sábado, 24 de enero de 2015

Seis alumnas do noso IES en InvestigArte


Por incrible que pareza, ciencia e arte teñen máis elementos comúns que diverxentes. Aínda que perseguen obxectivos dispares, ambas as dúas esixen calidades e formulacións similares e dalgunha forma recíprocas.
Ambas as dúas baséanse na experimentación, a observación e a busca de novas ideas que rompan co anterior abrindo novas fronteiras. Non esaxeramos se dicimos que a arte necesitou moita ciencia para conseguir -por medio de diferentes técnicas e tecnoloxías- producir ou reproducir paisaxes, retratos, ilusións, sensacións… Á súa vez, a ciencia necesitou de moita creatividade e imaxinación para buscar a solución a problemas aparentemente irresolubles así como para desenvolver experimentos cos que testar novas ideas.
O coñecemento da anatomía humana e as proporcións foi fundamental para dar lugar a obras como o David ou a Monalisa. Imaxinar que o home podería pór o pé na lúa -dalgunha forma- foi o primeiro paso para facer que isto fose posible.
Ciencia e arte poden chegar a ter principios comúns como poden ser a proporción áurea ou a secuencia de Fibonacci.
O obxectivo de investigarte é precisamente este, indagar nos puntos comúns de ciencia e arte e dalos a coñecer aos interesados en ambas disciplinas.

Aixa, Ana López e Sira de 1º ESO C e Claudia, Julia e Ruth de 2º ESO C presentaron as súas obras neste certame que pretende espertar entre o alumnado vocacións científicas dando unha visión artística da ciencia.
No seguinte enlace podedes ver as ilustracións e votar a que máis vos guste activando o corazón baixo a imaxe, na parte esquerda.
Sorte a todas!

miércoles, 24 de diciembre de 2014

A ilusión e o bo facer do grupo de teatro do centro para cos nosos maiores






BANCO DE ALIMENTOS 2014





Como vedes, seguimos sendo solidarios co Banco de Alimentos este ano 2014

CARLA de 2ºA recolle o premio Convida a Andersen na Cidade da Cultura


Onte, 23 de decembro, Carla Rodríguez Pérez recibiu os seus primeiros e anticipados agasallos de Nadal da man do secretario xeral de Cultura Anxo Lorenzo e do presidente de Gálix(Asociación galega do Libro Infantil e Xuvenil).



No acto deuse a coñecer o libro Choven palabras no futuro que conmemora os 25 anos de Gálix. Na súa creación participaron 25 autores e autoras relevantes na nosa literatura infantil e xuvenil como Xosé A. Perozo, Fina Casalderrey, Paula Carballeira, Marilar Aleixandre, María Solar, Antonio Seijas, Anxo Fariña ou Antonio Manuel Fraga Allegue. 


domingo, 7 de diciembre de 2014

miércoles, 19 de noviembre de 2014

25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero


Un ano máis participamos en Enlaza Vigo, un conxunto de accións dirixidas a sensibilizar ao noso alumnado sobre a violencia que se exerce contra as mulleres.

Nesta cuarta edición, a temática elixida é a Ciberviolencia de Xénero na mocidade, co obxecto de previla, recoñecela, e non ser cómplices destas actitudes e comportamentos. Así, o noso alumnado traballou as diferentes manifestacións desta ciberviolencia (sexting, sextorsión, ciberbullyng e grooming) con diferentes accións:
  • Relatos virtuais. Manifestacións de ciberviolencia en WhatsApp coa súa resolución. 1º da ESO con Eugenia en lingua castelá. Podedes velos aquí.
  • Expresión artística. Unha obra por cada 1º da ESO expostas na rúa do Príncipe desde o día 18 ao 26 de novembro con Almudena en plástica.
  • Tapiz humano na rúa de Urzaiz o día 25 de novembro. 1º ESO A, B e C e 2º ESO C coas respectivas titoras, Bea, Almudena, Eugenia e Ana.
Alí os monitores e monitoras do Concello fixéronos bailar, xogar ao pano, probas de remudas...


 
Para tal evento 2º da ESO C realizou unha figura  vestida coas diferentes redes sociais para simbolizar que podemos servirnos destes medios de maneira positiva e non para controlar ou acosar aos demais.

domingo, 16 de noviembre de 2014

O noso IES representa a Galicia na CONFINT




Catro alumn@s de 4º da ESO do IES Carlos Casares de Vigo representan a nosa Comunidade Autónoma na II Conferencia Estatal de mozas e mozos:
Coidemos o Planeta (Confint) que se celebra en Barcelona do 12 ao 15 de novembro. 
Confint é un proceso de educación ambiental que traballa a dimensión local e global da crise medioambiental desde biodiversidade, cambio climático, paisaxe...
Nesta II Conferencia poñerase de manifesto o compromiso da xuventude coa sostibilidade de Galicia, tema que no
Carlos Casares vén sendo traballado xa desde o ano 2007. 

E... que fixeron Adrián, Laura C., Laura M. e Marta?
Primeiro presentaron un mapa cos problemas medioambientais de Galicia. Explicaron como traballamos na nosa Comunidade con iniciativas como o Plan Proxecta da Consellería de Educación  en colaboración coas de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e Medio Rural e do Mar. E despois fixeron un percorrido polo traballo realizado no instituto estes anos, a través de proxectos interdisciplinares e cooperativos, especialmente nos últimos  catro  cursos, desde que el@s chegaron ao centro. 



Máis información aquí.