miércoles, 17 de octubre de 2012

UXÍA COSQUET BONNER (2º ESO B) RECIBIDA E PREMIADA POLO REI















O pasado luns 15 de outubro, UXÍA COSQUET BONNER, de 2º ESO B, foi recibida na Zarzuela en audiencia polo Rei en representación de Galicia como ganadora desta comunidade autónoma no concurso "¿QUÉ ES UN REY PARA TI?"
Noraboa, Uxía!

Podedes ver a noticia en Faro de Vigo:

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2012/10/16/viguesa-ies-carlos-casares-premiada-rey/696882.html

Ou en La Voz de Galicia:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2012/10/15/estudiante-viguesa-rey/00031350317973353275899.htm

domingo, 22 de julio de 2012

MARIYA (1º ESO B) GANA O 2º PREMIO DO CONCURSO "UN MUNDO DE COR"




A nosa alumna de 1º B de ESO MARIYA ILIEVA PALIKARSKA segue ganando premios, mesmo no caloroso verán. Nesta ocasión ganou o pasado mércores 18 de xullo o 2º premio da súa categoría na 2ª edición do concurso UN MUNDO DE COR, organizado pola Subdirección Xeral da Inmigración e do Retorno (da Secretaría Xeral da Emigración) e na que participou a Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado (da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria). O obxectivo era que o alumnado de Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria dos centros públicos, privados ou concertados de Galicia expresase a súa visión sobre a riqueza da diversidade sociocultural presente na nosa sociedade.

Foi un traballo realizado dentro da actividade de Plástica e coordinado pola nosa vicediretora, Almudena.
A este concurso presentáronse un total de 230 obras en toda Galicia. Pretendíase acadar que o noso alumnado fixese unha reflexión consciente sobre a oportunidade e riqueza que supón a variedade de orixes, etnias, idiomas e culturas, e previr actitudes de rechazo do que é diferente. Conseguiuse que os traballos reflectisen temas relacionados coa convivencia intercultural, así como os distintos costumes, usos, vestimenta, folclore, etc., das persoas procedentes doutros países e que viven con nós.

Esteas onde esteas a estas alturas do verán, NORABOA de novo, Mariya. Sentímonos orgullosos de que sexas alumna do noso instituto. Xa nos contarás en setembro!


martes, 10 de julio de 2012

Presentacións sobre Carlos Casares (V): A outra obra de Casares

Con motivo do 10º aniversario da morte de Carlos Casares, os alumnos de 4º ESO (nas materias de Lingua Galega e Informática) prepararon algunhas presentacións sobre a súa vida e obra. Nesta quinta e derradeira entrega, a outra obra de Casares: 
25 A outra obra de Casares
View more presentations from iescc
26 Un país de palabras
View more presentations from iescc
27 O principiño
View more presentations from iescc
28 Os escaravellos voan á tardiña
View more presentations from iescc
29 O vello e o mar
View more presentations from iescc
30 Grial experiencia singular
View more presentations from iescc

lunes, 9 de julio de 2012

Presentacións sobre Carlos Casares (IV): A súa obra xornalística

Con motivo do 10º aniversario da morte de Carlos Casares, os alumnos de 4º ESO (nas materias de Lingua Galega e Informática) prepararon algunhas presentacións sobre a súa vida e obra. Nesta cuarta entrega, a súa obra xornalística:

miércoles, 4 de julio de 2012

FALECEU ONTE KRISTINA BERG, VIÚVA DE CARLOS CASARES





Onte faleceu en Vigo, aos 64 anos de idade, KRISTINA BERG, viúva de CARLOS CASARES.
Kristina visitou en varias ocacións o noso centro, a derradeira con ocasión do faladoiro no que participou no pasado mes de marzo para celebrarmos o X CABODANO da morte do seu marido, CARLOS CASARES.
En todas as ocasión en que visitou o noso centro fíxoo cunha tremenda amabilidade e xenerosidade e sempre agradeceu o feito de poñermos o nome do seu marido ao centro.

GRAZAS, KRISTINA, POR TODO. O teu nome estará sempre ligado ao de Carlos no noso centro.

martes, 19 de junio de 2012

O GRUPO DE TEATRO DO INSTITUTO FAI DE NOVO AS DELICIAS DO PÚBLICO





"JUAN  Y SUS CHICOS" volvéronnos facer pasar uns momentos realmente inesquecibles este pasado luns pola tarde. Non lles abondaba aos do grupo de teatro con representaren a difícil As laranxas... con motivo da celebración do cabodano da morte de Carlos Casares que tiveron a ben preparárennos uns sketches totalmente improvisados e que nos fixeron esmendrellar de risa a todos os presentes no salón de actos. Aquí hai madeira, rapaces! Que inxenio! Que frescura de diálogos ou de acenos reveladores! Ides chegar lonxe, meus! Grazas por eses momentos que xa nunca se borrarán das nosas mentes. Algúns lembraremos este día sempre que volvamos subir a un avión!

viernes, 15 de junio de 2012

GANADORA DOS CLUBS DE LECTURA



MARIYA ILIEVA PALIKARSKA, alumna de 1º ESO B, é a ganadora absoluta do Concurso de Comentarios das obras lidas durante todo este curso nos distintos Clubs de Lectura. O Director do instituto entregoulle hoxe o premio: un TABLET, que porta nas súas mans na foto superior, gadget co que poderá tamén ler libros electrónicos.
NORABOA, MARIYA!