domingo, 20 de abril de 2014

O NOSO ÍNCLITO RAÚL, UNHA DAS SEIS CABEZAS DA MOCIDADE MELLOR PENSANTES DE TODO O ESTADO



Non se falaba doutra cousa en Vigo por esas datas. Acendías a radio, a noticia de Raúl; lías os xornais, a noticia de Raúl. Todo o mundo o felicitaba: o conselleiro de Educación, a delegada territorial da Xunta en Vigo... E a todos os que pertencemos á comunidade educativa do IES Carlos Casares, de cada vez inchábasenos máis o peito de orgullo por contarmos cun alumno tan excelente.
Pois si, acadou todo o que se pode acadar: a medalla de ouro para participar na Final Mundial da Olimpiada Matemática, que se celebrará en xullo en Cidade do Cabo, canda outros cinco estudantes de todo o Estado; dous dos seis son galegos.
E por se non fose pouco acadou tamén o segundo posto para participar na XXV Olimpiada Nacional de Física.
E para rematar, acada tamén a medalla de prata na Olimpida Nacional de Química

Sentímonos orgullosos de contar contigo entre o noso alumnado... Para que logo digan do Carlos Casares...!

No hay comentarios: