viernes, 31 de mayo de 2013

XA SAÍU A REVISTA DESTE ANO!!!


 
 
PODEDES VER O Nº 23  (2013) DA  REVISTA PICANDO NESTE ENLACE:
 
 
[POR CERTO, NESE MESMO SITIO, SE BUSCADES, PODEDES CONSULTAR TODOS OS NÚMEROS DA NOSA REVISTA, DESDE O Nº 0 ATA O ACTUAL, O 23]
 
 
EDITORIAL
Con non poucas dificultades para saírmos, de toda índole, un ano máis acudimos á nosa cita habitual para celebrarmos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. E van vinte e tres!
Falabamos de dificultades... e a primeira é a económica: cada ano temos máis problemas para poder afrontar a edición da nosa revista, o pagamento dos premios do concurso... Cada vez temos menos apoio institucional (Xunta de Galicia) e temos que apañarnos como podemos solicitando axuda ás empresas coas que traballa o noso centro. Grazas mil a esas empresas!
O noso Consello de Redacción estase convertendo nun berce de bos xornalistas, entrevistadores natos, como poderedes comprobar desta xeira co mangado de entrevistas que nos achegan: en primeiro lugar, e a modo de honra por estaren tantos anos connosco, servindo ao centro e ao alumnado, aos nosos benqueridos BENEDICTO e mais PEDRO; tamén ao noso querido lector de inglés, HOWARD; e, como vén sendo xa habitual tamén, a alumnado foráneo, desta volta a MARIYA, e a alumnado que destaca nalgunha actividade: RAÚL, SERGIO, CARLOS e IRENE. Temos desta volta unha entrevista dun interese especial sobre o circo na actualidade.
Logo están as nosas seccións habituais, algo para aprendermos un chisco, con curiosidades (Sabías que...), humor, frases lapidarias, paridas de clase, pasatempos... e tres puntos fortes da revista: o NOTICIEIRO, os traballos presentados ao XIV CONCURSO CARLOS CASARES, con maior participación cada ano, e de maior calidade: 15 relatos, 14 poemas, 3 traballos monográficos, 1 artigo de opinión; 27 colaboracións gráficas, 2 cómics e 1 caricatura; todo isto o podedes ver neste número. E outro dos nosos clásicos que tanta aceptación ten: AS ORLAS, que, se gardades as revistas (iso esperamos), consultaredes cando teñades algúns anos máis, con certa saudade.
Só nos resta desexarvos unha agradable e amena lectura deste noso traballo que con tanto agarimo preparamos para vós e convidarvos a colaborardes no noso próximo número, pois sen a vosa participación non é posible a revista.
O CONSELLO DE REDACCIÓN

jueves, 30 de mayo de 2013

"O MONTE É A NOSA VIDA", UN EXCELENTE ÁLBUM ILUSTRADO QUE REALIZOU 1º ESO B


O alumnado de 1º ESO B realizou un álbum ilustrado onde se narra a historia dos nosos case 3.000 metros cadrados de finca, que ata hai catro anos se coidaba "a medias". Desde que a Anpa a adecuou, o centro implicou o alumnado na súa conservación, coidado e mellora con obradoiros interdisciplinares de paisaxe en 1º de ESO (cando chegan ao centro) onde coñecen as especies  que teñen na seu entorno máis próximo, observan os cambios estacionais, disfrutan realizando pintura ao aire libre...
Cremos que é importante este coñecemento do entorno para despois poder intervir nel, como fixo  2º de ESO este curso a través do programa "12 meses 12 paisaxes". Así eles ven que nas súas mans está o cambio e que poden facer grandes cousas.


ALMUDENA LACOMBA

Podedes ver a obra de 1º ESO B picando na páxina inicial que tedes enriba.


miércoles, 29 de mayo de 2013

1º ESO C FINALISTA DO CONCURSO "CLASES SEN FUME". ACCEDEDE AO LIBRO FINALISTA


Clases sen fume

Nun post anterior anunciabamos que o alumnado de 1º ESO do noso centro participaba nas actividades do Programa de CLASES SEN FUME, e alí inseriamos dous vídeos, un de 1º ESO A e outro de 1º ESO B. Pois ben, agora sabemos que o alumnado de 1º ESO C é xa finalista no concurso deste Programa. O día 17 do vindeiro mes fallarase o premio en Santiago de Compostela. Cremos que temos moitas posibilidades de gañar este concurso.
O alumnado deste grupo, coordinados por ALMUDENA, a nosa vicedirectora, elaborou un libro sobre o tema do concurso. Participou todo o alumnado e podedes ver o resultado picando na páxina do libro que tedes enriba. DISFRUTADE DA SÚA VISIÓN, PAGA A PENA.

domingo, 26 de mayo de 2013

OS NOSOS EX-ALUMN@S VISÍTANNOS E ACONSÉLLANNOS. GRAZAS!!!

A pasada semana, como vén sendo habitual xa por estas datas, e invitados  pola Vicedirección, recibimos una calorosa visita de sete ex-alumnos que nos viñeron contar as súas experiencias nos distintos camiños que escolleron ao remataren os seus estudos no noso instituto. Instrutivo e pedagóxico. Grazas polas vosas impresións e consellos!


miércoles, 15 de mayo de 2013

O CONCELLO DE VIGO AGASALLA AO NOSO ALUMNADO CON "CANTARES GALLEGOS"

Con motivo do sesquicentenario da publicación dos tan emblemáticos para a nosa literatura CANTARES GALLEGOS de Rosalía de Castro, que saíron do prelo da imprenta de JUAN COMPAÑEL, noutrora situada na actual coñecida Rúa dos Viños da nosa cidade, un 17 de maio de 1863, o CONCELLO DE VIGO, entre outras moitas actividades conmemorativas deste evento, fixo unha edición especial para o alumnado de todo o concello. En cada fogar do noso alumnado haberá a partir deste 17 de maio un exemplar da obra antedita.
 

 

MURAL DAS LETRAS GALEGAS 2013. ROBERTO VIDAL BOLAÑO

O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA e mais o DEPARTAMENTO DE GALEGO acaban de colgar o mural das LETRAS GALEGAS 2013: 10 cartaces enviados pola Xunta de Galicia sobre a vida e mais a obra do dramaturgo ROBERTO VIDAL BOLAÑO a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Pasará por este mural a maioría do noso alumnado para coñecer esquemática e visualmente datos sobre o autor homenaxeado.
 


 

PLAN PROXECTA. 12 MESES, 12 PAISAXES

 
Mans á "gran obra" da nosa zona 2 do proxecto.
Aínda que o tempo non nos acompañou moito durante o curso, nestas últimas semanas puidemos dar conta da segunda grande intervención na nosa finca. (Da primera intervención xa falamos anteriormente neste blog: zona de máis urxencia, o noiro).
Tras os debates de grupo, os bocetos previos en "concurso de ideas", decidimos realizar detrás do ximnasio unha pista adecuada para correr e realizar exercicio ao aire libre.
Aquí van as fotos do proceso. Primeiro marcamos o percorrido con estacas e corda. Despois, os máis fortes cavamos, axudando así aos nosos xardineiros e baixo a súa supervisión. Logo colocamos unha malla xeotéxtil que impide medrar a herba. Encoframos con listóns de madeira e botamos zahorra e xabre fino para pavimentar.
ALMUDENA LACOMBA
 
 
 
 






jueves, 9 de mayo de 2013

ENERITZ SOMOZA (1º ESO B), FINALISTA V CONCURSO DE RELATOS "CIENCIA QUE CONTA"


 

O relato de ENERITZ SOMOZA RODRÍGUEZ , de 1º ESO B, quedou finalista do 5º Concurso de Relatos "Ciencia que conta". O seu relato publicarase no libro colectivo Ciencia que conta 2012 que sairá do prelo en breve. Polo de pronto, poderedes acceder a el a través da revista do instituto que, por certo, está a piques de saír do prelo.

Este é un concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia. En xeral, trátase de relatar poñendo en valor a importancia da I+D+i no desenvolvemento económico e benestar dunha sociedade -nomeadamente a galega-  e un maior recoñecemento social desta actividade, así como un achegamento ao traballo científico e as profesións de científicos e tecnólogos.

NORABOA, ENERITZ!


