jueves, 18 de diciembre de 2008

I CONCURSO DE PAPELEIRAS

A Comisión Ambiental do IES CARLOS CASARES de Vigo convocou o I CONCURSO DE PAPELEIRAS por aula para a reciclaxe de papel. Cada grupo de alumnos utilizou caixas de cartón que decoraron e forraron de diferentes maneiras, resultando de todo iso un bó cúmulo de creatividade expresión da concienciación sobre a defensa do medio e a utilización de boas prácticas ambientais.
Non lle foi fácil á Comisión Ambiental otorgar os premios, dada a alta calidade dos traballos.
Aínda así felicitamos a todos os alumnos que participaron e animámolos a seguir coas boas prácticas ambientais e coa creatividade plástica que amosaron coa súa participación neste concurso.
O 1º Premio foi para a papeleira do grupo de 3º A, que disfrutará dunha saída de 1 día a un lugar por determinar.
Recibiron accesit 4º A, 1º A e 2º B.
Felicidades!!! e noraboa.

viernes, 12 de diciembre de 2008

O navegador web Google Chrome xa rematou a Beta

O novo navegador de Google, CHROME, publicado fai uns poucos meses na súa versión Beta, xa ten versión final. Esta version final promete maior rapidez de navegación, estabilidade (bastante necesaria), e melloras en cando a seguridade e a xestión de marcadores. Google ten pensado para as seguintes versións de CHROME introducir lector RSS, extensións, e a esperada compatibilidade con Linux e Mac (o navegador é Libre e gratuíto).

A nova versión pódese descargar xa na súa páxina web oficial

miércoles, 3 de diciembre de 2008

Alternativas "libres" ao programa MSN-Messenger

Está visto que o servidor para mensaxería instantánea máis empregado actualmente, é MSN-Messenger (agora Windows Live Messenger). Por defecto, este servidor ten xa seu propio programa cliente oficial, pero de tódalas formas, existen alternativas ao cliente (programa) habitual. Estas alternativas son gratuítas, e polo miúdo, "libres", é dicir, escritas en Código Aberto. Estes programas, ademáis, o mellor, é que non inclúen ningún tipo de publicidade; e debido a que son Libres, posúen diversos complementos e temas para modificar o orixinal.

aMSN


É un cliente sinxelo destinado sóamente a MSN, que conta con diversas opcións para sustituír sen problema ningún ao cliente corrente. Pode resultar complicado de empregar ao principio, pero non é excesivamente complicado.



http://www.amsn-project.net/

Pidgin

É un cliente que ten unha peculiaridade que o fai moi especial: que é capaz de conectarse simultáneamente a diversos servidores. É dicir, podémonos conectar cun só programa (Pidgin) a, por poñer un exemplo, 5 contas de MSN-Messenger e 3 de Google Talk (coma MSN pero máis segura e accesible sóamente con ter conta de Google ou GMail). En casos normais, para realizar tantas conexións, necesitaríamos tantos clientes coma servidores (2 programas, MSN Messenger e Google Talk), pero sóamente con un teremos feito o traballo.


http://www.pidgin.im/


Todas estas versións contan de edición PORTABLE, é dicir, podemos instalalo (en realidade, nin fai falta instalación) nun pendrive USB, e transportar tódolos programas dun lugar a outro sen preocuparnos por se hai o programa ou non no PC no que esteamos. Polo miúdo, unha gran maioría do Software Libre conta con versións portátiles.

DÍA MUNDIAL DA SIDA

A conselleira de Sanidade e a presidenta do Consello da Xuventude de Galicia conmemoraron en Vigo o Día Mundial da Sida

O luns día 1, celebrouse un acto no noso instituto. Nel tamén estiveron presentes a directora xeral de Innovación Educativa, María José Pérez Mariño; o director xeral de Saúde Pública, Ramón Medina González – Redondo e o director do IES, Carlos Bartolomé Herranz.
A noticia no Consello Xeral da Xuventude, en xornal.com, en A Nosa Terra, no Faro de Vigo...

martes, 2 de diciembre de 2008

Juguettos presenta unha parecida "Wii"



JUGUETTOS presenta a súa nova consola, a "Consola Interactiva", bastante similar á Wii de Nintendo, pero tamén parecida a outras consolas:


Inclúe dous cartuchos de xogo e un total de 39 xogos neses cartuchos; tamén mandos coma os de Wii, pero que tamén teñen similaridade coa cruceta de PlayStation, así coma os botóns Start e Select. E na base podemos dicir que ten tamén un diseño dos botóns similares a Saturn.

E uns cantos accesorios. Unha alternativa económica a WII.

lunes, 1 de diciembre de 2008

LEMBRANZA DE RAMIRO FONTE


LEMBRANZA DE RAMIRO FONTE
ANTIGO PROFESOR DO NOSO CENTRO


Na mañanciña do 11 de outubro faleceu no hospital de Bellvitge, en Barcelona, o escritor Ramiro Fonte (Pontedeume, 1957), un dos poetas máis significativos das letras galegas contemporáneas. Dende o 23 de setembro estaba internado na devandita
institución hospitalaria, loitando contra unha longa enfermidade.
“Perdemos un amigo, mais tamén unha das figuras máis sobranceiras da literatura galega do noso tempo”, comentou César Antonio Molina, ministro de Cultura.

RAMIRO FONTE deuse a coñecer como poeta no colectivo Cravo Fondo, a finais dos anos setenta, e participou na fundación da revista Dorna. En 1983 publicou o seu primeiro libro As cidades da nada. Outros títulos significativos seus foron Pensar a tempestade (1986), O cazador de libros (1997), Capitán Inverno (1999)... En 1984 recibira o Premio da Crítica de Galicia e o Premio Losada Diéguez (Designium), e en 1988 o Premio da Crítica española polo libro Pasa un segredo. Con Mínima moralidade foi recoñecido en 1988 co Premio González Garcés, e en 1991 obtivo o Premio Esquío polo seu poemario Adeus norte.
A súa obra foi rica e extensa: doce títulos de poesía, oito libros de narrativa e ensaios. A súa triloxía Vidas da infancia propón un percorrido polo seu tempo e a súa xeración, páxinas cheas de evocación, sentido literario e esixencia poética. Tamén foi editor de poetas como Celso Emilio Ferreiro, Luís Pimentel e Ramón Cabanillas. Era membro correspondente da Real Academia Galega. Desde o 2005 viña desempeñando o posto de director do Instituto Cervantes en Lisboa.

Máis sobre esta noticia.