Pois si, foi unha moi boa idea: neste Nadal, invitábannos a poñer un libro na nosa mesa de noite, no noso recuncho, no noso sofá preferido... onde quixeramos: PON UN LIBRO NO TEU NADAL. Esa era a idea que o instituto nos quería transmitir para o Nadal. Tivemos ambiente nadaleiro no instituto, como podedes observar. E que luxo de lámpada de Nadal, de deseño puro! Había unha caixa para que introducísemos nela as nosas suxestións de libros para que o noso centro os mercase e os ofrecese en préstamo na nosa biblioteca, e unha morea de libros estrados na mesa para que collésemos o que nos petase.
martes, 19 de julio de 2011
NADAL + LIBROS -> BOA IDEA!, APÚNTOME
Pois si, foi unha moi boa idea: neste Nadal, invitábannos a poñer un libro na nosa mesa de noite, no noso recuncho, no noso sofá preferido... onde quixeramos: PON UN LIBRO NO TEU NADAL. Esa era a idea que o instituto nos quería transmitir para o Nadal. Tivemos ambiente nadaleiro no instituto, como podedes observar. E que luxo de lámpada de Nadal, de deseño puro! Había unha caixa para que introducísemos nela as nosas suxestións de libros para que o noso centro os mercase e os ofrecese en préstamo na nosa biblioteca, e unha morea de libros estrados na mesa para que collésemos o que nos petase.
VISITA DE 1º ESO A Á ESCOLA DE ARTES E OFICIOS

O pasado xoves 25 de novembro, organizada polo departamento de Plástica e a Vicedirección, dentro do programa VIGO POR DENTRO, o alumnado de 1º ESO A, acompañado pola súa profesora Almudena, realizaron unha visita cultural á ESCOLA DE ARTES E OFICIOS de Vigo. Eramos o primeiro centro que realizaba unha visita a esta institución dentro do programa "Vigo por dentro", que por outra parte é das poucas do devandito programa que se adecúa aos contidos da materia de Plástica en si.
A visita comezou o seu percorrido pola biblioteca para logo visitarmos as aulas de debuxo, pintura (a esta aula corresponde a momentánea que enriba inserimos) e, por último, talla. Os nosos alumnos e alumnas aproveitaron a visita, pero quedaron coas ganas de tocar coas mans algunha obra e tamén de probar algunhas técnicas... Así acometerán con moitas máis ganas os programas da materia cando cheguen a 4º da ESO, pois daquela xa terán utilizado pastel, óleo e mesmo terán feito algo de talla e de gravado.
Na viaxe de volta no autobús cara ao instiuto aproveitamos para felicitar a MARÍA e mais a SARA polos seus respectivos aniversarios.
lunes, 18 de julio de 2011
ALUMNADO DO ICC NO PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS (PILI) DO CONCELLO DE VIGO

A concellalía de Educación do Concello de Vigo saca a concurso todos os anos unhas bolsas de estudo de linguas estranxeiras nun programa de inmersión lingüística para o alumnado de 3º de ESO empadroado en Vigo.
Non poucos alumnos do IES CARLOS CASARES fomos seleccionados. Este programa levouse a cabo durante o mes de setembro, de feito non puidemos comezar o curso ao mesmo tempo que o resto do alumnado pois chegamos unha vez xa comezado este curso.
Aloxabámonos en casas de familias inglesas. Estivemos 21 días en NORWICH, una fermosa cidade de Inglaterra.
A primeira semana iamos a unas clases no centro da cidade, onde nos asignaron un monitor galego chamado Gerardo, que era de Tui.
Durante as clases estudabamos inglés, tiñamos 8 horas cada mañá. Ao saírmos das clases case sempre iamos a un café que había perto da escola e despois iamos de compras pola cidade, que era moi bonita, ou iamos a visitar a cidade.
Nos primeiros días non estabamos aínda moi ben situados na cidade e una rapaza perdeuse. Gerardo, o monitor, levounos ao cine, tamén a ver unha catedral que había no centro da cidade e tamén fixemos algún xogo.
Nas seguintes dúas semanas xa iamos ao colexio onde coñecimos a moitos rapaces e rapazas ingleses.
O colexio era enorme. Nos recreos dábanlle una galleta e unha onza de chocolate gratis a cada un. Alí os rapaces xogan case todos ao rugby e en todas as clases teñen ordenadores. No colexio tamén había rapaces que quedaban alí a durmir pois era unha especie de internado. Había varios edificios e segundo pertenceras a un ou a outro tiñas unha gravata de distinta cor: amarela, verde, vermella ou azul. O nenos que están no nivel correspondente á nosa ESO teñen que ir con uniforme, pero os de Bacharelato poden ir como eles queiran, sempre que vaian formais.
Alí coñecimos a moitos ingleses, como era de esperar, pero tamén coñecimos a moitos rapaces de Vigo que estaban no mesmo programa ca nós e aos que aínda agora seguimos vendo porque fixemos moi boa relación desde aquela.
A despedida foi realmente dura pois tivemos moi forte relación tanto cos rapaces e rapazas ingleses como coas familia onde nos aloxabamos.
A experiencia foi una das mellores que eu tiven porque aprendín moito ingles e porque tamén coñecín moita xente.
SAÚL CASAL ROMÁN (4º ESO A)
viernes, 15 de julio de 2011
INTERCAMBIO EPISTOLAR COA ESCOLA BÁSICA MURALHAS DO MINHO, DE VALENÇA DO MINHO
O curso pasado, organizado polo Equipo de Normalización Lingüística, fixemos un intercambio epistolar cun centro de Ensinanza Secundaria de Valença do Minho. Estivemos varios meses mandándonos cartas entre nós, coñecéndonos e contando como era a nosa forma de vida. Despois de todo ese tempo fomos coñecelos cara a cara ó seu centro.
Ao chegar á súa escola, presentámonos e logo ofrecéronnos un pequeno concerto de música moderna portuguesa. De seguido ensináronnos o seu centro que, en comparación co noso, era enorme. Ao rematar, fomos visitar as murallas de Valença, asesorados por un guía da casa consistorial especialista en historia, e visitamos tamén un museo que contaba a historia desta fermosa vila, maqueta xigantesca incluída. Para xantar leváronnos a un parque preto do río Miño, no que despois fixemos xogos tradicionais, como o xogo de tirar pola corda, atopar mazás en recipientes cheos de fariña… Por último, despedímonos na entrada da súa escola.
De volta, cando eles viñeron a Vigo, o plan do principio que tiñamos era: en primeiro lugar ensinarlles o instituto, despois visitar o campo de Balaídos e de seguido ir ó museo de historia de Pontevedra, e para rematar, ir xantar a Baiona. Pero o tempo xogounos unha mala pasada e tivemos que suspender o xantar na Virxe da Roca en Baiona, xa que empezou a chover a cántaros. En lugar diso xantamos na cafetería do instituto, alí, gorecidos, cantamos, falamos e pasámolo en grande.
Esta foi unha grande experiencia, xa que ao prinicipio custábanos entender as cartas, polo idioma, pero despois foise facendo máis doado. Á parte, esta fora a primeira vez que se facía un intercambio epistolar cunha escola de Portugal, polo que nos sentimos orgullosos de que nós fósemos os primeiros en facelo.
MARA MÉNDEZ GARCÍA (4º ESO B)
CONCURSO DE MICRORRELATOS DOS CENTROS DO CAMPUS DO MEIXOEIRO. OS NOSOS GANADORES
VENRES 25 DE XUÑO DE 2010
(Os grupos dos gañadores corresponden ao curso pasado)
Relación de gañadores do IES CARLOS CASARES no concurso, por categorías:
1º Ciclo da ESO
1.SERGIO DOMÍNGUEZ OTERO de 2ºA do IES Carlos Casares por "O tolo do Casal".
2.RUTH TILVE COSTAS de 1ºA do IES Carlos Casares por "Unha esperanza, unha barreira"
3.JÉRICO PROL LÓPEZ de 2ºB do IES Carlos Casares por "O pesadelo"
2º Ciclo da ESO
1.IAGO RIVERA PUGA de 4ºA do IES Carlos Casares por "Soñando esperto, sen estar durmido"
2.CARLOTA FREIRÍA CORDERO de 4ºA do IES Carlos Casares (Sen título)
Bacharelato
1.JAVIER PEREIRA MARTÍNEZ de 1ºD do IES Carlos Casares (Sen título)
2.ANGEL SOTO ROMÁN de 1ºE do IES Carlos Casares por "Baleiro no pozo"
NORABOA, RAPACES!
(Os grupos dos gañadores corresponden ao curso pasado)
Relación de gañadores do IES CARLOS CASARES no concurso, por categorías:
1º Ciclo da ESO
1.SERGIO DOMÍNGUEZ OTERO de 2ºA do IES Carlos Casares por "O tolo do Casal".
2.RUTH TILVE COSTAS de 1ºA do IES Carlos Casares por "Unha esperanza, unha barreira"
3.JÉRICO PROL LÓPEZ de 2ºB do IES Carlos Casares por "O pesadelo"
2º Ciclo da ESO
1.IAGO RIVERA PUGA de 4ºA do IES Carlos Casares por "Soñando esperto, sen estar durmido"
2.CARLOTA FREIRÍA CORDERO de 4ºA do IES Carlos Casares (Sen título)
Bacharelato
1.JAVIER PEREIRA MARTÍNEZ de 1ºD do IES Carlos Casares (Sen título)
2.ANGEL SOTO ROMÁN de 1ºE do IES Carlos Casares por "Baleiro no pozo"
NORABOA, RAPACES!
ILLAS CÍES 2010
Ao final do curso pasado, o noso instituto celebrou a saída anual ás illas Cíes. Comezou coa reunión de todos os cursos no embarcadoiro, para así comezar ben organizada a nosa viaxe.
A viaxe en barco foi longa, cansa e para a maioría un pouco aburrida: foron corenta minutos interminables.
Ao atracar, puxemos rumbo ao faro, ¿que faro?, o da dereita que non é o da esquerda, é dicir fomos ao feo.
Tras facer algo de perning volvimos á praia onde todos nos dispersamos, cada quen cos seus. Comimos na praia cada un do seu (o meu estaba moi rico!). Finalizamos a nosa xornada volvendo a Vigo. Esperamos que nos volvamos xuntar nas Cíes ao final deste curso (Seica si, o 23 de xuño).
YAGO GUIRADO RODRÍGUEZ (1º BACH D)
PREMIOS DGT LUGO 2009-2010
O curso pasado, como vimos facendo dende hai tempo, os alumnos de IES Carlos Casares participamos no concurso de debuxo organizado pola DGT e o concello de Lugo. Presentamos gran cantidade, e de gran calidade, de traballos e conseguimos dous premios. O ex-alumno do centro ARTUR SOMOZA PIÑEIRO gañou o terceiro premio na categoría de 1º a 3º da ESO e eu, TERESA GARCÍA GONZÁLEZ levei a terceiro premio na categoría de 4º da ESO a 2º de Bacharelato.
Co gallo da recollida dos premios fixemos unha pequena visita a Lugo, onde pasámo-lo día xogando na pista de karts organizada polo concello e a DGT e paseando.
Foi unha saída divertida que non teriamos realizado de non termos contado coa colaboración de Almudena, que sempre nos apunta a todo concurso canto hai e sempre nos dá unha boa axuda:
¡Grazas, Almudena!
TERESA GARCÍA GONZÁLEZ (1º BACH F)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)