CINENSINO, “un programa para a prevención do consumo de alcohol e outros trastornos aditivos comportamentais no eido escolar”.        

 A película, titulada El Chef, la receta de la felicidad, trataba sobre a vida de  dous cociñeiros franceses chamados Jacky Miloo e Alexandre Lagarde. A Jacky non lle duraban moito os traballos que atopaba porque era moi esixente cos pratos que preparaba e non levaba ben as críticas que recibía. Despois de varios intentos, chegoulle a gran oportunidade ofrecida por Alexandre Lagarde, un cociñeiro moi famoso en Francia que necesitaba urxentemente ideas novas. Foi tal o traballo de Jacky ao conseguir facer el só a carta de primavera do mellor restaurante francés que sorprendeu moito ao chef Alexandre Lagarde, logrando así o posto de cociñeiro xefe. A isto sumouse a ledicia de saber que acababa de ser pai.
Ao rematar a película, dirixímonos cara aos autobuses que nos levaron de volta ao instituto, coa sorpresa de saber que tiñamos que traballar na clase sobre o tema da película, e coa intriga de sabermos que relación tería a droga coa comida...

RODRIGO LEGERÉN VIEYTES (2º ESO A)

miércoles, 23 de abril de 2014

O NOSO INSTITUTO, MULTIPREMIADO NO "I CONCURSO DE DEBUXO PICASSO CORUÑÉS"







A nosa profesora de Plástica ALMUDENA coordinou e supervisou os traballos presentados polo noso centro ao I CONCURSO de DEBUXO PICASSO CORUÑÉS, convocado pola Fundación Emalcsa coa colaboración do Concello da Coruña e a coordinación da Asociación da Prensa e da Asociación Pablo Ruiz Picasso da Coruña.
 O obxectivo do certame, aberto á participación de estudantes de toda Galicia de 3º a 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO, era que os escolares recreasen os xornais que o Picasso adolescente realizou durante a súa estadía na cidade da Coruña. 

Esta actividade enmárcase no programa de potenciación do coñecemento da etapa coruñesa de Picasso.

Os nosos gañadores foron:

1os. PREMIOS:

Categoría B (1º e 2º de ESO):

Mellor periódico: Claudia Álvarez Costas (1º ESO)

Mellor ilustración: Ruth Carrera Fernández e Antía Gago Alonso (1ºESO)
Mellor redacción: Julia Villasur Villalba e Jessica Martínez Amoedo (1º ESO)

Categoría C (3º e 4º de ESO):


Mellor ilustración: Brais Rodríguez Quintana (4º ESO) polo seu xornal "A Torre Picassiana".

ACCÉSITS:

Carla Rodríguez Pérez (1º ESO)
Carla Pérez Gómez e Alba Ojea Comesaña (1º ESO)
María Vila Tarela (1º ESO)
Mariana Rodríguez Iglesias e Sara Gil López (1º ESO)
Lara Quicler Mariarty e Lidia Zemiri (1º ESO)
Lucía Pérez Lago (1º ESO)
Andrea Rodríguez Abalde (1º ESO)
Óscar Rodríguez Alonso (4º ESO)
Isaac Villar Romero (4º ESO)