lunes, 16 de febrero de 2009

FORUM ORIENTA 2009

VISITA Ó FORUM ORIENTA NA CORUÑA
Os alumnos e alumnas de Bacharelato tódolos anos veñen facendo unha visita ó FORUM ORIENTA, visita na que teñen oportunidade de consultar e ver "performances" dos estudios superiores, tanto universitarios como de Formación Profesional de Grao Superior. Neste evento danse charlas sobre carreiras, acceso á Universidade... e proporcionan moita información en folletos e soporte informático para que os nosos alumnos e alumnas poidan tomar unha decisión máis axeitada sobre o seu futuro. Así, o venres 13, 52 alumnos e alumnas do IES Carlos Casares fixemos unha visita relámpago á Coruña. Visita que foi productiva.
video

CONCURSO S. VALENTÍN

CONCURSO DE CARTAS DE AMOR.
O venres,13 de febreiro entregáronse os premios do concurso que cada ano facemos no S. Valentín. Ganando o 1º Premio Sabela de Dios Paz de 1º de Bacharelato "D" para a súa obra co lema: "Berro", o Accesit foi para Celia Alonso Alonso de 1º de ESO "B" por o seu traballo co lema "Gafas moradas" e unha Mención especial para Seila Peleteiro Fiuza de 2º de Bacharelato "E" co lema: "Gaia". Nosa mais forte noraboa.

video

miércoles, 4 de febrero de 2009

ODISEA 2009


Esta semana o IES Carlos Casares está a participar con catro equipos (1º e 2º BAC de Grego e Latín, 4º ESO de Latín e 3º ESO de Cultura Clásica) no concurso ODISEA 2009, organizado pola sección galega da Sociedad Española de Estudios Clásicos.

domingo, 1 de febrero de 2009

Google estropeouse durante 40 minutos

O buscador GOOGLE mostrou un error. O último día de Xaneiro do ano 2009, dende as 15:35 ata as 16:15 dese día.
O error mostraba tódalas páxinas que saían nos resultados das búsquedas coma páxinas web inseguras, atacantes, que poderían dañar o ordenador.

O fallo non foi polos servidores senón un fallo "humano". Google ten unha lista de páxinas web que sí que realmente son inseguras. A cuestión é que, sen querer, engadiuse unha entrada á lista de páxinas inseguras que contiña unha barra "\". Esta barra significa TODO, e por esta razón, tódalas páxinas web atopadas polo buscador saían coma inseguras. O error arranxouse e agora está funcionando con normalidade, pero deu medo, sobre todo a webmasters que buscaban súa páxina web e atopábanse con que Google a marcaba coma insegura.
5 minutos despois do error, Google lanzou un comunicado no seu blog sobre o error.