sábado, 27 de abril de 2013

CLASES SEN FUME. 1os. de ESO

 

Clases sen fume


Compartimos desde aquí as actividades creativas realizadas polo alumnado de 1º ESO para Clases sen fume dentro do Plan Proxecta.
Estamos orgullosos do resultado como exemplo de traballo colaborativo tanto na aula como fóra dela, así como entre o profesorado.
Con este tipo de proxectos traballamos as competencias básicas de maneira eficaz e diferente, de maneira xeral procurando información, elixindo as tarefas, buscando a colaboración entre o alumnado, cooperando, relacionando o "mundo exterior" co "mundo escolar", promovendo o pensamento crítico e a iniciativa persoal. E de maneira específica co compromiso de non fumar e de "publicitar" as vantaxes do non consumo para o resto da comunidade educativa.

ALMUDENA LACOMBA




1º ESO A 
 
1º ESO B

miércoles, 24 de abril de 2013

A FEIRA DO TROCO. TODO UN ÉXITO!

O GRUPO DA BIBLIOTECA, dentro do seu programa de actividades, organizou, con motivo do DÍA DEL LIBRO,  A FEIRA DO TROCO.
Nesta actividade podía participar toda a comunidade educativa, incluídas as familias do noso alumnado e consistía en entregar un máximo de tres libros na BIBLIOTECA, a cambio dos vales correspondentes, para poder logo intercambialos por outros tres como máximo de entre todos os recollidos.
A participación na actividade foi masiva, chegando a intercambiarse máis de duascentas obras, a inmensa maioría delas de excelente calidade, tanto literaria como no referente á súa edición.
Tal como quería o Grupo da Biblioteca, a Feira do Troco foi toda unha festa, e así estaba ambientada. O vestíbulo do instituto estivo ateigado de xente durante os dous recreos. Os participantes foron agasallados con pasteis, lambetadas e chuches dun orixinal pastel literario con piruletas nas que aparecían impresas en tinta comestible sobre obleas os máis representativos títulos da literatura galega e castelá.
Esperemos que haxa sucesivas edicións desta feira, dada a participación e a expectación que xerou.
BOAS LECTURAS!

 











23 DE ABRIL. OS 4os. DA ESO CELEBRAN O "DÍA DEL LIBRO"

Con motivo do DÍA DEL LIBRO, este martes 23 de abril, o DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA CASTELÁ organizou un evento literario de lectura de EL QUIJOTE así como dunha variedade de textos literarios, todos eles amenizados con música interpretada polo noso alumnado de 4º da ESO, cuxa calidade coñecemos e teñen demostrado en moitas ocasións, non en van moitos dos nosos alumnos e alumnas estudan en conservatorios de música ou forman parte de grupos musicais en asociacións veciñais. Colaborou no evento o noso querido lector de inglés, HOWARD, lendo un fragmento de SHAKESPEARE, o tan sonado "TO BE OR NOT TO BE". Finalmente houbo lecturas espontáneas de fragmentos de El Quijote. Fermoso, entretido e participativo.





lunes, 22 de abril de 2013

4º da ESO EN LONDRES


O mércores 3 de abril, logo dun gran madrugón, partimos do instituto ás 6 da mañá. Collimos un bus ata O Porto e de alí o avión ata o aeroporto de Gatwick. De novo, outra traxectoria en autobús ata o hotel Royal National, un clásico nAs viaxes estudiantís. Logo da comida visitamos o British Museum (awesome!), paseamos polos seus arredores e ceamos no noso restaurante reservado, Parker's, xa moi cansos.

Ao día seguinte comezamos cun paseo pola Torre de Londres e cruzamos o Tower Bridge ao outro lado do Támesis. Á hora de comer visitamos un pintoresco mercado de comida, Borough Market e a Southwark Cathedral. Pola tarde fomos á Tate Modern Gallery e a St.Paul's Cathedral, e máis tarde fomos dar un paseo por Covent Garden e polo barrio de Chinatown. Ceamos novamente no Parker's, logo dun día moi entretido e frío. Nevou durante case todo o día. Foi precioso!

Xa o día 5 pola mañá percorrimos o exterior do Buckingham Palace e demos un paseo por St. James' Park. Antes de comer tamén visitamos o Parlamento e o Big Ben e a abadía de Westminster. Pola tarde visitamos a National Gallery, repleta de famosas obras de arte, e logo subimos ao London Eye. Dende alí puidemos ver toda a cidade. Logo nos desprazamos a Picadilly Circus e pasamos por Vigo Street, que está moi preto.

O sábado, o derradeiro día, visitamos o Natural History Museum e logo tivemos a opción de  ir a Harrod's ou a Camden Town, o famoso barrio co mercado. Puidemos facer compras e tivemos tempo libre ata a cea.

O domingo pola mañá visitamos a casa de Charles Dickens e partimos do noso amado Londres para regresar a Vigo. Chegamos tarde, pero a maioría aínda tivemos forzas para acudir ás clases ao día seguinte.

Foron uns días (e unhas noites) inesquecibles.

KATIA RODRÍGUEZ e SERGIO FARALDO (4º B)



domingo, 21 de abril de 2013

GRUPO DA BIBLIOTECA. CLUB DE LECTURA DO PROFESORADO

O GRUPO DA BIBLIOTECA, á parte dos CLUBS DE LECTURA do alumnado que levan funcionando varios anos no noso centro, acaba de crear un CLUB DE LECTURA DO PROFESORADO. Están inscritos na actualidade un total de 14 profesoras e profesores e reúnense polo de agora unha vez ao trimestre un luns en xantar de traballo e posterior tertulia na biblioteca no propio centro para a posta en común de comentarios, suxestións... sobre a obra escollida.
A primeira obra foi:

LAHIRI, Jhumpa. Tierra desacostumbrada.

 
 
 
 
 
 
 
 
Para este terceiro trimestre, leremos:
 
SHAFFER, Mary Ann. La sociedad literaria y el pastel de piel de patata de Guernsey.
 
 
 O GRUPO DA BIBLIOTECA ten pensado para o vindeiro curso reforzar esta actividade, conseguir máis adeptos a este club e facer máis frecuentes as lecturas.
Boas lecturas!


PARTICIPACIÓN DE 2º ESO NO CONCURSO DE LOGOS ESenRED


VOTADE POLOS NOSOS!

Alumnado de 2º ESO do noso centro participa no concurso de logos ESenRED, unha rede estatal de programas e redes de escolas cara á sostenibilidade promovida por iniciativa de administracións públicas.
Teñen un blog 
(http://logoesenred.blogspot.com.es/2013/04/margarita2.html) dedicado a atopar un logotipo que represente a Rede, a través dun concurso aberto entre os centros escolares que traballan a sostenibilidad, e o noso alumnado de 2º ESO, dentro do programa "12 MESES, 12 PAISAXES", do PLAN PROXECTA, participa no concurso con 6 logos.
Nese blogue aparecen todas as propostas de logotipo que os participantes no concurso van presentando. Pódese participar votando polos deseños que máis vos gusten. Só tedes que pulsar "me gusta" debaixo das imaxes que prefiras. A proposta máis votada polos visitantes do blogue será tida en conta como un voto máis na deliberación do xurado.

ASÍ, QUE... VOTADE POLOS NOSOS!

 







jueves, 11 de abril de 2013

RAÚL ALONSO (1º BACH E), DOBREMENTE PREMIADO

O noso alumno RAÚL ALONSO RODRÍGUEZ, de 1º BACH E non para de recoller premios polas súas capacidades intelectuais e mais polo seu traballo nos estudos.
Se a principios de ano recibiu o PREMIO EXTRAORDINARIO DE ESO a nivel de Galica cunha media de 9,7, agora resulta que gana unha MEDALLA DE PRATA na OLIMPIADA MATEMÁTICA que se vén de celebrar a nivel estatal. E tan campante o rapaz! Con alumnos coma ti dá gusto!
NORABOA, RAÚL!!! TI SI QUE VALES!


Podedes consultar senllas noticias en Faro de Vigo:

http://www.fomento.edu/imgeditor/noticia%20faro%20antonella(1).pdf

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/04/09/raul-alonso-atrae-entender-funcionan-cosas/787561.html