martes, 29 de abril de 2014

4º DE ESO: Á CONQUISTA DE LONDON
















O pasado 7 de abril, o alumnado de 4º de ESO fomos a Londres de viaxe de fin de curso. Non paramos de camiñar e de ver cousas impresionantes. Londres pareceunos unha cidade moi cosmopolita, a cada paso que dabas atopabas moitas culturas xuntas e convivindo tranquilamente.
Visitamos moitos sitios, como o museo de historia natural, máis recoñecido polo esqueleto do dinosauro que por outras cousas, pero o certo é que había unha sección onde se realizaba unha réplica dun terremoto que estaba moi ben conseguida. O único problema que tivemos alí foi á hora da saída, pois un grupo de alumnos se perdera.
O primeiro día, ao chegar ó hotel, todos quedamos abraiados polo mal estado no que se atopaba, xa que os cuartos tiñan moi pouco espazo e algúns tiñan as camas rotas. Moitas persoas remataron con negróns de dar golpes contra o teito.
A comida do mediodía, ademais de ser cara, era bastante mala. Algúns tiñan sorte e atopaban persoas españolas que lles aconsellaban o máis rendible. Sinceramente, como a comida da casa non hai ningunha.
Ademais de visitar museos demos unha gran volta no famoso London Eye. Antes de entrar proxectáronnos unha película en 4D (chámana así porque ademais dos efectos especiais, molláronnos con auga e incluso pompas de xabón).
Polas mañás, despois de almorzar, visitabamos os parques máis coñecidos, como o de Hyde Park e o St. James Park, nos cales todos faciamos montóns de fotos.
O cuarto día, á hora de xantar, as profesoras deixáronnos ao noso aire, en Camden Town. Alí fixemos grupiños, pois sabiamos o difícil que era ir todos xuntos, sobre todo no metro, no que moitos perderon o ticket para entrar, e logo de perder o ticket intentaban entrar sen o ticket. Isto funcionoulles ata que o revisor os pillou; evidentemente tiveron que pagar o ticket correspondente.
En xeral, pareceunos unha viaxe memorable pero moi curta, e non nos importaría volver alí. 
ALBA PÉREZ LAREU (4º ESO B)
RAQUEL LLAUGER GONZÁLEZ (4º ESO B)


No hay comentarios: