Con motivo do DÍA DEL LIBRO, este martes 23 de abril, o DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA CASTELÁ organizou un evento literario de lectura de EL QUIJOTE así como dunha variedade de textos literarios, todos eles amenizados con música interpretada polo noso alumnado de 4º da ESO, cuxa calidade coñecemos e teñen demostrado en moitas ocasións, non en van moitos dos nosos alumnos e alumnas estudan en conservatorios de música ou forman parte de grupos musicais en asociacións veciñais. Colaborou no evento o noso querido lector de inglés, HOWARD, lendo un fragmento de SHAKESPEARE, o tan sonado "TO BE OR NOT TO BE". Finalmente houbo lecturas espontáneas de fragmentos de El Quijote. Fermoso, entretido e participativo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario