lunes, 10 de noviembre de 2008

FESTA DE SAMAGOSTÍN 2008

O pasado 31 de outubro, venres, celebrouse no noso centro a festa do SAMAGOSTÍN. Supoño que a estas alturas, sendo como é xa a segunda edición da festa, saberedes todas e todos que esta festa é un invento do noso centro para celebrar conxuntamente as festas tradicionais do MAGOSTO e mais a do SAMAÍN, festa tradicional tamén galega, de orixe celta, que se celebra en moitos lugares da nosa Galiza e que estamos intentando recuperar.

Pois ben, houbo moito medo, aínda que podería haber moitísimo máis. Como o Samaín ten que ver non só coas cabazas, senón tamén cos mortos, pois houbo cabazas e houbo mortos viventes, como podedes comprobar nesa escolma de fotografías que testemuñan ese evento.

O gañador do concurso das cabazas foi: Rubén Gago González de 1º B

E os tres gañadores do concurso de disfraces de Samaín foron:

1º Premio: Teresa García González (3º A)

2º Premio: Laura Carpintero e Celia Alonso (1º B)

3º Premio: Os enterradores (Sara, Sandra, Paula e Carla de 4ºA).


Claro está, como tamén celebrabamos o magosto, houbo castañas asadas, pero houbo tamén galdrumadas, confeites, tortas, tortillas (uhhh!) e de todo un pouco para amenizar os bandullos festeiros e para axudar a varios cursos nas distintas excursións que están organizando: os de 1º de Bacharelato, os de 4º da ESO e mais os de 2º da ESO tamén.


Todo isto foi amenizado con música, con desfiles de disfraces, con presentación de cabazas… en fin, unha fermosa festa que esperamos que ano a ano vaia gañando máis participantes en disfraces terroríficos e en cabazas o máis orixinais e artísticas posibles.

video