sábado, 10 de mayo de 2014

PLAN PROXECTA: MONTENTÉRATE. OS 3º DA ESO PERCORREN O SENDEIRO DO RÍO EIFONSO











O noso centro está inmerso en varios Plans Proxecta, entre outros MONTENTÉRATE. Pois ben, unha das actividades levadas a cabo polo alumnado de 3º da ESO foi a visita á Entidade Menor de Bembrive, veciña ao noso centro, para coñecermos directamente os coidados e traballos que esixe o monte. 

            
El era un día moi nubrado, cheíño de nubes. Ós poucos saían raiolas de luz de sol por entre as nubes, pero marchaban tan rápido como viñan.
 O alumnado de 3º da ESO do IES Carlos Casares de Vigo levaba esperando este día con moita cobiza dende había tempo, pois... quen non quere perder algún que outro día de clases aburridas e monótonas para aprender algo diferente?

Tras dúas horas, tivemos un recreo no que algún que outro collía bocadillos na cafetaría, pois outros levábannos da casa.

Soou o timbre, e todos preparados con comida, roupa e moitas ganas de berrar no autocar, marchamos ata a Entidade Local Menor de Bembrive, onde o alcalde nos dedicou unhas palabras de benvida e falounos de cousas variadas sobre a parroquia.

Despois disto demos un pequeno paseo, preto dun colexio da zona, onde nos explicaron cousas sobre todo o contorno rural e o monte que os envolvía.


          Deseguido volvemos ó autocar e fomos ata o río Eifonso, afluente do Lagares. Este río destaca pola fermosura das súas árbores, a frondosidade da ribeira e polos seus muíños. Cantamos, rimos, bailamos... A cousa era berrar. Paseamos ata chegar á capela de San Brais, na que houbo xente que quedou a comer, posto que viñan famélicos perdidos: tortilla, bocadillos,
           galletas, salchichón... Por comida non era, non! Outros seguiron un pouco máis de camiño, e logo deron volta. Baixaron, e mentres os outros remataban de comer eles comezaban.

          Cando acabaron, baixamos todo o río outra vez cara ó lugar de partida, e fomos andando ata o Centro Cultural de Bembrive. Alí algúns fixeron merenda e outros remataban de facer a dixestión.

          Estivemos alí un tempiño e, logo, subimos de novo ó autocar, rumbo ó instituto. Chegamos cheos de lama, mollados e cansos, pero aínda que estabamos esgotados, quedamos contentos coa experiencia.
        
          ELISA DOMÍNGUEZ (3º ESO A)

No hay comentarios: