martes, 29 de abril de 2014

4º DE ESO: Á CONQUISTA DE LONDON
















O pasado 7 de abril, o alumnado de 4º de ESO fomos a Londres de viaxe de fin de curso. Non paramos de camiñar e de ver cousas impresionantes. Londres pareceunos unha cidade moi cosmopolita, a cada paso que dabas atopabas moitas culturas xuntas e convivindo tranquilamente.
Visitamos moitos sitios, como o museo de historia natural, máis recoñecido polo esqueleto do dinosauro que por outras cousas, pero o certo é que había unha sección onde se realizaba unha réplica dun terremoto que estaba moi ben conseguida. O único problema que tivemos alí foi á hora da saída, pois un grupo de alumnos se perdera.
O primeiro día, ao chegar ó hotel, todos quedamos abraiados polo mal estado no que se atopaba, xa que os cuartos tiñan moi pouco espazo e algúns tiñan as camas rotas. Moitas persoas remataron con negróns de dar golpes contra o teito.
A comida do mediodía, ademais de ser cara, era bastante mala. Algúns tiñan sorte e atopaban persoas españolas que lles aconsellaban o máis rendible. Sinceramente, como a comida da casa non hai ningunha.
Ademais de visitar museos demos unha gran volta no famoso London Eye. Antes de entrar proxectáronnos unha película en 4D (chámana así porque ademais dos efectos especiais, molláronnos con auga e incluso pompas de xabón).
Polas mañás, despois de almorzar, visitabamos os parques máis coñecidos, como o de Hyde Park e o St. James Park, nos cales todos faciamos montóns de fotos.
O cuarto día, á hora de xantar, as profesoras deixáronnos ao noso aire, en Camden Town. Alí fixemos grupiños, pois sabiamos o difícil que era ir todos xuntos, sobre todo no metro, no que moitos perderon o ticket para entrar, e logo de perder o ticket intentaban entrar sen o ticket. Isto funcionoulles ata que o revisor os pillou; evidentemente tiveron que pagar o ticket correspondente.
En xeral, pareceunos unha viaxe memorable pero moi curta, e non nos importaría volver alí. 
ALBA PÉREZ LAREU (4º ESO B)
RAQUEL LLAUGER GONZÁLEZ (4º ESO B)


lunes, 28 de abril de 2014

CADA VEZ APETECE MÁIS ESTAR NA BIBLIOTECA




Pois si, meus, éche ben certo... dá un gusto agora estar na biblioteca... con esas cortinas... Que ambiente...! En realidade un séntese na biblioteca como nunha sala de estar con libros. Moi poucos cartos, moito traballo e un resultado 
espectacular!

domingo, 27 de abril de 2014

A BIBLIOTECA ENSINA A CONFECCIONAR MINILIBROS AO ALUMNADO DE 1º ESO A








Velaquí os traballos de minilibros realizados polo alumnado de 1º ESO A coa súa profesora  SUSA.
Esta singular exposición adornou tamén a entrada do centro no DÍA DO LIBRO.

A BIBLIOTECA CELEBRA O DÍA DO LIBRO






















SARA FERNÁNDEZ COSTAS FINALISTA DO ICC PARA O CONCURSO DE BANDA DESEÑADA "GÚSTAME O GALEGO"



O noso centro participou no concurso de banda deseñada "Gústame o galego", organizado pola Concellería de Normalización Lingüística do concello de Vigo.
A finalista do noso centro foi
SARA FERNÁNDEZ COSTAS, de 4º ESO B.

Velaquí o seu traballo.




[Para ver a banda deseñada completa, premer no enlace]

http://issuu.com/iescarloscasares/docs/comic-sara_g__stame_o_galego

Que haxa sorte na seguinte fase.



sábado, 26 de abril de 2014

1º E 2º DE ESO EN CINENSINO






Preto de 180 alumnos de 1º e 2º da ESO asistiron o xoves 24 de abril no Cine Salesianos á proxección da película El Chef: la receta de la felicidad, dentro do Programa Cinensino. Acompañaron o alumnado as profesoras DORINDA, MARTA, BEGOÑA, LOURDES, XEMMA e ROSA. 
 O programa de Educación en Valores para a prevención do consumo de alcohol e outros trastornos aditivos e comportamentais no campo escolar a través dos medios audiovisuais e as TIC “CINENSINO” englóbase dentro do contexto de Educación para a Saúde e pretende ser un instrumento complementario nesta área e dentro do actual sistema educativo.

O día 24 de abril os grupos de 1º e 2º da ESO fomos ao cine Salesianos, situado na rúa Venezuela, co propósito de ver unha película proposta por CINENSINO, “un programa para a prevención do consumo de alcohol e outros trastornos aditivos comportamentais no eido escolar”.        

 A película, titulada El Chef, la receta de la felicidad, trataba sobre a vida de  dous cociñeiros franceses chamados Jacky Miloo e Alexandre Lagarde. A Jacky non lle duraban moito os traballos que atopaba porque era moi esixente cos pratos que preparaba e non levaba ben as críticas que recibía. Despois de varios intentos, chegoulle a gran oportunidade ofrecida por Alexandre Lagarde, un cociñeiro moi famoso en Francia que necesitaba urxentemente ideas novas. Foi tal o traballo de Jacky ao conseguir facer el só a carta de primavera do mellor restaurante francés que sorprendeu moito ao chef Alexandre Lagarde, logrando así o posto de cociñeiro xefe. A isto sumouse a ledicia de saber que acababa de ser pai.
Ao rematar a película, dirixímonos cara aos autobuses que nos levaron de volta ao instituto, coa sorpresa de saber que tiñamos que traballar na clase sobre o tema da película, e coa intriga de sabermos que relación tería a droga coa comida...

RODRIGO LEGERÉN VIEYTES (2º ESO A)

miércoles, 23 de abril de 2014

O NOSO INSTITUTO, MULTIPREMIADO NO "I CONCURSO DE DEBUXO PICASSO CORUÑÉS"







A nosa profesora de Plástica ALMUDENA coordinou e supervisou os traballos presentados polo noso centro ao I CONCURSO de DEBUXO PICASSO CORUÑÉSconvocado pola Fundación Emalcsa coa colaboración do Concello da Coruña e a coordinación da Asociación da Prensa e da Asociación Pablo Ruiz Picasso da Coruña.
 O obxectivo do certame, aberto á participación de estudantes de toda Galicia de 3º a 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO, era que os escolares recreasen os xornais que o Picasso adolescente realizou durante a súa estadía na cidade da Coruña. 

Esta actividade enmárcase no programa de potenciación do coñecemento da etapa coruñesa de Picasso.

Os nosos gañadores foron:

1os. PREMIOS:

Categoría B (1º e 2º de ESO):

Mellor periódico: Claudia Álvarez Costas (1º ESO)

Mellor ilustración: Ruth Carrera Fernández e Antía Gago Alonso (1ºESO)
Mellor redacción: Julia Villasur Villalba e Jessica Martínez Amoedo (1º ESO)

Categoría C (3º e 4º de ESO):


Mellor ilustración: Brais Rodríguez Quintana (4º ESO) polo seu xornal "A Torre Picassiana".

ACCÉSITS:

Carla Rodríguez Pérez (1º ESO)
Carla Pérez Gómez e Alba Ojea Comesaña (1º ESO)
María Vila Tarela (1º ESO)
Mariana Rodríguez Iglesias e Sara Gil López (1º ESO)
Lara Quicler Mariarty e Lidia Zemiri (1º ESO)
Lucía Pérez Lago (1º ESO)
Andrea Rodríguez Abalde (1º ESO)
Óscar Rodríguez Alonso (4º ESO)
Isaac Villar Romero (4º ESO)


martes, 22 de abril de 2014

HOMENAXE A ELENA PONIATOWSKA DO CLUB DE LECTURA DE RELATO CURTO DA BIBLIOTECA


Con motivo da concesión do PREMIO MIGUEL DE CERVANTES do ano 2013 á escritora mexicana ELENA PONIATOWSKA (París, 1932), o Club de Lectura de Relato Curto da Biblioteca, que leva a cabo a profesora MARILÓ, dedicou a lectura dun dos relatos máis significativos desta insigne escritora por parte dos integrantes do citado club.
Velaquí embaixo tedes o relato na súa totalidade.
Sirva esta entrada e a lectura do relato tamén como homenaxe deste blog á escritora



EL RECADO
Vine Martín, y no estás. Me he sentado en el peldaño de tu casa, recargada en tu puerta y pienso que en algún lugar de la ciudad, por una onda que cruza el aire, debes intuir que aquí estoy. Es este tu pedacito de jardín; tu mimosa se inclina hacia afuera y los niños al pasar le arrancan las ramas más accesibles... En la tierra, sembradas alrededor del muro, muy rectilíneas y serias veo unas flores que tienen hojas como espadas. Son azul marino, parecen soldados. Son muy graves, muy honestas. Tú también eres un soldado. Marchas por la vida, uno, dos, uno, dos... Todo tu jardín es sólido, es como tú, tiene una reciedumbre que inspira confianza.
    Aquí estoy contra el muro de tu casa, así como estoy a veces contra el muro de tu espalda. El sol da también contra el vidrio de tus ventanas y poco a poco se debilita porque ya es tarde. El cielo enrojecido ha calentado tu madreselva y su olor se vuelve aún más penetrante. Es el atardecer. El día va a decaer. Tu vecina pasa. No sé si me habrá visto. Va a regar su pedazo de jardín. Recuerdo que ella te trae una sopa cuando estás enfermo y que su hija te pone inyecciones... Pienso en ti muy despacio, com si te dibujara dentro de mí y quedaras allí grabado. Quisiera tener la certeza de que te voy a ver mañana y pasado mañana y siempre en una cadena ininterrumpida de días; que podré mirarte lentamente aunque ya me sé cada rinconcito de tu rostro; que nada entre nosotros ha sido provisional o un accidente.
    Estoy inclinada ante una hoja de papel y te escribo todo esto y pienso que ahora, en alguna cuadra donde camines apresurado, decidido como sueles hacerlo, en alguna de esas calles por donde te imagino siempre: Donceles y Cinco de Febrero o Venustiano Carranza, en alguna de esas banquetas grises y monocordes rotas sólo por el remolino de gente que va a tomar el camión, has de saber dentro de tí que te espero. Vine nada más a decirte que te quiero y como no estás te lo escribo. Ya casi no puedo escribir porque ya se fue el sol y no sé bien a bien lo que te pongo. Afuera pasan más niños, corriendo. Y una señora con una olla advierte irritada: "No me sacudas la mano porque voy a tirar la leche..." Y dejo este lápiz, Martín, y dejo la hoja rayada y dejo que mis brazos cuelguen inútilmente a lo largo de mi cuerpo y te espero. Pienso que te hubiera querido abrazar. A veces quisiera ser más vieja porque la juventud lleva en sí, la imperiosa, la implacable necesidad de relacionarlo todo con el amor.
    Ladra un perro; ladra agresivamente. Creo que es hora de irme. Dentro de poco vendrá la vecina a prender la luz de tu casa; ella tiene llave y encenderá el foco de la recámara que da hacia afuera porque en esta colonia asaltan mucho, roban mucho. A los pobres les roban mucho; los pobres se roban entre sí... Sabes, desde mi infancia me he sentado así a esperar, siempre fui dócil, porque te esperaba. Sé que todas las mujeres aguardan. Aguardan la vida futura, todas esas imágenes forjadas en la soledad, todo ese bosque que camina hacia ellas; toda esa inmensa promesa que es el hombre; una granada que de pronto se abre y muestra sus granos rojos, lustrosos; una granada como una boca pulposa de mil gajos. Más tarde esas horas vividas en la imaginación, hechas horas reales, tendrán que cobrar peso y tamaño y crudeza. Todos estamos --oh mi amor-- tan llenos de retratos interiores, tan llenos de paisajes no vividos.
    Ha caído la noche y ya ycasi no veo lo que estoy borroneando en la hoja rayada. Ya no percibo las letras. Allí donde no le entiendas en los espacios blancos, en los huecos, pon: "Te quiero..." No sé si voy a echar esta hoja debajo de la puerta, no sé. Me has dado un tal respeto de ti mismo... Quizá ahora que me vaya, sólo pase a pedirle a la vecina que te dé el recado: que te diga que vine. 

domingo, 20 de abril de 2014

O NOSO ALUMNADO QUE SAÍU DO CENTRO EN 2º BACH O CURSO PASADO ACONSELLA AOS 1os. BACH




Sempre nos pareceu boa idea, e sempre o agradeceu o alumnado de 1º de Bacharelato. O alumnado que cursou o ano pasado 2º de Bach e que agora está matriculado en diversos estudos superiores visitounos para nos falar das súas experiencias nesa nova andaina da súa vida.


Uns alumnos que estiveron o ano pasado en segundo de bacharelato e agora están cursando unha carreira na Universidade ou un ciclo formativo, viñeron de visita ao Carlos Casares para falarnos de como foi a súa experiencia no primeiro curso de carreira ou de ciclo, explicarnos tamén como foi para eles a selectividade, como son as materias que están cursando na actualidade, se viven nun piso ou seguen con familiares... E déronnos moitos consellos.

Contáronnos que algún deles se puxo moi nervioso na selectividade e que saíulle moi mal, outros dixeron que fora moi fácil e insistiron en que foramos tranquilos a facela, outros opinaron que os ciclos non son tan malos como eles mesmos crían e que están encantados con eles.Un dos alumnos está estudando audiovisuais en Burgos, moitos están en Santiago, un en Pontevedra e outros cantos permanecen en Vigo.

Pasamos uns bos momentos con eles e déronnos moitos consellos útiles para o noso futuro.

MARTÍN GIRÁLDEZ (1º BACH E)


CONCURSO HAIKU-PROXECTA









Como no seu día informamos, o noso centro está inmerso en oito PLANS PROXECTA.
Ademais de múltiples actividades que xa se levan feito en cada un dos plans, no noso centro pensouse en facer un concurso de poesía tradicional xaponesa, de haikus concretamente, que recollesen as ideas de cada un dos temas dos distintos plans.
Primeiramente falouse e traballouse sobre o haiku, para logo plasmar as ideas nesas fermosas estrofas. O resultado podédelo ver na entrada do centro. E aí están soamente os preseleccionados, pois a participación foi moi grande: arredor de 90 haikus con ilustración.

CONCURSO HAIKU PROXECTA
PREMIADOS:

SALVAVIDAS:
-       CLAUDIA ÁLVAREZ COSTAS (1º ESO C)
CLASES SEN FUME:
-       DECLARADO DESERTO
QUÉROTE +:
-       MARTA e NURIA GLEZ. FONTÁN (3º ESO A-B)
365 DÍAS… :
-       SARA FERNÁNDEZ COSTAS (4º ESO B)
O MONTE VIVO:
-       DECLARADO DESERTO
NATUREZA:
-       LUCÍA PÉREZ LAGO (1º ESO A)
MONTENTÉRATE (PREMIO EX AEQUO):
-       RUBÉN D. MTNEZ. / LUIZ AMARAL / SERGIO ALONSO (3º ESO A)

-       JULIA ALONSO (3º ESO B)

O NOSO ÍNCLITO RAÚL, UNHA DAS SEIS CABEZAS DA MOCIDADE MELLOR PENSANTES DE TODO O ESTADO



Non se falaba doutra cousa en Vigo por esas datas. Acendías a radio, a noticia de Raúl; lías os xornais, a noticia de Raúl. Todo o mundo o felicitaba: o conselleiro de Educación, a delegada territorial da Xunta en Vigo... E a todos os que pertencemos á comunidade educativa do IES Carlos Casares, de cada vez inchábasenos máis o peito de orgullo por contarmos cun alumno tan excelente.
Pois si, acadou todo o que se pode acadar: a medalla de ouro para participar na Final Mundial da Olimpiada Matemática, que se celebrará en xullo en Cidade do Cabo, canda outros cinco estudantes de todo o Estado; dous dos seis son galegos.
E por se non fose pouco acadou tamén o segundo posto para participar na XXV Olimpiada Nacional de Física.
E para rematar, acada tamén a medalla de prata na Olimpida Nacional de Química

Sentímonos orgullosos de contar contigo entre o noso alumnado... Para que logo digan do Carlos Casares...!

martes, 15 de abril de 2014

ACTIVIDADE DA BIBLIOTECA: 1º ESO C TRABALLA COS LIBROS: "EL PRINCIPITO" / "OS ALFABETOS"


A biblioteca coordina, a través das nosas profesoras de Lingua Galega  SUSANA e XEMMA, traballos realizados polo alumnado de 1º ESO C cos seus libros de lectura de grupo e outras actividades.

Traballo sobre El principito, de Antoine de Saint-Exupéry


Traballo sobre "Os alfabetos"


MÁIS ARTE NA BIBLIOTECA



A nosa biblioteca volve adornarse cunha nova peza de arte, "Voitre", obra tamén, como a anterior, do noso prezado artista e profesor de Plástica do centro ÁNGEL, ou PIQUICO, como nome artístico.
Grazas, Ángel, de novo pola túa xenerosidade.
Gozaremos desta fermosa escultura ata comezos do vindeiro curso