viernes, 30 de octubre de 2009

SAMAGOSTÍN 2009: UNHA FESTA DE MEDO NO INSTITUTO







Vai xa, pouquiño e pouco, creando tradición no noso centro esa mestura da nosa tradicional festa galega do SAMAÍN coa non menos tradicional e larpeira festa do magosto. A verdade é que algúns de vós, xa o sabiamos, tedes imaxinación e, polo que se ve, tempo abondo para montardes eses terroríficos disfraces, sanguinolentos e thrilleanos. E que dicirmos das cabazas artísticas?! En número, se cadra, non medraron moito pero en estilo, imaxinación e mestura do tradicional co moderno a calidade artística das cabazas gozou dunha estimable medra.

O salón de actos cheo ata a bandeira, a participación tan numerosa coma anos anteriores e, vós xulgaredes, pero sangue, sangue había un chisquiño máis este ano, non?

E a crecente calidade dos nosos musicais... excelente!, tanto o musical das Bruxas como o gañador de Thriller.

Seguimos degustando eses saborosos doces e tortas que fan as vosas nais e pais (ninguén cre que as fagades vós, xúrovolo), vendidos en xenerosas porcións.

Velaquí a lista de ganadores desta edición do Samagostín:

1º PREMIO DE CABAZAS: JOSÉ BERNÁRDEZ COSTAS (2º ESO A): Cabaza-robot

1º PREMIO DISFRACES: O MUSICAL THRILLER: 1º D BACH

2º PREMIO DISRACES: VIÚVA DE BRANCO: ÁNGEL SOTO ROMÁN (1º E BACH)

3º PREMIO DISFRACES: TOMÁS, de "EL ORFANATO": ANABEL ABALDE CAMPOS (1º F BACH)

NORABOA A TODOS OS PREMIADOS!




miércoles, 28 de octubre de 2009

O IES CARLOS CASARES, GANADOR DO PREMIO FEGAMP DE DEBUXO




O pasado venres 16 de outubro, no noso salón de actos, levouse a cabo a entrega de premios do concurso de Debuxo e Fotografía "E ti... que pintas no medio?", organizado pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Foi elixido o noso centro para o acto de entrega en recoñecemento ao traballo colectivo presentado. O xurado decidiu outorgarnos o premio conxunto, valorando tanto o traballo artístico como o labor pedagóxico desenvolvido polo profesorado no ámbito da protección do medio ambiente. Noraboa ao alumnado e ao profesorado que participastes neste concurso!
A prensa de Vigo fíxose eco do evento, como podedes ver:
www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/10/16/0003_8040720.htm