domingo, 31 de julio de 2011

3º ESO MULTIAVENTURA EN PORTOMARÍN, 2011


O mércores xoves e venres días 23, 24 e 25 de marzo, varios alumnos de 3º da ESO foron a unha saída chamada “Multiaventura no Miño no municipio de Portomarín”, acompañados polo Juan, profesor de Educación Física. Estivemos aloxados nun albergue ao pé do río que, por certo, levaba pouca auga debido a que o encoro de Belesar estaba en obras. Compartimos actividades cun colexio de Catoira.

O mércores saímos do instituto sobre as 9:00 e todos no autobús cantando, sacando fotos e algúns a durmir. Sobre as 11:30 chegamos ao albergue. Logo, para coñecer a vila, fixemos un xogo de Roll Playing, un xogo no que alguén se vestía de guerreiro medieval e tiñamos que encontrar os monitores que nos facían probas despois de preguntarlles: “Quen vive?”. Despois facíanche unha proba e, se a pasabas, tiñas unha recompensa. Máis ben era para coñecer a vila e cousas sobre a mesma.
Pola tarde fixemos grupos, uns foron a facer bicicleta de montaña e outros xeokaching, un deporte pouco coñecido. Tratabase de meter coordenadas nun GPS e encontrar unha especie de “taperware” onde a xente escribía a súa experiencía. Neste xogo unha compañeira fíxose unha escordadura nun pé, daquela non puido facer máis actividades.
Logo fomos coñecer a historia da vila.
Ao día seguinte intercambiamos actividades e os de xeokaching foron facer bicicleta e viceversa.
Comemos e pola tarde un grupo fixo kaiak e outro sendeirismo acuático. Os de kaiak pasárono de medo nos rápidos, aínda que algún que outro caeu e mollouse todo (e a auga non estaba especialmente quente) e os de sendeirismo acuático chegaron cheos de barro ata as cellas, porque tiñan que camiñar polo río que estaba cheo de lodo. Ían cun neopreno e agarrados con arnés a unha corda. Camiñamos polo río abaixo, cheo de lodo, ás veces a auga arrastrábanos.
Ó día seguinte volvemos intercambiar os postos, os de kaiak a sendeirismo acuático e viceversa.
O último día fómonos ás tres da tarde para chegar a Vigo ás cinco.
A volta viñemos todos durmindo, non coma na ida.
A verdade é que nos gustaría quedar tres días máis. Foi unha experiencia única: á parte de pasalo xenial, aprendimos novos deportes e cousas da natureza que non sabiamos.

CELIA ALONSO (3º ESO A)

No hay comentarios: