sábado, 3 de mayo de 2014

PRIMEIRO DE BACHARELATO EN MADRID









Despois das vacacións de Semana Santa, os alumnos de primeiro de Bacharelato fomos de visita cultural a Madrid. Tras pasar tres veces pola mesma rotonda en Segovia, paramos a xantar nun restaurante das aforas e logo paseamos polo centro histórico da cidade (Alcázar, Catedral, Acueduto…). Logo dun long traxecto aínda, chegamos á capital. Ceamos, fixemos unha volta de recoñecemento e fomos durmir.
Primeiro día. Visitamos o museo de arte Thyssen-Bornemisza pola mañá, o Parque do Retiro e o Museo Reina Sofía pola tarde.
No Parque do Retiro, algúns de nós montamos nas barcas que había no lago do Parque. Tras repoñer forzas na comida fomos ao Museo Reina Sofía, onde está o Guernica de Picasso e numerosos carteis da guerra civil española.
Segundo día. A visita programada era ao estadio Santiago Bernabéu. Algúns optaron por non ir (ir ao museo arqueolóxico era a outra opción). No estadio fixemos a visita rutineira: bancadas, bancadas, bancadas, trofeos, bancadas, banco de xogadores, vestiario (teñen jacuzzi!), tenda carísima e fóra.
Pola tarde visitamos o Museo do Prado, onde están expostos todos os cadros que podemos atopar nos libros de historia, entre eles: As Meninas, A Maja Desnuda, A Maja Vestida, O Xuízo de París…
Para finalizar a xornada, vimos o musical do Rei León. A asistencia a este espectáculo era optativa (pobresiños eles, que non quixeron ir!). Estivo realmente ben. Encantounos a todos os que fomos. Era bastante mellor do que esperabamos. Se tedes a oportunidade de velo, non o dubidedes (collede sitios  no primeiro anfiteatro ou abaixo de todo).
Terceiro día. Parque de Atraccións de Madrid. Non creo que necesite moita explicación. Atraccións, buffet libre (craso erro!), casa encantada, máis atraccións…
Cuarto día. Pegáronlle a un compañeiro uns borrachos que levaban toda a noite sendo buscados pola Policía. Todo acabou con tres mozos de 25 anos detidos (un co nariz roto) e un compañeiro cos ollos morados. Logo fomos ao centro comercial Xanadú a esquiar a unha pista de xeo artificial e volvemos para casiña.
PD: Coidado coas mulleres que pululan polo Parque do Retiro!
MARTÍN e JESÚS GIRÁLDEZ, SERGIO FARALDO
(1º BACH E)

No hay comentarios: