lunes, 22 de abril de 2013

4º da ESO EN LONDRES


O mércores 3 de abril, logo dun gran madrugón, partimos do instituto ás 6 da mañá. Collimos un bus ata O Porto e de alí o avión ata o aeroporto de Gatwick. De novo, outra traxectoria en autobús ata o hotel Royal National, un clásico nAs viaxes estudiantís. Logo da comida visitamos o British Museum (awesome!), paseamos polos seus arredores e ceamos no noso restaurante reservado, Parker's, xa moi cansos.

Ao día seguinte comezamos cun paseo pola Torre de Londres e cruzamos o Tower Bridge ao outro lado do Támesis. Á hora de comer visitamos un pintoresco mercado de comida, Borough Market e a Southwark Cathedral. Pola tarde fomos á Tate Modern Gallery e a St.Paul's Cathedral, e máis tarde fomos dar un paseo por Covent Garden e polo barrio de Chinatown. Ceamos novamente no Parker's, logo dun día moi entretido e frío. Nevou durante case todo o día. Foi precioso!

Xa o día 5 pola mañá percorrimos o exterior do Buckingham Palace e demos un paseo por St. James' Park. Antes de comer tamén visitamos o Parlamento e o Big Ben e a abadía de Westminster. Pola tarde visitamos a National Gallery, repleta de famosas obras de arte, e logo subimos ao London Eye. Dende alí puidemos ver toda a cidade. Logo nos desprazamos a Picadilly Circus e pasamos por Vigo Street, que está moi preto.

O sábado, o derradeiro día, visitamos o Natural History Museum e logo tivemos a opción de  ir a Harrod's ou a Camden Town, o famoso barrio co mercado. Puidemos facer compras e tivemos tempo libre ata a cea.

O domingo pola mañá visitamos a casa de Charles Dickens e partimos do noso amado Londres para regresar a Vigo. Chegamos tarde, pero a maioría aínda tivemos forzas para acudir ás clases ao día seguinte.

Foron uns días (e unhas noites) inesquecibles.

KATIA RODRÍGUEZ e SERGIO FARALDO (4º B)



No hay comentarios: