Os pasados días 16 e 17 de xaneiro o profesor JOSÉ MORAL acompañou os 3 grupos de 2º da ESO a unha visita cultural ao Museo do Mar.
Nesta actividade coñecimos as dististas formas empregadas polos seres humanos ao longo do tempo para conquistar o mundo submarino. Coñecimos as técnicas empregadas xa polos romanos para mergullárense nas profundides marinas e como estas técnicas foron evolucionando co paso do tempo.
O día 16 de xaneiro de 2014 os alumnos do IES Carlos Casares de 2º A e 2º C da ESO fomos visitar o Museo do Mar, situado na Avenida Atlántida, 160 da cidade de Vigo.
Este museo representa a importancia do mar e da pesca na vida de Galicia.
Unha vez alí sepáramonos en dous grupos: os de 2º C dedicáronse a observar e adquirir novos coñecementos sobre a cultura mariñeira galega e os de 2º A visitamos a parte dedicada ó submarinismo.
Primeiro pasamos ao acuario. Alí atopamos moitas especies galegas: sargos, mexillóns, fanecas, raias, maragotas...
Máis tarde, ensináronos diferentes traxes de mergullo e un submarino.
Ao final vimos o esqueleto dun cachalote femia antes de volver. Foi unha visita moi didáctica e divertida para todos nós.
JAVIER RÍO CARBALLEDA 2º ESO A.
No hay comentarios:
Publicar un comentario