ELABORACIÓN DE
CREMA HIDRATANTE EN 1º ESO C
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organizou esta actividade á que asistiu alumnado de 1º ESO.
O xoves 22 de
novembro, o alumnado de 1º C, acompañado pola súa profesora de Ciencias MARTA FREIJEDO, tivo a oportunidade de aprender a facer crema
hidratante. Para isto, contamos coa axuda de Marcelo.
O obxectivo da actividade foi ensinarnos que podemos facer todo tipo de cremas e cosméticos de forma
natural e sinxela.
Necesitarás:
-
Aceite
(podes empregar de améndoas, de aceite, de xirasol...)
-
Auga
(mellor destilada)
-
Cera
de abella
-
Aroma
de limón (podemos empregar outro aroma)
Preparación:
Dependendo da túa
pel, terás que empregar distintas porcentaxes de auga e aceite. En dous
recipientes, metes nun a auga, e noutro o aceite e polos ao “baño María”, a
menos de 75ºC. Cando xa estean algo quentes, engades ao aceite a cera de
abella, e remexendo, esperas ata que se derrita por completo, e obteñas unha
mestura homoxénea. Nese momento, déixaos arrefriar e vertes os líquidos nun
bol, que á súa vez meterás en auga fría.
Con coidado,
bates ben os ingredientes e engades o aroma. Non deixes de remexer. Quedarache
unha mestura homoxénea, que terás que meter no frigorífico. Ao día seguinte, xa
terás a túa crema lista.
Lembra que non
empregamos ningún tipo de conservantes, en consecuencia, só durará unhas
semanas.
CLAUDIA ÁLVAREZ e JULIA VILLASUR (1º ESO C)
No hay comentarios:
Publicar un comentario