miércoles, 28 de mayo de 2014

CARLA RODRÍGUEZ PÉREZ, de 1º ESO A, GANADORA DO CONCURSO "INVITA A ANDERSEN"



Con motivo do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a OEPLI e as súas seccións ASOCIACIÓN GALEGA GALEGA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil e Galtzagorri Elkartea convocaron o concurso "Invita a Andersen", consistente en  crear unha tarxeta postal que amosase, por un lado, un curruncho, un espazo, un monumento, unha escultura, unha paisaxe... da localidade na que vivimos e polo outro, un breve texto no que se invitase a HANS CHRISTIAN ANDERSEN a visitalo e lle explicásemos o motivo polo cal escollemos ese lugar. 
NORABOA, CARLA!!!


domingo, 25 de mayo de 2014

PAULA DOMÍNGUEZ (1º ESO A) 1º PREMIO DE CARTEIS A NIVEL GALEGO DO CONCURSO "A VIDA, O MELLOR AGASALLO"



Acabamos de saber que a nosa alumna PAULA DOMÍNGUEZ ÁLVAREZ, de 1º ESO A, é a ganadora do 1º PREMIO DE CARTEIS do concurso "A vida, o mellor agasallo", organizado pola Consellería de Sanidade.
Noraboa, PAULA!!!
Velaquí o seu traballo ganador:



Outros traballos que presentou a este mesmo concurso alumnado de 1º da ESO:








SALVAVIDAS SEN FUME: 1º ESO C: RELACIONANDO IDEAS


Clases sen fume


Ao longo de dous trimestres, durante unha hora semanal de Proxecto Interdisciplinar o noso alumnado de 1º de ESO traballou alternativamente os proxectos "Salvavidas" e "Clases sen fume".
Recompilamos antecedentes e elementos de diagnóstico que lles permitiron concluír e materializar as súas ideas. Segundo avanzan nos seus coñecementos propoñen accións cada vez máis ordenadas e dan solucións. "Un proxecto é a busca dunha solución intelixente á formulación dun problema, tendente a resolver unha necesidade humana" (Sapag e Sapag, 1987).
Así, foron quen de relacionar os dous proxectos de maneira que dicir NON ao tabaco supón un beneficio para un mesmo, para os que nos rodean e mesmo para os futuros receptores (se se dese o caso) duns órganos que se mantiveron sans.
1º ESO C mostra co seu traballo Salva vidas sen fume a relación entre estes dous proxectos vinculando observación (base de toda investigación) e reflexión como ferramentas para descubrir esta relación.
Podedes ver o vídeo que realizaron aquí:


ALMUDENA

CLASES SEN FUME: "EL HORMIGUERO ANTITABACO": 1º ESO B


Clases sen fume

O noso alumnado de 1º ESO B realizou un miniprograma de "El hormiguero 3.0" tratando o tema do tabaquismo.
Este programa televisivo gusta ao noso alumnado adolescente polo seu dinamismo, imaxinación e diversión.
Ideas orixinais e didácticas por parte de guionistas e "científicos" materializadas por un estupendo equipo de Arte que en tempo récord fai visible estas difíciles seccións.
O noso 1ºESO B reproduce en EL Hormiguero anti tabaco as distintas seccións do programa, dende o baile inicial ás aplicacións móbiles, sempre con alternativas e reflexións ao tabaquismo.
Unha " posta en escena " con guión, gravación e montaxe íntegra do alumnado do aprendido sobre o tabaco e os seus efectos con solucións para dicir NON dende o principio.
NON TEN DESPERDICIO, premede neste enlace para velo:

miércoles, 14 de mayo de 2014

OUTORGADOS OS PREMIOS DOS CLUBS DE LECTURA DO ALUMNADO





A sección do Grupo da Biblioteca dedicada aos Clubs de Lectura do Alumnado outorgou os premios das dúas categorías: un premio para o 1º ciclo da ESO e outro para o 2º ciclo da ESO e mais para 1º de Bacharelato.
Os criteiros que se utilizaron para a decisión dos premios outorgados por parte dos coordinadores foron a calidade dos comentarios subidos ao blog da biblioteca, o seu nivel de expresión así como a capacidade crítica dos lectores.
Seranlles entregados no seu día lectores de libros electrónicos.

Os premiados nesta edición 2013-14 foron:

1º ciclo ESO:
CLAUDIA ÁLVAREZ
COSTAS (1º ESO C)

MENCIÓN HONORÍFICA:
ENERITZ SOMOZA 
RODRÍGUEZ (2º ESO B)

2º ciclo ESO e 1º BACH:
RUBÉN DARÍO MARTÍNEZ FRANCISCO (3º ESO A)


martes, 13 de mayo de 2014

"ENNOBELANDO ESPERANZAS". EXPO DE 30 TRADUCIÓNS DO POEMA "PENÉLOPE" DE DÍAZ CASTRO

















Os Equipos de Normalización do IES Monte Carrasco de Cangas, coordinado pola profesora BEATRIZ, que estivo no noso centro o curso pasado, e mais o Equipo de Normalización do noso centro levaron a cabo este curso un proxecto singular. Tratábase de atopar tradutoras ou tradutores a outras linguas do poema emblemático "Penélope" (1961) do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas: X. M. DÍAZ CASTRO.
Alumnado e profesorado dos dous centros traducían ou procuraban tradutores autóctonos deste poema a outras linguas.
As linguas das que finalmente se conseguiron traducións foron:
castelán, éuscaro, catalán, asturianu, aranés, portugués, francés, checo, grego clásico, holandés, inglés, italiano, latín, oshiwambo, quechua, romanés, ruso, suahili, sueco, urdu, xaponés, chinés, búlgaro, polaco, alemán, hindi, árabe e mapuche.
Posteriormente o alumnado, nomeadamente o do IES Monte Carrasco, fixo ilustracións para cada unha das linguas. E, finalmente, SEILA ACUÑA FERRADANES, do IES Monte Carrasco, reuniu todo este material nunha 
presentación
feita moi polo miúdo.
Moitas grazas a todo o profesorado e alumnado que colaborou nesta fermosa e singular actividade.

lunes, 12 de mayo de 2014

TEMOS VARIOS FINALISTAS NO CONCURSO "¿QUÉ ES UN REY PARA TI?"


Como vén sendo habitual xa no noso centro, e para non perdermos o costume, este ano volvemos ter finalistas no concurso "¿QUÉ ES UN REY PARA TI?", que coordina a nosa profesora de Plástica ALMUDENA.

Os finalistas deste ano son:
Modalidade libro:

1) CARLA RODRÍGUEZ  [1º ESO A] ("¿Dónde está el rey?", homenaxe a Wally)
2) MARÍA VILA [1º ESO A] ("Mi historia de la corona" Podedes velo aquí: 


Modalidade multimedia:

LUCÍA PÉREZ [1º ESO A]
Podedes velo aquí:

Para que poida ganar LUCÍA na modalidade de multimedia temos que votar todos neste enlace de aquí embaixo o vindeiro sábado día 17 de maio (si, o Día das Letras Galegas)
VOTADE TOD@S!!!