[NOTA: AnónimoComo o noso comentarista anónimo a este post indica: "Podedes ir lendo o libro en pdf neste enlace:
https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=sites&srcid=ZGVmYXVsdGRvbWFpbnxjaWVuY2lhcXVlY29udGF8Z3g6MTg2OTQzNTBmMzRkYjQ4Nw
O pdf ten un erro, xa que di que o instituto está en Viana do Bolo en Ourense, esperemos que no libro o corrixan". Grazas comentarista anónimo]




miércoles, 8 de mayo de 2013

GRUPO DA BIBLIOTECA. ELAS TAMÉN SUMAN

O GRUPO DA BIBLIOTECA organizou una EXPOSICIÓN MURAL sobre mulleres que ao longo da historia tiveron un papel protagonista no mundo científico: ELAS TAMÉN SUMAN
 

DPTO. LINGUA CASTELÁ: SOBRE A "GENERACIÓN DEL 27" / MAXIA


O martes 12 de marzo, organizado polo DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ, visitou o noso centro RICARDO FRAZER, un coñecido actor arxentino que fai representacións teatrais e de maxia en centros escolares. Na súa actuación para 4º da ESO, o actor representou ao famoso pintor catalán SALVADOR DALÍ, que nos contaba anécdotas da súa vida e daba entrada a diversas interpretacións acerca da Generación del 27, xunto con diversos espectáculos de maxia. O actor desempeñaba moi ben os seus papeis e gañou o aprecio do público. Realizou tamén actuacións no resto dos cursos, pero centrándose máis nos trucos de maxia no caso dos niveis inferiores da ESO.

1º, 2º e 3º da ESO gozaron tamén ese día dun espectáculo

 de MAXIA, amenizado polos mozos magos ANXO e DAVID.
 

JESÚS GIRÁLDEZ MARTÍNEZ (4º ESO B)
 
 

martes, 7 de mayo de 2013

DÍA INTERNACIONAL DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



Para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, o Concello de Vigo organizou dúas actividades nas que  participou o noso centro. A primeira delas consistiu na elaboración de pancartas e cartaces alusivos a este tema, para o que nos achegaron soporte e materiais e posteriormente foron expostas na rúa do Príncipe. Traballamos nesta actividade en tres niveis educativos:
  
  • Primer ciclo de ESO (1º B)
  • Segundo ciclo de ESO (3ºC) e
  • Bacharelato (2º de Debuxo Técnico)
O vernes 23 realizamos una "marea humana" contra a violencia de xénero na rúa Urzaiz cos centros educativos que participaran na confección das pancartas. Acompañaron o alumnado nesta actividade, desta vez con 1º ESO B e 3º ESO C os profesores ALMUDENA e ÁNGEL.

Estes son os nosos cartaces e pancartas:



 

 Outras instantáneas deste evento:








OS 3º DE ESO EN GANDARÍO


O pasado mes de marzo, o alumnado de 3º ESO fomos a Gandarío para explorar una nova terra e novas técnicas de marisqueo. Partimos o día 18 do instituto e chegamos alí arredor das 11:00 da mañá. Alí, o primeiro que fixemos foron xogos cos monitores para que eles puidesen aprender os nosos nomes; foi moi divertido. Logo de xantar sempre tiñamos un tempiño libre. Organizámonos en grupos de sete e embarcámonos xa nun traxecto en barco de vela. Pasamos moitas aventuras e peripecias e aprendimos tamén a coñecer os barcos, as súas partes e, por suposto, a navegar co temón do veleiro. Resultou realmente fascinante esta actividade, Logo de cear faciamos xogos interesantes. Fixemos tamén unha camiñada ata Sada, onde fomos espectadores dunha poxa de peixe na lonxa. Fixemos tamén xogos tradicionais e andamos á procura do tesouro cun compás. Foi una excursión marabillosa e aprendimos moitas cousas.

ALBA COBO (3º ESO B)



domingo, 5 de mayo de 2013

O GRUPO DA BIBLIOTECA MANTÉN OS CLUBS DE LECTURA


OS CLUBS DE LECTURA están xa constituídos e arraigados no centro, agora dependendo do GRUPO DA BIBLIOTECA, e van xa pola súa cuarta edición, pois iniciáronse timidamente no curso escolar 2009-10.
Desta vez chegamos xa ao teito de nivel que nos propuxemos desde un principio: 1º e 2º ciclo da ESO. Agora tentaremos reforzar os catro niveis para mantelos en cursos sucesivos.
Este curso escolar estaban inscritos un total de 55 alumnos, que foron subindo trimestre a trimestre os comentarios e recensións ao blogue da Biblioteca.
A característica deste curso foi un alumnado moi lector que leu moitas máis obras das que estaban sinaladas por avaliación, chegando algún a ler tres ou catro libros por trimestre.
A novidade foi que, a pedimento do alumnado do 2º ciclo da ESO, os libros non estaban marcados polos coordinadores, senón que a súa escolla era totalmente libre.
Ao final de curso reunirase o xurado de coordinadores dos CCLL para premiar os mellores comentarios ou recensións das obras lidas, un premio por cada ciclo da ESO.
 
Algúns dos libros de libre escolla deste curso:


 

     

viernes, 3 de mayo de 2013

GRUPO DA BIBLIOTECA. 1º, 2º e 3º de ESO, SOLIDARIOS. MARCADORES DE LIBROS E "SAVE THE CHILDREN"



 
 
 
 
O GRUPO DA BIBLIOTECA animou e coordinou o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO que participou este curso na campaña de SAVE THE CHILDREN "Marcapáxinas pola solidariedade". Nesta V Edición desta actividade, os cartos recollidos irán parar aos nen@s do SAHEL.
A actividade consistía en que, co gallo do DÍA DO LIBRO, cada alumn@ debía debuxar e colorear una das caras duns marcadores de páxinas xa preimpresos pola outra cara por Save The Children. Posteriormente debían vendelos para así recadar fondos para SAVE THE CHILDREN, nesta V edición para os nen@s do Sahel.
Finalmente recadáronse arredor de 700 €.
O profesorado que participou directamente e coordinou esta actividade solidaria foi:
LOURDES, BEATRIZ, BEGOÑA e LEANDRO




 
 
 
 
 
 

2º ESO. CONTACONTOS. TEÑEN MADEIRA DE ACTRICES E ACTORES!



A nosa profesora BEATRIZ estivo preparando desde o comezo de curso uns contos para seren interpretados polo alumnado de 2º ESO  e mais dúas alumnas de 3º ESO A. Prepararon non só a interpretación dos contos senón tamén toda a vestimenta, decorados e demais parafernalia para as representacións. Arduo labor que tivo a súa recompensa cos calorosos aplausos do público infantil e mais do seu profesorado.
Durante os días 25 e 26 de abril, e con motivo do DÍA MUNDIAL DO LIBRO, fixeron representacións de 10 contos infantís nalgúns colexios de Primaria adscritos ao noso centro:

CARBALLAL-CABRAL,
CHANS-BEMBRIVE,
SANTA MARIÑA
IGREXA-CANDEÁN

Os contos representados foron:


  • A ratiña presumida
  • Croco
  • O coelliño branco
  • Lobo feroz
  • Cocorico
  • Sacapenas
  • Chibos chibóns
  • O gato traganoces
  • A tartaruga que quería durmir
  • A que sabe a lúa

Esta actividade foi todo un éxito e os nenos e nenas dos distintos colexios reloucaban cos nosos xa afamados actores e actrices consagrados.
NORABOA, Bea e NORABOA tamén a todo o alumnado que participou nesta laboriosa actividade.

video
  

video


















PROGRAMA SALVAVIDAS. DOAZÓN DE ÓRGANOS. MURAL DE ALUMNAS DE 3º ESO A



Mural realizado por alumnas de 3º ESO A dentro do PROGRAMA SALVAVIDAS, de doazón de órganos.
PLAN PROXECTA
 
SARA FERNÁNDEZ, SARA IGLESIAS, SANDRA RUBIO, CARLA SÍO e CARMEN VILLANUEVA

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. CARTEL DE 1º ESO A

Velaquí o cartel que alumnos de 1º ESO A fixeron para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

FERNANDO CARRERA CALVO
 
ÁNGEL COSTAS CASTRO
 
XIÁN FARO RODRÍGUEZ
 

1º ESO C GANA 2º PREMIO DE CARTEIS PARA CONSUMÓPOLIS

Velaquí algún carteis que o noso alumnado de 1º ESO C fixo para CONSUMÓPOLIS, actividade na que estamos inmersos dentro do PLAN PROXECTA.



O noso centro ganou o 2º PREMIO da categoría de 1º Ciclo da ESO. O equipo ganador, CASARES 2”, estaba composto por alumnado de 1º ESO C:
ÁLEX VÁZQUEZ, NURIA GONZÁLEZ, TOMÁS CASTRO, AINHOA DOMÍNGUEZ e DAVID VILLAR. Título do traballo " Mercadeporte". Profesorado implicado: FERNANDO VARELA (Educación física), LOURDES (Lengua Castellana e titora), Educación Plástica (ALMUDENA).

Velaquí o cartel ganador:


 
Outros carteis que se presentaron: