jueves, 18 de diciembre de 2008

I CONCURSO DE PAPELEIRAS

A Comisión Ambiental do IES CARLOS CASARES de Vigo convocou o I CONCURSO DE PAPELEIRAS por aula para a reciclaxe de papel. Cada grupo de alumnos utilizou caixas de cartón que decoraron e forraron de diferentes maneiras, resultando de todo iso un bó cúmulo de creatividade expresión da concienciación sobre a defensa do medio e a utilización de boas prácticas ambientais.
Non lle foi fácil á Comisión Ambiental otorgar os premios, dada a alta calidade dos traballos.
Aínda así felicitamos a todos os alumnos que participaron e animámolos a seguir coas boas prácticas ambientais e coa creatividade plástica que amosaron coa súa participación neste concurso.
O 1º Premio foi para a papeleira do grupo de 3º A, que disfrutará dunha saída de 1 día a un lugar por determinar.
Recibiron accesit 4º A, 1º A e 2º B.
Felicidades!!! e noraboa.
video

viernes, 12 de diciembre de 2008

O navegador web Google Chrome xa rematou a Beta

O novo navegador de Google, CHROME, publicado fai uns poucos meses na súa versión Beta, xa ten versión final. Esta version final promete maior rapidez de navegación, estabilidade (bastante necesaria), e melloras en cando a seguridade e a xestión de marcadores. Google ten pensado para as seguintes versións de CHROME introducir lector RSS, extensións, e a esperada compatibilidade con Linux e Mac (o navegador é Libre e gratuíto).

A nova versión pódese descargar xa na súa páxina web oficial

miércoles, 3 de diciembre de 2008

Alternativas "libres" ao programa MSN-Messenger

Está visto que o servidor para mensaxería instantánea máis empregado actualmente, é MSN-Messenger (agora Windows Live Messenger). Por defecto, este servidor ten xa seu propio programa cliente oficial, pero de tódalas formas, existen alternativas ao cliente (programa) habitual. Estas alternativas son gratuítas, e polo miúdo, "libres", é dicir, escritas en Código Aberto. Estes programas, ademáis, o mellor, é que non inclúen ningún tipo de publicidade; e debido a que son Libres, posúen diversos complementos e temas para modificar o orixinal.

aMSN


É un cliente sinxelo destinado sóamente a MSN, que conta con diversas opcións para sustituír sen problema ningún ao cliente corrente. Pode resultar complicado de empregar ao principio, pero non é excesivamente complicado.



http://www.amsn-project.net/

Pidgin

É un cliente que ten unha peculiaridade que o fai moi especial: que é capaz de conectarse simultáneamente a diversos servidores. É dicir, podémonos conectar cun só programa (Pidgin) a, por poñer un exemplo, 5 contas de MSN-Messenger e 3 de Google Talk (coma MSN pero máis segura e accesible sóamente con ter conta de Google ou GMail). En casos normais, para realizar tantas conexións, necesitaríamos tantos clientes coma servidores (2 programas, MSN Messenger e Google Talk), pero sóamente con un teremos feito o traballo.


http://www.pidgin.im/


Todas estas versións contan de edición PORTABLE, é dicir, podemos instalalo (en realidade, nin fai falta instalación) nun pendrive USB, e transportar tódolos programas dun lugar a outro sen preocuparnos por se hai o programa ou non no PC no que esteamos. Polo miúdo, unha gran maioría do Software Libre conta con versións portátiles.

DÍA MUNDIAL DA SIDA

A conselleira de Sanidade e a presidenta do Consello da Xuventude de Galicia conmemoraron en Vigo o Día Mundial da Sida

O luns día 1, celebrouse un acto no noso instituto. Nel tamén estiveron presentes a directora xeral de Innovación Educativa, María José Pérez Mariño; o director xeral de Saúde Pública, Ramón Medina González – Redondo e o director do IES, Carlos Bartolomé Herranz. video
A noticia no Consello Xeral da Xuventude, en xornal.com, en A Nosa Terra, no Faro de Vigo...

martes, 2 de diciembre de 2008

Juguettos presenta unha parecida "Wii"



JUGUETTOS presenta a súa nova consola, a "Consola Interactiva", bastante similar á Wii de Nintendo, pero tamén parecida a outras consolas:


Inclúe dous cartuchos de xogo e un total de 39 xogos neses cartuchos; tamén mandos coma os de Wii, pero que tamén teñen similaridade coa cruceta de PlayStation, así coma os botóns Start e Select. E na base podemos dicir que ten tamén un diseño dos botóns similares a Saturn.

E uns cantos accesorios. Unha alternativa económica a WII.

lunes, 1 de diciembre de 2008

LEMBRANZA DE RAMIRO FONTE


LEMBRANZA DE RAMIRO FONTE
ANTIGO PROFESOR DO NOSO CENTRO


Na mañanciña do 11 de outubro faleceu no hospital de Bellvitge, en Barcelona, o escritor Ramiro Fonte (Pontedeume, 1957), un dos poetas máis significativos das letras galegas contemporáneas. Dende o 23 de setembro estaba internado na devandita
institución hospitalaria, loitando contra unha longa enfermidade.
“Perdemos un amigo, mais tamén unha das figuras máis sobranceiras da literatura galega do noso tempo”, comentou César Antonio Molina, ministro de Cultura.

RAMIRO FONTE deuse a coñecer como poeta no colectivo Cravo Fondo, a finais dos anos setenta, e participou na fundación da revista Dorna. En 1983 publicou o seu primeiro libro As cidades da nada. Outros títulos significativos seus foron Pensar a tempestade (1986), O cazador de libros (1997), Capitán Inverno (1999)... En 1984 recibira o Premio da Crítica de Galicia e o Premio Losada Diéguez (Designium), e en 1988 o Premio da Crítica española polo libro Pasa un segredo. Con Mínima moralidade foi recoñecido en 1988 co Premio González Garcés, e en 1991 obtivo o Premio Esquío polo seu poemario Adeus norte.
A súa obra foi rica e extensa: doce títulos de poesía, oito libros de narrativa e ensaios. A súa triloxía Vidas da infancia propón un percorrido polo seu tempo e a súa xeración, páxinas cheas de evocación, sentido literario e esixencia poética. Tamén foi editor de poetas como Celso Emilio Ferreiro, Luís Pimentel e Ramón Cabanillas. Era membro correspondente da Real Academia Galega. Desde o 2005 viña desempeñando o posto de director do Instituto Cervantes en Lisboa.

Máis sobre esta noticia.

lunes, 10 de noviembre de 2008

FESTA DE SAMAGOSTÍN 2008

O pasado 31 de outubro, venres, celebrouse no noso centro a festa do SAMAGOSTÍN. Supoño que a estas alturas, sendo como é xa a segunda edición da festa, saberedes todas e todos que esta festa é un invento do noso centro para celebrar conxuntamente as festas tradicionais do MAGOSTO e mais a do SAMAÍN, festa tradicional tamén galega, de orixe celta, que se celebra en moitos lugares da nosa Galiza e que estamos intentando recuperar.

Pois ben, houbo moito medo, aínda que podería haber moitísimo máis. Como o Samaín ten que ver non só coas cabazas, senón tamén cos mortos, pois houbo cabazas e houbo mortos viventes, como podedes comprobar nesa escolma de fotografías que testemuñan ese evento.

O gañador do concurso das cabazas foi: Rubén Gago González de 1º B

E os tres gañadores do concurso de disfraces de Samaín foron:

1º Premio: Teresa García González (3º A)

2º Premio: Laura Carpintero e Celia Alonso (1º B)

3º Premio: Os enterradores (Sara, Sandra, Paula e Carla de 4ºA).


Claro está, como tamén celebrabamos o magosto, houbo castañas asadas, pero houbo tamén galdrumadas, confeites, tortas, tortillas (uhhh!) e de todo un pouco para amenizar os bandullos festeiros e para axudar a varios cursos nas distintas excursións que están organizando: os de 1º de Bacharelato, os de 4º da ESO e mais os de 2º da ESO tamén.


Todo isto foi amenizado con música, con desfiles de disfraces, con presentación de cabazas… en fin, unha fermosa festa que esperamos que ano a ano vaia gañando máis participantes en disfraces terroríficos e en cabazas o máis orixinais e artísticas posibles.

video

viernes, 26 de septiembre de 2008

A nosa REVISTA




Eiquí imos incluír a nosa revista «MANDA CARALLO» que se edita anualmente e na que se compendia todo un resumo da nosa vida no Instituto e de traballos de moi alto nivel por parte do noso alumnado. A última é o número 18, do curso 2007-2008 e este é o Sumario:

"Pincha" en cada un e levarate á revista


SABÍAS QUE... 1 2 3 4
ESCRIBINDO 1 2 3

viernes, 20 de junio de 2008

AVENTURA EN CANGAS DE ONIS

Co premio do SERGAS os alumnos foron premiados con unha saída, eles quixeron facer actividades de multiaventura e alí fomos. As fotos están por orden, primeiro metímonos na cova, despois descargaron adrenalina xogando ó paintball, remamos polo Sella, treparon no rocódromo e afinaron a súa puntería co arco. O seu comportamento e respecto ás normas foi perfecto e pasámolo moi ben. Marcelino, o noso conductor estivo sempre ó noso carón (aínda que non puido meterse na funda de paintball).
video

domingo, 15 de junio de 2008

MAIS PREMIOS DE PINTURA!!!





5º CONCURSO DE PINTURA RÁPIDA


Celebrouse o concurso de pintura rápida ó aire libre organizado por El Corte Inglés e a
Asociación Xuvenil Areas. O tema a pintar foi a Praza de Compostela e o noso centro obtuvo o premio á mellor labor de conxunto. Nove alumnos e alumnas de 2º de la ESO (Carlota, María
José, Natalia, Teresa, Adrián, André, Marcial, Ricardo e Yago
) e Carla de 3ºA fixeron posible éste premio despois de pasar unha agradable mañá de sábado pintando cada un coa súa técnica favorita. Máis información e foto da entrega de premios en http://www.vigometropolitano.com/news/201/ARTICLE/8336/2008-06-14.html.


Naroboa outra vez máis...

martes, 10 de junio de 2008

PREMIOS DO CONCURSO DE DEBUXO E LEMAS PARA ESCOLARES RELACIONADO COA DOAZÓN E OS TRANSPLANTES




Unha alumna do Instituto Carlos Casares de Vigo ven de levar o primeiro premio de debuxo e lemas para fomentar entre os escolares o coñecemento da doación e transplantes de órganos convocado polo SERGAS e a Consellería de Educación. A galardonada é Silvia Rodríguez Estévez de 2º de ESO C. Máis información e os traballos ganadores na páxina do SERGAS
Noraboa a Silvia e a todos os que participástedes neste
concurso.
Os vosos traballos parécennos de moi boa calidade e o premio moi merecido. Esperamos que sigades levando premios nesta e noutras actividades.

domingo, 8 de junio de 2008

DESPEDIDA DOS ALUMNOS DE 2º DE BACHARELATO










Vanse os alumnos de 2º de Bacharelato... estiveron algúns anos con nos (algúns ata 6 anos) e con eles pasamos momentos bós e momentos de máis estrés: exames... pero sempre gardaremos un bó recordo da vosa estancia no Instituto.



Agora agárdavos unha nova etapa. Estudios universitarios, ciclos superiores... traballo.

O noso desexo é que vos vaia ben e que teñades éxito en todo aquelo que vos propoñades.

Merecédelo.

Ata sempre: vos xa sabedes onde estamos e que podedes contar con todos nos.

miércoles, 21 de mayo de 2008

SPOT PARA O PROXECTO ERA

OS ALUMNOS/AS de 1º DE BACHARELATO REALIZAN UN SPOT PARA O PROXECTO ERA. Vaise chamar ECOCOMPROMISO e móstranos o compromiso do home coa natureza nun enlace matrimonial. A natureza (representada por Estela) leva como invitados árbores, auga e vento, o home (noivo, representado por Adrián Piñán) recitará unha serie de frases que lle comprometerán de por vida coa natureza. Pronto colgaremos o vídeo final pois xa o están montando.
video

sábado, 17 de mayo de 2008

CONCURSO DE CARTEIS DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Outra vez máis premios!! Nesta ocasión é o terceiro premio do Concurso do Corte Inglés no Día das Letras Galegas, o cartel ganador é de Estefanía Vilas González de 1º A de ESO. Hai tamén un accésit que non levou premio pero está exposto, de Andrea tamén de 1º A de ESO. Noraboa ás dúas e a todos os que participástedes. Para nós son os carteis máis bonitos que se presentaron na exposición.
Estamos seguros que teñen que saír varios artistas plásticos de entre o noso alumnado, senón ide anotando a cantidade de premios que están levando... e que conste que o xurado que os premia é xente moi esixente...

domingo, 11 de mayo de 2008

PREMIO EDUCACIÓN VIARIA. LUGO

Outro ano mais os nosos alumnos levan premios!!!
Noraboa.
A semana pasada un grupo de alumnas e alumnos asistiron xunto con unhas profesoras á recollida de premios e festa de educación viaria de Lugo. Nin que dicir cabe que o pasaron en grande, senón mirade as fotos...

O alumno ganador foi Artai López Carrera de 1ºA ( 2º Premio da súa categoría). Noraboa Artai e a todos e todas as que participástedes.
Estamos orgullosos de vós.
video

miércoles, 23 de abril de 2008

XA FOI A FINAL DE SPELLING...


Xa foi a final... e non imos a Canadá, pero chegamos ata o mais alto. Se queres leer máis sobre esta fase final, podes entrar nesta páxina do Faro de Vigo.
Ánimo e noraboa para todos e todas as que participastes e, tamén, para os que gañaron. Boa viaxe.

martes, 8 de abril de 2008

VISITA Ó FORUM ORIENTA 08 NO IFEVI en VIGO

Os alumnos e alumnas de Bacharelato, como tódolos anos, visitaron o Forum Orienta que cada ano organiza a Consellería de Educación xunto coas Universidades de Galicia. Creo que buscaron e rebuscaron información. Probaron algunha actividade, asistiron a Conferencias... Algún atopou o que será a profesión da sua vida...

Alí poideron visitar estands das Universidades, dos centros de Formación Profesional. Estes últimos tiñan demostracións moi interesantes, sobre todo os de Hostelería ¿non si? ;-).

video

miércoles, 2 de abril de 2008

SPELLING BEE: FASE FINAL


A participación dos nosos alumnos e alumnas no 2º Concurso Interescolar de Deletreo en Inglés que organiza Schoolhouse vai por bo camiño. Iso é así e os alumnos de 4º B da ESO: Ricardo Lago Daponte, Diana Mojón Álvarez e Sabela de Dios Paz pasaron á fase final que se celebrará o 22 de abril.
Enhoraboa e sorte!

martes, 25 de marzo de 2008

UN CORTO ECOLÓXICO

Os alumnos David Lorenzo e Alvaro Martín de 1º A de ESO fixeron esta curtametraxe.
Bueno, fixeron unha curtametraxe mais ampla, pero necesidades da edición do Blog, obrigáronnos a poñer só esta 1ª parte.

Animo Alvaro e David. Sodes uns bós realizadores... Moi boa a presentación.
video

lunes, 17 de marzo de 2008

REFORESTANDO O MONTE

Os alumnos e alumnas de 2º de ESO participan no coidado do monte.

Monte veciñal de Pazos (Ponte Caldelas)

Así, como di os eslogan: «Todos disfrutamos dun monte vivo....».

Alí estiveron alumnas e alumnos do IES Carlos Casares de Vigo, plantando salgueiros, bidueiros, amieiros e carballos.

Arbores autóctonos que nos axudarán a facer un monte vivo e fermoso e, tamén, a loitar contra o lume, pois son especies menos pirófitas e son as especies que sempre estiveron nos nosos montes desde hai moitos, moitos anos.

Gracias por axudar a que a nosa terra sexa un pouco mais fermosa....

video

jueves, 28 de febrero de 2008

CONCURSO DE CARTEIS. «PROXECTO ERA»

Os alumnos do Instituto confeccionaron estes carteis, que pretenden concienciarnos a todos e a todas da necesidade de impulsar unha defensa forte do medio no que nos toca vivir e no que lles tocará vivir ós nosos descendentes.

A verdade é que todos son moi creativos e todos suxiren cousas que nos fan pensar...
Estes carteis os nosos alumnos e alumnas de 1º de ESO, confeccionáronos no marco do Proxecto Interdisciplinar, esa nova materia que estrean este curso.
Os de 1º A fano sobre o tema «AUGA», os de 1º B sobre o tema «RECICLAXE» e os de 1º C sobre o tema «MUNDO SUSTENTABLE»
Aquí vai unha frase de Albert Einstein que nos fai reflexionar sobre algo que é fundamental para a vida:

«El mundo que hasta este momento hemos creado como resultado de nuestra forma de pensar tiene problemas que no pueden ser resueltos pensando del modo en que pensábamos cuando los creamos»

video

miércoles, 27 de febrero de 2008

GUÍA DE RECUROS DO C.N.I.C.E.


Este é un portal do
Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa (CNICE) con moitos recursos para profesores, alumnos e pais.

Os recursos están distribuídos por materias e por colectivos da Comunidade Educativa. Pulsa na imaxe para acceder.

BOLSAS E AXUDAS

Aquí poderás atopar bolsas e axudas que propoñen as administracións.

De cando en vez debes botarlle unha ollada a este apartado...

PULSA AQUÍ

Hai cousas de interese case que sempre.

PROBAS ACCESO GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR


Resolución do 18 de decembro de 2007, da Dirección Xeral de Formación profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional especifica en centros docentes sostidos con fondos públicos.


GRAO MEDIO

Datas das Probas de Acceso: 5 de xuño de 2008
Prazo inscrición: Entre os días 21 e 30 de abril de 2008
Horario das probas:
Ás 9.00 horas: presentación.
Das 10.00 ás 12.00 horas: parte sociocultural.
Das 12.30 ás 14.30 horas: parte científico- tecnolóxica.


GRAO SUPERIOR
Datas das Probas de Acceso: 18 de abril de 2008
Prazo inscrición: Entre os días 21 e 31 de xaneiro de 2008

Horario das probas:
Ás 9.00 horas: presentación.
Das 10.00 ás 12.00 horas: área lingüística.
Das 12.30 ás 14.00 horas: área de matemáticas.
Parte específica: a partir das 16.30 horas

Onde hai que inscribirse ou informarse?
- A solicitude de inscrición (anexo III desta resolución) para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior presentaranse por duplicado na secretaría de calquera dos IES (instituto de educación secundaria) e dos CIFP (Centros integrados de Formación Profesional) onde se impartan ensinanzas de formación profesional especifica.
- Todos os IES e CIFP que impartan ensinanzas de F.P. deberán ofrecer ás persoas interesadas información e orientación sobe estas ensinanzas, así como sobre o procedemento de inscrición e desenvolvemento das probas de acceso.
- Os IES e CIFP onde se imparten ensinanzas de F,.P. especifica tramitarán a información referente ao alumnado participante nas probas de acceso a ciclos formativos a través da aplicación informática.
Mais información:
Diario Oficial de Galicia nº 2 do xoves 3 de xaneiro de 2008.
http://www.edu.xunta.es/fp

AXUDAS PARA APRENDIZAXE DE IDIOMAS


A Xunta de Galicia ven de convocar 2.800 prazas para alumnos de Bacharelato, ESO e Educación Primaria de Inglés e Francés.

- 2º, 3º e 4º de ESO no Reino Unido, Irlanda e Francia 3 semanas.

- 1º da ESO en distintos puntos da xeografía española 2 semanas.

- Bacharelato en Canadá 3 semanas
Pulsa aquí para máis información.

martes, 26 de febrero de 2008

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE «Graduado en Secundaria»



Se queres obter o título de Graduado en Enseñanza Secundaria e non o poideches facer aprobando 4º de ESO, hai unhas probas libres ás que te podes presentar.

Para iso tes que cumplir unha serie de requisitos.

Os requisitos, así como exemplos de probas, pódelos atopar neste enlace:

Probas para a obtención do Título de Graduado.

Se queres máis información pídella ó Orientador ou Orientadora do teu Instituto.

viernes, 8 de febrero de 2008

SPELLING BEE


O IES Carlos Casares está a participar no 2º Concurso Interescolar de Deletreo en Inglés que organiza Schoolhouse

A verdade é que seleccionar ós participantes foille difícil ós profesores de Inglés, pois o nivel dos alumnos nesta tarefa é moi alto. Despois de moitas sesións de Deletreo, para seleccionar ós que mellor o facían quedaron seleccionados un grupo de 6 alumnos de 4º da ESO:

- Nair Martínez Rodríguez. - Ricardo Lago Daponte. - Diana Mojón Álvarez. - Sabela de Dios Paz. - Lucía Montero Piñeiro. - Alexandre López Troitiño.

Así que, ánimo, e agora a facelo o mellor posible e, se ganades o Concurso, mellor aínda.
Noraboa!!!

jueves, 31 de enero de 2008

II CONCURSO DE CULTURA CLÁSICA



Os alumnos de Grego e Latín están a participar no II Concurso de Cultura Clásica «ODISEA 2008» e, polos resultados que podedes ver, non o están facendo nada mal.

Ánimo, que estades a piques de subir na táboa de clasificados: consultar aquí.

O IES CARLOS CASARES EN SAN ISIDRO

DO MAR DE VIGO Á NEVE DOS MONTES DE LEÓN
O IES na neve. (pulsar para entrar na noticia do periódico).

Os alumnos do IES «Carlos Casares» de Vigo están pasando esta semana en S. Isidro (León).

Esperamos que a neve lles sexa propicia e poidan facerse verdadeiros virtuosos e, así, teñamos algún deportista de elite entre eles.

Ánimo, que nos teredes que contar moitas cousas cando cheguedes.