lunes, 18 de mayo de 2009

EXALUMNOS



















Hoxe, día 18 de maio, 11 exalumnos do IES CARLOS CASARES viñeron a contarnos as súas experiencias na Universidade. O elenco era variopinto. Unha alumna de Bioloxía, outra de Arquitectura, outra de Farmacia, outra de Traducción e Interpretación, outra de Enxeñería de Minas, un alumno de Educación Social, outro de Fisioterapia, outro de Mediciña (que este ano comeza xa o MIR), unha alumna de Historia, outra de Administración e Dirección de Empresas e outra de Dereito Económico. Todos están estudiando arreo, algúns xa están rematando. Uns están en Santiago, outros en Ourense, outros en Pontevedra, unha alumna está en Madrid e outros están en Vigo. As súas experiencias son todas únicas e marabillosas. ¡Que ledicia velos aquí, agora, contándonos como lles vai! Os nosos alumnos escoitaron atentamente e tomaron boa nota, seguro. Os profesores, estamos orgullosos de eles. Gracias por vir e por contarnos a vosa vida...



miércoles, 13 de mayo de 2009

ACTIVIDADE AULAFORO. Buitrago de Lozoya


O I.E.S. Carlos Casares de Vigo participou durante o curso 2008/2009 cun grupo de 1º ESO nunha actividade promovida pola obra social de Cajamadrid denominada Aulaforo, que ten como finalidade promover o debate e a participación democrática nos centros educativos sobre determinados temas de interese. Este ano o tema proposto foi a problemática da auga para o ser humano e o medio ambiente.

As actividades desenvolvéronse en distintas fases:

-Previa: votacións inicial e final entre o alumnado do grupo, enquisas, debates na aula, marcha da auga, publicar noticias e actividaes realizadas na web de Aulaforo.

-Encontro en Buitrago de Lozoya: tivo lugar entre os días 8 e 10 de maio. Nel houbo debate en grupo e pequenos grupos sobre a temática da auga (recurso, escaseza, contaminación, depuración, etc), e elaborouse a Declaración Sobre a Auga, á que se lle deu lectura no Parque do Retiro madrileño.

-Posterior: difusión da actividade e da Declaración nos centros, prensa, etc.


martes, 5 de mayo de 2009

DEBATE SOBRE INMIGRACIÓN


Os nosos alumnos do IES CARLOS CASARES, xunto con compañeiros do IES República Oriental do Uruguay e do Centro S. José da Guía, convertéronse en Concelleiros e debatiron sobre temas de inmigración, facendo propostas dignas dos nosos mellores ediles. Podedes ler a noticia en Faro de Vigo. Noraboa para estes futuros dirixentes da nosa comunidade. Creo que imos estar en boas mans.

martes, 28 de abril de 2009

LECTURA MULTILINGÜE DO QUIJOTE

A Comunidade Educativa do IES Carlos Casares de Vigo (alumnos, ex-alumnos, profesores, personal non docente) dedicaron unha parte da xornada 24 de abril a ler publicamente o Quixote en 11 linguas diferentes (castelán, galego, catalán, portugués, francés, inglés, alemán, gaélico, xaponés, turco, italiano). É un pequeno homenaxe que desde o noso Instituto lle quixemos facer ás letras, ó libro, no día en que se celebra o aniversario do falecemento de Cervantes. O evento estivo organizado polo Departamento de Lingua e Literatura Castelá do Instituto e pola xefa do mesmo Magdalena Aguinaga. Podedes ler a noticia máis ampliada en Faro de Vigo.

lunes, 27 de abril de 2009

A VIAXE A PARIS

GALERÍA DE FOTOS: se pinchas en cada foto, pódela ver máis grande.










viernes, 24 de abril de 2009

Por qué utilizar Linux

Hoxe día, a meirande parte dos ordenadores persoais inclúen o sistema operativo WINDOWS preinstalado. Pero existe Linux, que é moi ventaxoso frente a Windows:

  • É GRATUITO: a gran parte das distribucións de Linux son gratuítas, e poden ser descargadas legalmente dos respectivos lugares oficiais da distribución, onde están subidas as imaxes de CD. E, aínda que existen distribucións de pago, non necesariamente son mellores cás gratuítas; son excepcións para empresas, grandes servicios de servidores, etc. Unha licencia de Windows custa tranquilamente uns 200/300€ e subindo, só que cando mercamos un ordenador con Windows o prezo da licencia xa ven incluído no prezo final e non decatámonos do que custa.
  • NON TEN RESTRICCIÓNS: cando un usuario cambia de ordenador, non pode cambiar a licencia de Windows, MS Office, etc... dun equipo a outro. Nen sequera pode ser lugar de agasallo a ninguén. Microsoft coas licencias de software impón quen o emprega, en que ordenador o emprega, para que o emprega, e moitas outras restriccións enloquecedoras.
  • NON TEN VIRUS: en Windows a palabra "virus" é unha das máis escoitadas. Outra cousa na que hai que gastar diñeiro, "nun bo antivirus". En cambio, Linux non ten prácticamente nada de virus, e é totalmente seguro. Non existen os antivirus, sóamente algún que outro pequeno cortafogos que soe estar incluído na maioría das distribucións.
  • É LIBRE: unha das cousas que ten de ventaxoso Linux é que é libre. Que quere isto dicir? Que calquera que o desexe pode modificar o código fonte de Linux para crear novas distribucións (actualmente hai activas máis de 140 distribucións de Linux). Tamén é froito disto que as distribucións medren tan rápidamente: moita xente traballa modificando o código das distribucións para así facer que éstas medren rápidamente. En Windows ver o seu código non é legal en ninguna das súas formas, polo que non podemos qué é o que fai ou deixa de facer Windows "por dentro".
  • É ESTABLE E RÁPIDO: Linux ten un código fonte "limpo"; o de Windows está sucio e ocupa moito espazo. Hai distribucións de Linux totalmente funcionais que ocupan moi pouco espazo comparado con Windows, e xa teñen multitude de programas preinstalados. Tamén existen distribucións de Linux que son lixeiras e modernas á vez; é dicir, nun ordenador antigo asegurámonos de instalar un sistema que sea moderno e funcione nel á vez.
Mac-OS tamén se asemella a Linux polo citado, pero Linux é o único gratuíto.

martes, 21 de abril de 2009

O VIAXE A MADRID

Galería de fotos: se pinchas en cada foto, pódela ver en grande.