miércoles, 28 de mayo de 2014

CARLA RODRÍGUEZ PÉREZ, de 1º ESO A, GANADORA DO CONCURSO "INVITA A ANDERSEN"



Con motivo do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a OEPLI e as súas seccións ASOCIACIÓN GALEGA GALEGA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil e Galtzagorri Elkartea convocaron o concurso "Invita a Andersen", consistente en  crear unha tarxeta postal que amosase, por un lado, un curruncho, un espazo, un monumento, unha escultura, unha paisaxe... da localidade na que vivimos e polo outro, un breve texto no que se invitase a HANS CHRISTIAN ANDERSEN a visitalo e lle explicásemos o motivo polo cal escollemos ese lugar. 
NORABOA, CARLA!!!


domingo, 25 de mayo de 2014

PAULA DOMÍNGUEZ (1º ESO A) 1º PREMIO DE CARTEIS A NIVEL GALEGO DO CONCURSO "A VIDA, O MELLOR AGASALLO"



Acabamos de saber que a nosa alumna PAULA DOMÍNGUEZ ÁLVAREZ, de 1º ESO A, é a ganadora do 1º PREMIO DE CARTEIS do concurso "A vida, o mellor agasallo", organizado pola Consellería de Sanidade.
Noraboa, PAULA!!!
Velaquí o seu traballo ganador:



Outros traballos que presentou a este mesmo concurso alumnado de 1º da ESO:








SALVAVIDAS SEN FUME: 1º ESO C: RELACIONANDO IDEAS


Clases sen fume


Ao longo de dous trimestres, durante unha hora semanal de Proxecto Interdisciplinar o noso alumnado de 1º de ESO traballou alternativamente os proxectos "Salvavidas" e "Clases sen fume".
Recompilamos antecedentes e elementos de diagnóstico que lles permitiron concluír e materializar as súas ideas. Segundo avanzan nos seus coñecementos propoñen accións cada vez máis ordenadas e dan solucións. "Un proxecto é a busca dunha solución intelixente á formulación dun problema, tendente a resolver unha necesidade humana" (Sapag e Sapag, 1987).
Así, foron quen de relacionar os dous proxectos de maneira que dicir NON ao tabaco supón un beneficio para un mesmo, para os que nos rodean e mesmo para os futuros receptores (se se dese o caso) duns órganos que se mantiveron sans.
1º ESO C mostra co seu traballo Salva vidas sen fume a relación entre estes dous proxectos vinculando observación (base de toda investigación) e reflexión como ferramentas para descubrir esta relación.
Podedes ver o vídeo que realizaron aquí:


ALMUDENA

CLASES SEN FUME: "EL HORMIGUERO ANTITABACO": 1º ESO B


Clases sen fume

O noso alumnado de 1º ESO B realizou un miniprograma de "El hormiguero 3.0" tratando o tema do tabaquismo.
Este programa televisivo gusta ao noso alumnado adolescente polo seu dinamismo, imaxinación e diversión.
Ideas orixinais e didácticas por parte de guionistas e "científicos" materializadas por un estupendo equipo de Arte que en tempo récord fai visible estas difíciles seccións.
O noso 1ºESO B reproduce en EL Hormiguero anti tabaco as distintas seccións do programa, dende o baile inicial ás aplicacións móbiles, sempre con alternativas e reflexións ao tabaquismo.
Unha " posta en escena " con guión, gravación e montaxe íntegra do alumnado do aprendido sobre o tabaco e os seus efectos con solucións para dicir NON dende o principio.
NON TEN DESPERDICIO, premede neste enlace para velo:

miércoles, 14 de mayo de 2014

OUTORGADOS OS PREMIOS DOS CLUBS DE LECTURA DO ALUMNADO





A sección do Grupo da Biblioteca dedicada aos Clubs de Lectura do Alumnado outorgou os premios das dúas categorías: un premio para o 1º ciclo da ESO e outro para o 2º ciclo da ESO e mais para 1º de Bacharelato.
Os criteiros que se utilizaron para a decisión dos premios outorgados por parte dos coordinadores foron a calidade dos comentarios subidos ao blog da biblioteca, o seu nivel de expresión así como a capacidade crítica dos lectores.
Seranlles entregados no seu día lectores de libros electrónicos.

Os premiados nesta edición 2013-14 foron:

1º ciclo ESO:
CLAUDIA ÁLVAREZ
COSTAS (1º ESO C)

MENCIÓN HONORÍFICA:
ENERITZ SOMOZA 
RODRÍGUEZ (2º ESO B)

2º ciclo ESO e 1º BACH:
RUBÉN DARÍO MARTÍNEZ FRANCISCO (3º ESO A)


martes, 13 de mayo de 2014

"ENNOBELANDO ESPERANZAS". EXPO DE 30 TRADUCIÓNS DO POEMA "PENÉLOPE" DE DÍAZ CASTRO

















Os Equipos de Normalización do IES Monte Carrasco de Cangas, coordinado pola profesora BEATRIZ, que estivo no noso centro o curso pasado, e mais o Equipo de Normalización do noso centro levaron a cabo este curso un proxecto singular. Tratábase de atopar tradutoras ou tradutores a outras linguas do poema emblemático "Penélope" (1961) do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas: X. M. DÍAZ CASTRO.
Alumnado e profesorado dos dous centros traducían ou procuraban tradutores autóctonos deste poema a outras linguas.
As linguas das que finalmente se conseguiron traducións foron:
castelán, éuscaro, catalán, asturianu, aranés, portugués, francés, checo, grego clásico, holandés, inglés, italiano, latín, oshiwambo, quechua, romanés, ruso, suahili, sueco, urdu, xaponés, chinés, búlgaro, polaco, alemán, hindi, árabe e mapuche.
Posteriormente o alumnado, nomeadamente o do IES Monte Carrasco, fixo ilustracións para cada unha das linguas. E, finalmente, SEILA ACUÑA FERRADANES, do IES Monte Carrasco, reuniu todo este material nunha 
presentación
feita moi polo miúdo.
Moitas grazas a todo o profesorado e alumnado que colaborou nesta fermosa e singular actividade.

lunes, 12 de mayo de 2014

TEMOS VARIOS FINALISTAS NO CONCURSO "¿QUÉ ES UN REY PARA TI?"


Como vén sendo habitual xa no noso centro, e para non perdermos o costume, este ano volvemos ter finalistas no concurso "¿QUÉ ES UN REY PARA TI?", que coordina a nosa profesora de Plástica ALMUDENA.

Os finalistas deste ano son:
Modalidade libro:

1) CARLA RODRÍGUEZ  [1º ESO A] ("¿Dónde está el rey?", homenaxe a Wally)
2) MARÍA VILA [1º ESO A] ("Mi historia de la corona" Podedes velo aquí: 


Modalidade multimedia:

LUCÍA PÉREZ [1º ESO A]
Podedes velo aquí:

Para que poida ganar LUCÍA na modalidade de multimedia temos que votar todos neste enlace de aquí embaixo o vindeiro sábado día 17 de maio (si, o Día das Letras Galegas)
VOTADE TOD@S!!!



domingo, 11 de mayo de 2014

GRUPO DA BIBLIOTECA: ÉXITO RENOVADO DA 2ª EDICIÓN DA "FEIRA DO TROCO DE LIBROS"






Vén sendo unha das actividades máis agradecidas das moitas que organiza o GRUPO DA BIBLIOTECA pola numerosa participación na actividade.
Moitísimo movemento de novo nesta xeira onde todos os membros da nosa comunidade educativa se intercambian libros, algún deles de moi recente aparición no mercado, e polos que agarda o alumnado nada máis tocar o timbre para o primeiro recreo, logo de telos "fichado" no anterior cambio de clase.
Os "intercambiadores" e demais espectadores puideron de novo festexar con pasteliños as galdrumadas literarias que adquirían.

O GRUPO DA BIBLIOTECA COLABORA CON "SAVE THE CHILDREN". SOMOS SOLIDARIOS



O GRUPO DA BIBLIOTECA colabora de novo este curso coa ONG "Save the Children" na elaboración de marcadores de libros dentro ca campaña "Marcapáxinas pola soliedariedade" con material fornecido pola ONG cos grupos de 1º, 2º e 3º da ESO.
Nesta VI edición os cartos recollidos irán parar aos nen@s de ETIOPÍA.
O profesorado que coordinou esta actividade solidaria foi: ALMUDENA, LOURDES e LEANDRO

sábado, 10 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014: EXPO X. M. DÍAZ CASTRO



 Para coñecermos mellor o autor homenaxeado este ano no DÍAS DAS LETRAS GALEGAS,
 X. M. DÍAZ CASTRO,
 temos unha exposición de cartaces na entrada do centro que ilustran a súa vida e mais a súa obra.

PLAN PROXECTA: MONTENTÉRATE. OS 3º DA ESO PERCORREN O SENDEIRO DO RÍO EIFONSO











O noso centro está inmerso en varios Plans Proxecta, entre outros MONTENTÉRATE. Pois ben, unha das actividades levadas a cabo polo alumnado de 3º da ESO foi a visita á Entidade Menor de Bembrive, veciña ao noso centro, para coñecermos directamente os coidados e traballos que esixe o monte. 

            
El era un día moi nubrado, cheíño de nubes. Ós poucos saían raiolas de luz de sol por entre as nubes, pero marchaban tan rápido como viñan.
 O alumnado de 3º da ESO do IES Carlos Casares de Vigo levaba esperando este día con moita cobiza dende había tempo, pois... quen non quere perder algún que outro día de clases aburridas e monótonas para aprender algo diferente?

Tras dúas horas, tivemos un recreo no que algún que outro collía bocadillos na cafetaría, pois outros levábannos da casa.

Soou o timbre, e todos preparados con comida, roupa e moitas ganas de berrar no autocar, marchamos ata a Entidade Local Menor de Bembrive, onde o alcalde nos dedicou unhas palabras de benvida e falounos de cousas variadas sobre a parroquia.

Despois disto demos un pequeno paseo, preto dun colexio da zona, onde nos explicaron cousas sobre todo o contorno rural e o monte que os envolvía.


          Deseguido volvemos ó autocar e fomos ata o río Eifonso, afluente do Lagares. Este río destaca pola fermosura das súas árbores, a frondosidade da ribeira e polos seus muíños. Cantamos, rimos, bailamos... A cousa era berrar. Paseamos ata chegar á capela de San Brais, na que houbo xente que quedou a comer, posto que viñan famélicos perdidos: tortilla, bocadillos,
           galletas, salchichón... Por comida non era, non! Outros seguiron un pouco máis de camiño, e logo deron volta. Baixaron, e mentres os outros remataban de comer eles comezaban.

          Cando acabaron, baixamos todo o río outra vez cara ó lugar de partida, e fomos andando ata o Centro Cultural de Bembrive. Alí algúns fixeron merenda e outros remataban de facer a dixestión.

          Estivemos alí un tempiño e, logo, subimos de novo ó autocar, rumbo ó instituto. Chegamos cheos de lama, mollados e cansos, pero aínda que estabamos esgotados, quedamos contentos coa experiencia.
        
          ELISA DOMÍNGUEZ (3º ESO A)

domingo, 4 de mayo de 2014

PARTICIPACIÓN DO NOSO CENTRO NO FESTIVAL AUDIOVISUAL DA ASOCIACIÓN "MAREARTE" - OLLOBOI 2014


O noso centro participa este curso no FESTIVAL AUDIOVISUAL da Asociación "Marearte" - OLLOBOI. Presentamos seis vídeos realizados nos tres últimos anos: "Doa sangue", Elixe doar", "Creado para matar", "Fumar non quero", "O club da traxicomedia" e o "Lipdub". Hai varios premios, pero un deles é o premio do público e hai que votar por internet. Así que xa sabedes, votamos todos polo noso "Lipdub". Só temos de prazo ata o venres 9 de maio. Entrade neste enlace e votade:



sábado, 3 de mayo de 2014

PRIMEIRO DE BACHARELATO EN MADRID









Despois das vacacións de Semana Santa, os alumnos de primeiro de Bacharelato fomos de visita cultural a Madrid. Tras pasar tres veces pola mesma rotonda en Segovia, paramos a xantar nun restaurante das aforas e logo paseamos polo centro histórico da cidade (Alcázar, Catedral, Acueduto…). Logo dun long traxecto aínda, chegamos á capital. Ceamos, fixemos unha volta de recoñecemento e fomos durmir.
Primeiro día. Visitamos o museo de arte Thyssen-Bornemisza pola mañá, o Parque do Retiro e o Museo Reina Sofía pola tarde.
No Parque do Retiro, algúns de nós montamos nas barcas que había no lago do Parque. Tras repoñer forzas na comida fomos ao Museo Reina Sofía, onde está o Guernica de Picasso e numerosos carteis da guerra civil española.
Segundo día. A visita programada era ao estadio Santiago Bernabéu. Algúns optaron por non ir (ir ao museo arqueolóxico era a outra opción). No estadio fixemos a visita rutineira: bancadas, bancadas, bancadas, trofeos, bancadas, banco de xogadores, vestiario (teñen jacuzzi!), tenda carísima e fóra.
Pola tarde visitamos o Museo do Prado, onde están expostos todos os cadros que podemos atopar nos libros de historia, entre eles: As Meninas, A Maja Desnuda, A Maja Vestida, O Xuízo de París…
Para finalizar a xornada, vimos o musical do Rei León. A asistencia a este espectáculo era optativa (pobresiños eles, que non quixeron ir!). Estivo realmente ben. Encantounos a todos os que fomos. Era bastante mellor do que esperabamos. Se tedes a oportunidade de velo, non o dubidedes (collede sitios  no primeiro anfiteatro ou abaixo de todo).
Terceiro día. Parque de Atraccións de Madrid. Non creo que necesite moita explicación. Atraccións, buffet libre (craso erro!), casa encantada, máis atraccións…
Cuarto día. Pegáronlle a un compañeiro uns borrachos que levaban toda a noite sendo buscados pola Policía. Todo acabou con tres mozos de 25 anos detidos (un co nariz roto) e un compañeiro cos ollos morados. Logo fomos ao centro comercial Xanadú a esquiar a unha pista de xeo artificial e volvemos para casiña.
PD: Coidado coas mulleres que pululan polo Parque do Retiro!
MARTÍN e JESÚS GIRÁLDEZ, SERGIO FARALDO
(1º BACH E)