VOTADE POLOS NOSOS!
Alumnado de 2º ESO do noso centro participa no concurso de logos ESenRED, unha rede estatal de programas e redes de escolas cara á sostenibilidade promovida por iniciativa de administracións públicas.
Teñen un blog
(http://logoesenred.blogspot.com.es/2013/04/margarita2.html) dedicado a atopar un logotipo que represente a Rede, a través dun concurso aberto entre os centros escolares que traballan a sostenibilidad, e o noso alumnado de 2º ESO, dentro do programa "12 MESES, 12 PAISAXES", do PLAN PROXECTA, participa no concurso con 6 logos.
Nese blogue aparecen todas as propostas de logotipo que os participantes no concurso van presentando. Pódese participar votando polos deseños que máis vos gusten. Só tedes que pulsar "me gusta" debaixo das imaxes que prefiras. A proposta máis votada polos visitantes do blogue será tida en conta como un voto máis na deliberación do xurado.
ASÍ, QUE... VOTADE POLOS NOSOS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario