jueves, 20 de diciembre de 2012

A VOSA BIBLIOTECA DESÉXAVOS UNHAS FELICES FESTAS E UN PRÓSPERO ANINOVO

 
A VOSA BIBLIOTECA DESÉXAVOS UNHAS MOI FELICES FESTAS DE NADAL E UN PRÓSPERO ANINOVO ATEIGADO DE LIBROS E DE BOAS LECTURAS!!! 








 
 
 

 

domingo, 16 de diciembre de 2012

I CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO

O IES CARLOS CASARES de Vigo, sumándose á iniciativa da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, levou a cabo a recitación do poema "Deitado frente ao mar" (de Longa noite de pedra) o pasado martes 12-XII-2012 ás 12:12. Como non entraba todo o noso alumnado no salón de actos, soamente fixeron a recitación colectiva os catro neveis da ESO. Primeiro vimos un vídeo realizado polo IES As Barxas de Moaña onde se recitaba o amentado poema e logo, alumnado de 3º ESO C e algún de 3º ESO A fixeron unha recitación a varias voces para, finalmente recitar o poema todo o alumnado presente no salón de actos.
Foi emotivo escoitar esas desgarradoras verbas do poeta defendendo a nosa lingua recitadas ao unísono por preto de 300 voces, e máis sabendo que preto de 30.000 voces facían o mesmo ao mesmo tempo en toda Galicia.







jueves, 6 de diciembre de 2012

I CONCURSO DE SALTO DE CORDA NO ICC


1. Participantes:

§  Inscribíronse 100 alumnos/as entre todas as modalidades. ¡Ah!, hai que destacar e aplaudir pola súa grande importancia para a comunidade educativa a participación do profesorado na actividade: MOITAS GRAZAS.

§  Destacar que a participación foi similar en ambos os dous xéneros. Desde o departamento de Educación Física estamos concienciados en ofertar actividades que mobilicen as rapazas pola súa cada vez máis baixa participación en actividades físicas e deportivas.

§  Tamén destacar que neste tipo de concursos poden participar alumnos/as de todas as idades sen que se noten descompensacións.

 
2. Organización:

Departamento de Educación Física e Vicedirección.

3. Clasificacións:

a)    Dobre corda:
§  1ª: María Gato de 3º ESO C con 118 saltos
§  2ª: Elia Lamarca de 1º ESO C con 65 saltos

       b)    Maior nº de saltos con corda longa:
§  1º: Xian Faro: 1º ESO A con 90 saltos
§  2º Martín Giráldez: 4º ESO B con 88 saltos

       c)    Maior nº de saltos con corda individual:
§  1º: Martín Giráldez 4º ESO B con 87 saltos
§  2º Natalia Martínez de 4º ESO D con 84 saltos

       d)    Maior nº de saltos aos cabaliños:
§  1º: Iago Sánchez de 3º ESO C con 31 saltos
§  2º: Nicolás Maquieira de 3º ESO C con 15 saltos.
      
       e)    Maior nº de persoas saltando simultaneamente:
§  1º: equipo de 3º ESO A con 9 persoas
§  2º equipo dos profesores con 6 persoas: ALMUDENA L., ALMUDENA O., TERESA P., ROSA, XOSÉ e LEANDRO 

                                                                                              [FERNANDO VARELA, E.F.]













viernes, 30 de noviembre de 2012

OBRADOIRO DE CIENCIAS PARA 1º ESO

 

Os nosos bosques

ORGANIZACIÓN:
Servizo de Normalización Ling. do Concello de Vigo
Equipo de Normalización Ling. do instituto
Departamento de CCNN: Marta Freijedo Pérez


A través dos froitos de outono, toros, follas, liques, aromáticas ou bugallos o noso alumnado de 1º de ESO aprendeu a distinguir e coñecer as árbores propias e alóctonas galegas. O obxectivo era comprender os bosques que poboan o territorio galego. A toponimia, a antroponimia e a sinonimia tiveron un espazo salientable neste obradoiro.








 

jueves, 22 de noviembre de 2012

OS 3os. da ESO RENDEN HOMENAXE A CARLOS CASARES NA FUNDACIÓN PENZOL

Organizado pola Fundación Carlos Casares, a Fundación Penzol e mais polo Equipo de Normalización e a Vicedirección do centro, hoxe o alumnado de 3º da ESO rendeu homenaxe a Carlos Casares con motivo do seu décimo cabodano na Biblioteca Penzol da Casa da Cultura de Vigo.
Reunímonos alí, como representantes do IES Carlos Casares de Vigo, cunha representación do outro instituto de Galicia coa mesma denominación, o IES Carlos Casares de Viana do Bolo, representado por tres alumnas e mais polo seu director e o seu vicedirector.
No acto interviron, por parte da Fundación Fermín Penzol o seu director, Francisco Domínguez, quen a través dun power point amosou sucintamente a vida e o legado de Fermín Penzol. Posteriormente saudou aos presentes Valentín García, director xeral de Política Lingüítica da Xunta de Galicia e, finalmente, deu a benvida Gustavo Garrido, director da Fundación Carlos Casares.
Seguidamente as alumnas do IES CC de Viana do Bolo deron lectura a varios documentos: unha pequena biografía de C. Casares, unha carta de Carlos Casares lembrando o seu paso por Viana e mais unha emotiva carta de ex-alumnos de Carlos.
O noso alumnado fixo unha lectura dramatizada dun conto de Casares da súa obra Vento ferido, "A rapaza do circo", lida por Lucía P., Salomé, Laura J. , Raquel, Alba C., Adrián, Isaac e Roi; logo leu Alejandro un artigo xornalístico tamén de Casares; todos eles son de 3º ESO B. Fixérono moi ben e conseguiron un silencio absoluto do público asistente que os ovacionou acaloradamente.
O acto deu cabo cunha visita guiada polas distintas dependencias da Fundación: visita dos fondos bibliográficos da biblioteca, visita da reconstrución do gabinete de Ramón Piñeiro e a súa sonada "mesa camilla" e do pequeno museo de Francisco Fernández del Riego (don Paco), fundamentalmente da súa pinacoteca.
Tiveron ocasión de ver tamén pergamiños moi valiosos e incunables e obras de moito interese para a cultura galega.
Velaquí unhas fotos do evento.
[Consultade aquí a noticia en La Voz de Galicia:













martes, 20 de noviembre de 2012

OBRADOIRO DE CANTIGAS GALEGO-PORTUGUESAS MEDIEVAIS

Hoxe, o alumnado de 3º B asistiu a un obradoiro sobre cantigas galego-portuguesas medievais, actividade organizada polo Equipo de Normalización e mais pola Vicedirección do centro ao abeiro das actividades que oferta o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
A verdade é que o pasaron ben... Tiñan idea de que as cantigas medievais galego-portuguesas era un tema aburrido, pero BRAIS FERNÁNDEZ conseguiu enganchar os rapaces e metelos no xogo das estruturas paralelísticas e do leixaprén. Algúns mesmo semella que se van afeccionar a rapear e compoñer cantigas, dado o interese que amosaron.







lunes, 12 de noviembre de 2012

RAP DO BO NO ICC. VISITA DE AID



Claro que a xente coñecía a AID, e logo non a ían coñecer! É unha das rapeiras de máis sona de Galicia e, por suposto, da nosa cidade, Vigo, lugar onde naceu tan só hai 22 anos. Ah!, e non só fai rap, estuda Teleco, foi grafiteira, traballou na radio... Tamén editou no pasado mes de xuño o libro-CD Rapoemas, onde versiona a ritmo de rap e de música urbana clásicos da literatura galega como Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Curros Enríquez ou Álvaro Cunqueiro.  


Pois todo este portento estivo hoxe no noso instituto ensinándonos primeiro o que é o rap, de onde procede, cando comezou e, por suposto, tamén estivo ensinándonos a rapear. E había rapazas sobre todo que se vía que controlaban o tema, mesmo compuxeron unhas cantas estrofas para rapear.
Esta actividade estivo organizada pola Concellería de Normalización do Concello de Vigo en colaboración co Equipo de Normalización e a Vicedirección do noso centro.







miércoles, 17 de octubre de 2012

UXÍA COSQUET BONNER (2º ESO B) RECIBIDA E PREMIADA POLO REI















O pasado luns 15 de outubro, UXÍA COSQUET BONNER, de 2º ESO B, foi recibida na Zarzuela en audiencia polo Rei en representación de Galicia como ganadora desta comunidade autónoma no concurso "¿QUÉ ES UN REY PARA TI?"
Noraboa, Uxía!

Podedes ver a noticia en Faro de Vigo:

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2012/10/16/viguesa-ies-carlos-casares-premiada-rey/696882.html

Ou en La Voz de Galicia:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2012/10/15/estudiante-viguesa-rey/00031350317973353275899.htm

domingo, 22 de julio de 2012

MARIYA (1º ESO B) GANA O 2º PREMIO DO CONCURSO "UN MUNDO DE COR"




A nosa alumna de 1º B de ESO MARIYA ILIEVA PALIKARSKA segue ganando premios, mesmo no caloroso verán. Nesta ocasión ganou o pasado mércores 18 de xullo o 2º premio da súa categoría na 2ª edición do concurso UN MUNDO DE COR, organizado pola Subdirección Xeral da Inmigración e do Retorno (da Secretaría Xeral da Emigración) e na que participou a Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado (da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria). O obxectivo era que o alumnado de Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria dos centros públicos, privados ou concertados de Galicia expresase a súa visión sobre a riqueza da diversidade sociocultural presente na nosa sociedade.

Foi un traballo realizado dentro da actividade de Plástica e coordinado pola nosa vicediretora, Almudena.
A este concurso presentáronse un total de 230 obras en toda Galicia. Pretendíase acadar que o noso alumnado fixese unha reflexión consciente sobre a oportunidade e riqueza que supón a variedade de orixes, etnias, idiomas e culturas, e previr actitudes de rechazo do que é diferente. Conseguiuse que os traballos reflectisen temas relacionados coa convivencia intercultural, así como os distintos costumes, usos, vestimenta, folclore, etc., das persoas procedentes doutros países e que viven con nós.

Esteas onde esteas a estas alturas do verán, NORABOA de novo, Mariya. Sentímonos orgullosos de que sexas alumna do noso instituto. Xa nos contarás en setembro!


martes, 10 de julio de 2012

Presentacións sobre Carlos Casares (V): A outra obra de Casares

Con motivo do 10º aniversario da morte de Carlos Casares, os alumnos de 4º ESO (nas materias de Lingua Galega e Informática) prepararon algunhas presentacións sobre a súa vida e obra. Nesta quinta e derradeira entrega, a outra obra de Casares: 
25 A outra obra de Casares
View more presentations from iescc
26 Un país de palabras
View more presentations from iescc
27 O principiño
View more presentations from iescc
28 Os escaravellos voan á tardiña
View more presentations from iescc
29 O vello e o mar
View more presentations from iescc
30 Grial experiencia singular
View more presentations from iescc

lunes, 9 de julio de 2012

Presentacións sobre Carlos Casares (IV): A súa obra xornalística

Con motivo do 10º aniversario da morte de Carlos Casares, os alumnos de 4º ESO (nas materias de Lingua Galega e Informática) prepararon algunhas presentacións sobre a súa vida e obra. Nesta cuarta entrega, a súa obra xornalística:

miércoles, 4 de julio de 2012

FALECEU ONTE KRISTINA BERG, VIÚVA DE CARLOS CASARES





Onte faleceu en Vigo, aos 64 anos de idade, KRISTINA BERG, viúva de CARLOS CASARES.
Kristina visitou en varias ocacións o noso centro, a derradeira con ocasión do faladoiro no que participou no pasado mes de marzo para celebrarmos o X CABODANO da morte do seu marido, CARLOS CASARES.
En todas as ocasión en que visitou o noso centro fíxoo cunha tremenda amabilidade e xenerosidade e sempre agradeceu o feito de poñermos o nome do seu marido ao centro.

GRAZAS, KRISTINA, POR TODO. O teu nome estará sempre ligado ao de Carlos no noso centro.

martes, 19 de junio de 2012

O GRUPO DE TEATRO DO INSTITUTO FAI DE NOVO AS DELICIAS DO PÚBLICO





"JUAN  Y SUS CHICOS" volvéronnos facer pasar uns momentos realmente inesquecibles este pasado luns pola tarde. Non lles abondaba aos do grupo de teatro con representaren a difícil As laranxas... con motivo da celebración do cabodano da morte de Carlos Casares que tiveron a ben preparárennos uns sketches totalmente improvisados e que nos fixeron esmendrellar de risa a todos os presentes no salón de actos. Aquí hai madeira, rapaces! Que inxenio! Que frescura de diálogos ou de acenos reveladores! Ides chegar lonxe, meus! Grazas por eses momentos que xa nunca se borrarán das nosas mentes. Algúns lembraremos este día sempre que volvamos subir a un avión!

viernes, 15 de junio de 2012

GANADORA DOS CLUBS DE LECTURA



MARIYA ILIEVA PALIKARSKA, alumna de 1º ESO B, é a ganadora absoluta do Concurso de Comentarios das obras lidas durante todo este curso nos distintos Clubs de Lectura. O Director do instituto entregoulle hoxe o premio: un TABLET, que porta nas súas mans na foto superior, gadget co que poderá tamén ler libros electrónicos.
NORABOA, MARIYA!

lunes, 11 de junio de 2012

GRUPO DE TEATRO DO ICC 2012








As laranxas máis laranxas de todas as laranxas

de Carlos Casares

Non o tiveron doado nin o director nin os nosos rapaces do Grupo do Teatro do ICC este ano. Había que representar As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, de CARLOS CASARES, e como é moi “fantasiosa”, non era doado argallar o decorado... Pero a verdade é que o bordaron. Moi ben! Aquí hai madeira! Noraboa, rapaces! E todos os demais, xa sabedes, a apuntarse ao grupo de teatro para o curso que vén, que se van varios rapaces que remataron 2º de Bacharelato este curso e precisamos xente nova.
O grupo de teatro deste ano está composto por:

DIRECTOR: JUAN LOIS REY

ELENCO DE ACTORES:

ADRIÁN ALONSO
ÁLEX DE LA IGLESIA
ANA COMESAÑA
CANDELA LORA
CELIA ALONSO
CRISTINA PRIETO    
DANIEL ALONSO
ELISA DOMÍNGUEZ
INÉS BELLO
JULIA ALONSO
MARCIAL RODRÍGUEZ
SARA IGLESIAS
TERESA GARCÍA
YAGO GUIRADO

ENTREGA DE PREMIOS XIII CONCURSO CARLOS CASARES





XIII PREMIOS CARLOS CASARES

RELACIÓN DE TRABALLOS DE ALUMNAS
 E ALUMNOS PREMIADOS:


NARRATIVA:

1º PREMIO: “Es feliz?”. AUTOR: MARCIAL R. RODRÍGUEZ QUINTANA (2º BACH F).

ACCÉSIT: “Princesiña”. AUTOR: YAGO GUIRADO RODRÍGUEZ (2º BACH E).
 
POESÍA:

1º PREMIO: “A rosa”. AUTORA: INMACULADA DA SILVA MARTÍNEZ (2º BACH F).

ACCÉSIT: “Demo bachiller”. AUTOR: IAGO RIVERA PUGA (2º BACH F).


 OPINIÓN:

1º PREMIO: “Xénero”. AUTORA: TERESA GARCÍA GONZÁLEZ (2º BACH F).

ACCÉSIT: “Drogas”. AUTOR: MARCIAL R. RODRÍGUEZ QUINTANA (2º BACH F).


MONOGRÁFICOS:

1º PREMIO: “Gustav Klimt”. AUTORA: TERESA GARCÍA GONZÁLEZ (2º BACH F).


DEBUXO:

1º PREMIO: “Pocho”. AUTORA: TERESA GARCÍA GONZÁLEZ (2º BACH F).

ACCÉSIT: “Rein+++”. AUTOR: OLIVER ALONSO FERNÁNDEZ (1º BACH F).


CARICATURAS:

1º PREMIO: “El Fernando de Miguel Ángel”. AUTOR: ADRIÁN ALONSO ALONSO (2º BACH F).

ACCÉSIT: “Leo na praia”: AUTORA: TERESA GARCÍA GONZÁLEZ (2º BACH F).


CÓMIC:

1º PREMIO: “Dora the Explorer”. AUTOR: RUBÉN IGLESIAS GÓMEZ (2º BACH D).

ACCÉSIT: “Con sombreiro e ao tolo”: DANIEL PARDELLAS CAROLLO (4º ESO D).