lunes, 18 de julio de 2011

ALUMNADO DO ICC NO PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS (PILI) DO CONCELLO DE VIGO


A concellalía de Educación do Concello de Vigo saca a concurso todos os anos unhas bolsas de estudo de linguas estranxeiras nun programa de inmersión lingüística para o alumnado de 3º de ESO empadroado en Vigo.
Non poucos alumnos do IES CARLOS CASARES fomos seleccionados. Este programa levouse a cabo durante o mes de setembro, de feito non puidemos comezar o curso ao mesmo tempo que o resto do alumnado pois chegamos unha vez xa comezado este curso.
Aloxabámonos en casas de familias inglesas. Estivemos 21 días en NORWICH, una fermosa cidade de Inglaterra.
A primeira semana iamos a unas clases no centro da cidade, onde nos asignaron un monitor galego chamado Gerardo, que era de Tui.
Durante as clases estudabamos inglés, tiñamos 8 horas cada mañá. Ao saírmos das clases case sempre iamos a un café que había perto da escola e despois iamos de compras pola cidade, que era moi bonita, ou iamos a visitar a cidade.
Nos primeiros días non estabamos aínda moi ben situados na cidade e una rapaza perdeuse. Gerardo, o monitor, levounos ao cine, tamén a ver unha catedral que había no centro da cidade e tamén fixemos algún xogo.
Nas seguintes dúas semanas xa iamos ao colexio onde coñecimos a moitos rapaces e rapazas ingleses.
O colexio era enorme. Nos recreos dábanlle una galleta e unha onza de chocolate gratis a cada un. Alí os rapaces xogan case todos ao rugby e en todas as clases teñen ordenadores. No colexio tamén había rapaces que quedaban alí a durmir pois era unha especie de internado. Había varios edificios e segundo pertenceras a un ou a outro tiñas unha gravata de distinta cor: amarela, verde, vermella ou azul. O nenos que están no nivel correspondente á nosa ESO teñen que ir con uniforme, pero os de Bacharelato poden ir como eles queiran, sempre que vaian formais.
Alí coñecimos a moitos ingleses, como era de esperar, pero tamén coñecimos a moitos rapaces de Vigo que estaban no mesmo programa ca nós e aos que aínda agora seguimos vendo porque fixemos moi boa relación desde aquela.
A despedida foi realmente dura pois tivemos moi forte relación tanto cos rapaces e rapazas ingleses como coas familia onde nos aloxabamos.
A experiencia foi una das mellores que eu tiven porque aprendín moito ingles e porque tamén coñecín moita xente.

SAÚL CASAL ROMÁN (4º ESO A)

No hay comentarios: