domingo, 31 de julio de 2011

CONCURSO DE EDUCACIÓN VIAL da DGT e do CONCELLO DE LUGO 2011




O pasado sábado 14 de maio, grazas a que varios alumnos do instituto gañaron un premio de educación viaria, os rapac@s de 1º da ESO e algún máis fomos a Lugo, a unha festa organizada pola DGTe mais polo Concello de Lugo a recoller os premios e a participar na festa organizada por estes dous organismos.
Alí pasámonolo xenial: montamos en karts, fomos a unha pista de Scalextric, patinamos, etc.
Tamén había unha exposición de coches antigos.
Podías montar na grúa dos bombeiros, facer o control de alcoholemia e montar nos coches da policía e mais na ambulancia.
Ao mediodía asistimos á entrega de premios por parte da DGT.
Logo fomos a un parque situado no interior da muralla, onde xantamos.
Xa rematada a festa, participamos nun sorteo entre todos os asistentes dunha bicicleta e dous MP3.

CARLA SÍO (1º ESO A)

No hay comentarios: