miércoles, 24 de abril de 2013

A FEIRA DO TROCO. TODO UN ÉXITO!

O GRUPO DA BIBLIOTECA, dentro do seu programa de actividades, organizou, con motivo do DÍA DEL LIBRO,  A FEIRA DO TROCO.
Nesta actividade podía participar toda a comunidade educativa, incluídas as familias do noso alumnado e consistía en entregar un máximo de tres libros na BIBLIOTECA, a cambio dos vales correspondentes, para poder logo intercambialos por outros tres como máximo de entre todos os recollidos.
A participación na actividade foi masiva, chegando a intercambiarse máis de duascentas obras, a inmensa maioría delas de excelente calidade, tanto literaria como no referente á súa edición.
Tal como quería o Grupo da Biblioteca, a Feira do Troco foi toda unha festa, e así estaba ambientada. O vestíbulo do instituto estivo ateigado de xente durante os dous recreos. Os participantes foron agasallados con pasteis, lambetadas e chuches dun orixinal pastel literario con piruletas nas que aparecían impresas en tinta comestible sobre obleas os máis representativos títulos da literatura galega e castelá.
Esperemos que haxa sucesivas edicións desta feira, dada a participación e a expectación que xerou.
BOAS LECTURAS!

 











No hay comentarios: