martes, 7 de mayo de 2013

OS 3º DE ESO EN GANDARÍO


O pasado mes de marzo, o alumnado de 3º ESO fomos a Gandarío para explorar una nova terra e novas técnicas de marisqueo. Partimos o día 18 do instituto e chegamos alí arredor das 11:00 da mañá. Alí, o primeiro que fixemos foron xogos cos monitores para que eles puidesen aprender os nosos nomes; foi moi divertido. Logo de xantar sempre tiñamos un tempiño libre. Organizámonos en grupos de sete e embarcámonos xa nun traxecto en barco de vela. Pasamos moitas aventuras e peripecias e aprendimos tamén a coñecer os barcos, as súas partes e, por suposto, a navegar co temón do veleiro. Resultou realmente fascinante esta actividade, Logo de cear faciamos xogos interesantes. Fixemos tamén unha camiñada ata Sada, onde fomos espectadores dunha poxa de peixe na lonxa. Fixemos tamén xogos tradicionais e andamos á procura do tesouro cun compás. Foi una excursión marabillosa e aprendimos moitas cousas.

ALBA COBO (3º ESO B)



domingo, 5 de mayo de 2013

O GRUPO DA BIBLIOTECA MANTÉN OS CLUBS DE LECTURA


OS CLUBS DE LECTURA están xa constituídos e arraigados no centro, agora dependendo do GRUPO DA BIBLIOTECA, e van xa pola súa cuarta edición, pois iniciáronse timidamente no curso escolar 2009-10.
Desta vez chegamos xa ao teito de nivel que nos propuxemos desde un principio: 1º e 2º ciclo da ESO. Agora tentaremos reforzar os catro niveis para mantelos en cursos sucesivos.
Este curso escolar estaban inscritos un total de 55 alumnos, que foron subindo trimestre a trimestre os comentarios e recensións ao blogue da Biblioteca.
A característica deste curso foi un alumnado moi lector que leu moitas máis obras das que estaban sinaladas por avaliación, chegando algún a ler tres ou catro libros por trimestre.
A novidade foi que, a pedimento do alumnado do 2º ciclo da ESO, os libros non estaban marcados polos coordinadores, senón que a súa escolla era totalmente libre.
Ao final de curso reunirase o xurado de coordinadores dos CCLL para premiar os mellores comentarios ou recensións das obras lidas, un premio por cada ciclo da ESO.
 
Algúns dos libros de libre escolla deste curso:


 

     

viernes, 3 de mayo de 2013

GRUPO DA BIBLIOTECA. 1º, 2º e 3º de ESO, SOLIDARIOS. MARCADORES DE LIBROS E "SAVE THE CHILDREN"



 
 
 
 
O GRUPO DA BIBLIOTECA animou e coordinou o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO que participou este curso na campaña de SAVE THE CHILDREN "Marcapáxinas pola solidariedade". Nesta V Edición desta actividade, os cartos recollidos irán parar aos nen@s do SAHEL.
A actividade consistía en que, co gallo do DÍA DO LIBRO, cada alumn@ debía debuxar e colorear una das caras duns marcadores de páxinas xa preimpresos pola outra cara por Save The Children. Posteriormente debían vendelos para así recadar fondos para SAVE THE CHILDREN, nesta V edición para os nen@s do Sahel.
Finalmente recadáronse arredor de 700 €.
O profesorado que participou directamente e coordinou esta actividade solidaria foi:
LOURDES, BEATRIZ, BEGOÑA e LEANDRO




 
 
 
 
 
 

2º ESO. CONTACONTOS. TEÑEN MADEIRA DE ACTRICES E ACTORES!



A nosa profesora BEATRIZ estivo preparando desde o comezo de curso uns contos para seren interpretados polo alumnado de 2º ESO  e mais dúas alumnas de 3º ESO A. Prepararon non só a interpretación dos contos senón tamén toda a vestimenta, decorados e demais parafernalia para as representacións. Arduo labor que tivo a súa recompensa cos calorosos aplausos do público infantil e mais do seu profesorado.
Durante os días 25 e 26 de abril, e con motivo do DÍA MUNDIAL DO LIBRO, fixeron representacións de 10 contos infantís nalgúns colexios de Primaria adscritos ao noso centro:

CARBALLAL-CABRAL,
CHANS-BEMBRIVE,
SANTA MARIÑA
IGREXA-CANDEÁN

Os contos representados foron:


  • A ratiña presumida
  • Croco
  • O coelliño branco
  • Lobo feroz
  • Cocorico
  • Sacapenas
  • Chibos chibóns
  • O gato traganoces
  • A tartaruga que quería durmir
  • A que sabe a lúa

Esta actividade foi todo un éxito e os nenos e nenas dos distintos colexios reloucaban cos nosos xa afamados actores e actrices consagrados.
NORABOA, Bea e NORABOA tamén a todo o alumnado que participou nesta laboriosa actividade.

  



















PROGRAMA SALVAVIDAS. DOAZÓN DE ÓRGANOS. MURAL DE ALUMNAS DE 3º ESO A



Mural realizado por alumnas de 3º ESO A dentro do PROGRAMA SALVAVIDAS, de doazón de órganos.
PLAN PROXECTA
 
SARA FERNÁNDEZ, SARA IGLESIAS, SANDRA RUBIO, CARLA SÍO e CARMEN VILLANUEVA

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. CARTEL DE 1º ESO A

Velaquí o cartel que alumnos de 1º ESO A fixeron para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

FERNANDO CARRERA CALVO
 
ÁNGEL COSTAS CASTRO
 
XIÁN FARO RODRÍGUEZ
 

1º ESO C GANA 2º PREMIO DE CARTEIS PARA CONSUMÓPOLIS

Velaquí algún carteis que o noso alumnado de 1º ESO C fixo para CONSUMÓPOLIS, actividade na que estamos inmersos dentro do PLAN PROXECTA.



O noso centro ganou o 2º PREMIO da categoría de 1º Ciclo da ESO. O equipo ganador, CASARES 2”, estaba composto por alumnado de 1º ESO C:
ÁLEX VÁZQUEZ, NURIA GONZÁLEZ, TOMÁS CASTRO, AINHOA DOMÍNGUEZ e DAVID VILLAR. Título do traballo " Mercadeporte". Profesorado implicado: FERNANDO VARELA (Educación física), LOURDES (Lengua Castellana e titora), Educación Plástica (ALMUDENA).

Velaquí o cartel ganador:


 
Outros carteis que se presentaron: