domingo, 29 de junio de 2014

"O MONTE VIVO" DENTRO DOS NOSOS PLANS PROXECTA

Os obxectivos deste programa inserido dentro do PLAN PROXECTA son fomentar a participación activa e responsable dos escolares na protección do medio natural fronte aos incendios forestais, permitindo que tomen conciencia dos valores dos bosques, o seu uso sostible e a contribución á protección da biodiversidade.
O programa céntrase en incrementar a concienciación sobre os incendios forestais e a súa influencia sobre o equilibrio ecolóxico, as perdas que supón en canto a diminución da biodiversidade, da capacidade produtiva do monte, da calidade das augas, do ocio...

O obxectivo principal do noso proxecto foi fuxir da visión idílica da natureza e salientar a necesidade de intervención e xestión do medio; procurar un equilibrio entre conservación, economía e uso do territorio prestando atención á perda de recursos naturais e económicos tras un incendio forestal.

Realizamos a toma de conciencia a través da  motivacion e a emoción. Dende a educación artística buscamos unha comprensión emocional da contorna " Hai que vivir os espazos, sentir como se pechan arredor nosa" (Ramussen, 2000). Traballando a partir de imaxes fixas non podemos facer noso un espazo. Os espazos son para seren vividos, non só contemplados. 

Visitamos a instalación "A imaxe arde" (Lois Patiño). O artista colócanos ante unha imaxe de lume constantemente reinterpretada nunha estancia totalmente escura e con sons que fan que nos relacionemos coa imaxe afianzando o seu significado: o son do lume, abstracción electrónica, reconstrución sonora ... e mesmo o silencio.
O alumnado sitúase en solitario fronte ao lume e pode sentir o perigo, a imaxe sen forma, a sucesión de fulgores no baleiro da noite, hipnótica, atrapando a súa mirada.

Ademais das actividades e saídas relacionadas co programa, consideramos que é importante que o alumnado tome conciencia das desastrosas consecuencias que implica un incendio no monte. Por este motivo, na materia de Ciencias da Natureza decidimos dedicarlle varias sesións para poñer de relevo a importancia dos nosos ecosistemas, non só formadores de paisaxe, senón outros moitos aspectos iguais ou mesmo máis graves: a dimensión medioambiental, a dimensión social, a económica e mesmo a meramente patrimonial.

Os alumnos e alumnas de 2º ESO A veñen de realizar un vídeo imitando o teatro de sombras no que expoñen as perdas de recursos sociais, patrimoniais, ecolóxicos e económicos que se derivan tras dun incendio.





O 7 de maio visitamos a base da Brigada helitransportada do Campiño. Fomos recibidos polo responsable da mesma quen, xunto con outros integrantes do seu equipo, nos amosou as instalacións e o equipamento do que fan uso nos numerosos incendios que anualmente teñen lugar na nosa comunidade. Logo da visita e das pertinentes e amenas explicacións, proxectáronnos unha reportaxe da mesma brigada en plena acción durante un incendio, seguida dunha charla na que o alumnado participou con comentarios e preguntas dirixidas aos protagonistas da reportaxe, os cales salientaban a enorme perda, tanto económica como de recursos, que supón cada un dos incendios que o noso monte ten que aturar.
En definitiva, foi un día moi instrutivo pois cremos que supuxo unha aproximación e un enfoque diferente a esta praga que nos ataca todos os anos.


Alfredo Couceiro (responsable da base helitransportada do Campiño) deixou claro ao noso alumnado, con didácticas similitudes axeitadas para a súa idade, a ingratitude do lume e o traballo de prevención que a brigada fai durante todo o ano.
 Un grupo de alumnos e alumnas de 2º ESO A plasma a impotencia do paso adiante e paso atrás ("Penélope", DÍAZ CASTRO) coa seguinte curta: 





ALMUDENA LACOMBA MARURI


sábado, 28 de junio de 2014

OS CUARTOS DA ESO NO PLAN PROXECTA "GALICONS". RESUMO DO PROXECTO


A participación no programa Galicons-net supón a realización de proxectos sobre consumo responsable e a calidade de vida para o desenvolvemento dos valores e competencias básicas das distintas etapas educativas. Galicons-net ten como obxectivo potenciar a educación para o consumo responsable nos centros escolares da Comunidade Autónoma Galega.

O noso centro desenvolveu este programa durante este curso escolar 2013-14, e dentro do programa Galicóns do Plan Proxecta eliximos a vertente:

 Publicidade: onte, hoxe e mañá. 

Traballamos sobre os discursos publicitarios con causa social como argumento de formación de conciencia crítica, sobre a participación cidadá e a prevención de condutas de risco en relación ás problemáticas sociais que caracterizan o momento actual.
A combinación "publicidade con causa social e educación" supera o ámbito dos contidos para entrar nunha formación ética que cre na capacidade desta "publicidade de transmisión de aprendizaxes" que transformen a realidade social.

Na Primeira fase fixemos un percorrido audiovisual de contidos publicitarios dende os anos sesenta ata os nosos días.O noso obxectivo común: PRIMAR O FIN CÍVICO-SOCIAL POR  ENRIBA DOS OBXECTIVOS DE MERCADO (ECONÓMICOS)

O alumnado investigou e tirou as súas propias conclusións. Dous exemplos:


deportistas-solidarios





los-deportistas-en-el-mundo-publicitario


Expuxeron estes traballos @s compañeir@s de 1º da ESO. Pero non quedaron aí! Realizaron tamén a súa propia publicidade con causa social:

ALMUDENA LACOMBA MARURI


miércoles, 28 de mayo de 2014

CARLA RODRÍGUEZ PÉREZ, de 1º ESO A, GANADORA DO CONCURSO "INVITA A ANDERSEN"



Con motivo do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a OEPLI e as súas seccións ASOCIACIÓN GALEGA GALEGA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil e Galtzagorri Elkartea convocaron o concurso "Invita a Andersen", consistente en  crear unha tarxeta postal que amosase, por un lado, un curruncho, un espazo, un monumento, unha escultura, unha paisaxe... da localidade na que vivimos e polo outro, un breve texto no que se invitase a HANS CHRISTIAN ANDERSEN a visitalo e lle explicásemos o motivo polo cal escollemos ese lugar. 
NORABOA, CARLA!!!


domingo, 25 de mayo de 2014

PAULA DOMÍNGUEZ (1º ESO A) 1º PREMIO DE CARTEIS A NIVEL GALEGO DO CONCURSO "A VIDA, O MELLOR AGASALLO"



Acabamos de saber que a nosa alumna PAULA DOMÍNGUEZ ÁLVAREZ, de 1º ESO A, é a ganadora do 1º PREMIO DE CARTEIS do concurso "A vida, o mellor agasallo", organizado pola Consellería de Sanidade.
Noraboa, PAULA!!!
Velaquí o seu traballo ganador:



Outros traballos que presentou a este mesmo concurso alumnado de 1º da ESO:








SALVAVIDAS SEN FUME: 1º ESO C: RELACIONANDO IDEAS


Clases sen fume


Ao longo de dous trimestres, durante unha hora semanal de Proxecto Interdisciplinar o noso alumnado de 1º de ESO traballou alternativamente os proxectos "Salvavidas" e "Clases sen fume".
Recompilamos antecedentes e elementos de diagnóstico que lles permitiron concluír e materializar as súas ideas. Segundo avanzan nos seus coñecementos propoñen accións cada vez máis ordenadas e dan solucións. "Un proxecto é a busca dunha solución intelixente á formulación dun problema, tendente a resolver unha necesidade humana" (Sapag e Sapag, 1987).
Así, foron quen de relacionar os dous proxectos de maneira que dicir NON ao tabaco supón un beneficio para un mesmo, para os que nos rodean e mesmo para os futuros receptores (se se dese o caso) duns órganos que se mantiveron sans.
1º ESO C mostra co seu traballo Salva vidas sen fume a relación entre estes dous proxectos vinculando observación (base de toda investigación) e reflexión como ferramentas para descubrir esta relación.
Podedes ver o vídeo que realizaron aquí:


ALMUDENA

CLASES SEN FUME: "EL HORMIGUERO ANTITABACO": 1º ESO B


Clases sen fume

O noso alumnado de 1º ESO B realizou un miniprograma de "El hormiguero 3.0" tratando o tema do tabaquismo.
Este programa televisivo gusta ao noso alumnado adolescente polo seu dinamismo, imaxinación e diversión.
Ideas orixinais e didácticas por parte de guionistas e "científicos" materializadas por un estupendo equipo de Arte que en tempo récord fai visible estas difíciles seccións.
O noso 1ºESO B reproduce en EL Hormiguero anti tabaco as distintas seccións do programa, dende o baile inicial ás aplicacións móbiles, sempre con alternativas e reflexións ao tabaquismo.
Unha " posta en escena " con guión, gravación e montaxe íntegra do alumnado do aprendido sobre o tabaco e os seus efectos con solucións para dicir NON dende o principio.
NON TEN DESPERDICIO, premede neste enlace para velo:

miércoles, 14 de mayo de 2014

OUTORGADOS OS PREMIOS DOS CLUBS DE LECTURA DO ALUMNADO





A sección do Grupo da Biblioteca dedicada aos Clubs de Lectura do Alumnado outorgou os premios das dúas categorías: un premio para o 1º ciclo da ESO e outro para o 2º ciclo da ESO e mais para 1º de Bacharelato.
Os criteiros que se utilizaron para a decisión dos premios outorgados por parte dos coordinadores foron a calidade dos comentarios subidos ao blog da biblioteca, o seu nivel de expresión así como a capacidade crítica dos lectores.
Seranlles entregados no seu día lectores de libros electrónicos.

Os premiados nesta edición 2013-14 foron:

1º ciclo ESO:
CLAUDIA ÁLVAREZ
COSTAS (1º ESO C)

MENCIÓN HONORÍFICA:
ENERITZ SOMOZA 
RODRÍGUEZ (2º ESO B)

2º ciclo ESO e 1º BACH:
RUBÉN DARÍO MARTÍNEZ FRANCISCO (3º ESO A)