domingo, 9 de febrero de 2014

XA SABEMOS ELABORAR CREMA HIDRATANTE!

ELABORACIÓN DE CREMA HIDRATANTE EN 1º ESO C





O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organizou esta actividade á que asistiu alumnado de 1º ESO.

O xoves 22 de novembro, o alumnado de 1º C, acompañado pola súa profesora de Ciencias MARTA FREIJEDO, tivo a oportunidade de aprender a facer crema hidratante. Para isto, contamos coa axuda de Marcelo.

O obxectivo da actividade foi ensinarnos que podemos facer todo tipo de cremas e cosméticos de forma natural e sinxela.

Necesitarás:

-        Aceite (podes empregar de améndoas, de aceite, de xirasol...)
-        Auga (mellor destilada)
-        Cera de abella
-        Aroma de limón (podemos empregar outro aroma)

Preparación:

Dependendo da túa pel, terás que empregar distintas porcentaxes de auga e aceite. En dous recipientes, metes nun a auga, e noutro o aceite e polos ao “baño María”, a menos de 75ºC. Cando xa estean algo quentes, engades ao aceite a cera de abella, e remexendo, esperas ata que se derrita por completo, e obteñas unha mestura homoxénea. Nese momento, déixaos arrefriar e vertes os líquidos nun bol, que á súa vez meterás en auga fría.

Con coidado, bates ben os ingredientes e engades o aroma. Non deixes de remexer. Quedarache unha mestura homoxénea, que terás que meter no frigorífico. Ao día seguinte, xa terás a túa crema lista.


Lembra que non empregamos ningún tipo de conservantes, en consecuencia, só durará unhas semanas.

CLAUDIA ÁLVAREZ e JULIA VILLASUR (1º ESO C)


viernes, 7 de febrero de 2014

O NOSO RAÚL ALONSO (2º BACH E) FINALISTA DA OLIMPIADA GALEGA DE MATEMÁTICAS

Raúl Alonso Rodríguez. // Marta G. Brea


Non por ternos afeitos a estas excelencias deixa por iso de nos sorprender. O noso brillante alumno RAÚL (2º Bach E) volve quedar este curso entre os tres finalistas que participarán na Olimpiada Matemática do todo estado español representando a Galicia. Neste mes en que andamos celebrarase a fase final a nivel de estado, en Requena (Valencia). Os seis finalistas desta fase acudirán á Cidade do Cabo (Sudáfrica) para participar na fase internacional da olimpiada.

Consigas o que consigas, benquerido Raúl, para o noso centro é todo un orgullo xa termos entre o noso alumnado.

Moita sorte!




Raúl Alonso Rodríguez. // Marta G. Brea


miércoles, 15 de enero de 2014

PROXECTO MONTENTÉRATE. CHARLA DA COMUNIDADE DE MONTES DE BEMBRIVE



O pasado venres 22 de novembro e dentro do PROXECTO MONTENTÉRATE, veu dar unha charla ao instituto unha rapaza que pertencía á COMUNIDADE DE MONTES DE BEMBRIVE, dependente á súa vez da ENTIDADE MENOR DE BEMBRIVE.


Tratou varios temas. Comezou falándonos dos cometidos que leva a cabo a comunidade de montes. Falounos despois do problema das estremas, lindeiros ou fitos, de como hai que ilas repoñendo e remozando para que sirvan de referencia. Comentou tamén a progresiva degradación do monte debido á construción de vías de comunicación como estradas ou autoestradas e como desde a súa entidade intentan paliar estes efectos negativos con repoboación de árbores autóctonas, nomeadamente de castiñeiros. Entre outras actividades que levan a cabo está a limpeza dos montes, a acomodación dos camiños, as podas...
Todas estas actuacións da entidade foinas amosando a través de fotografías.


Por último falounos da fermosa ruta do río Eifonso, duns seis quilómetros de percorrido, onde aínda se conserva unha enorme variedade de vexetación autóctona, así como de fauna. Falounos da beleza dos antigos muíños e fervenzas, da capela de San Cibrán, da súa carballeira e da sonada Festa dos Ramallos que alí se celebra todos os anos.





ANDREA ARAÚJO, NOELIA LAGO, ADRIÁN SÁNCHEZ, JUAN M. RODRÍGUEZ, SERGIO PÉREZ, JOSÉ M. RODRÍGUEZ e JAVIER ESTÉVEZ (3º ESO)

jueves, 12 de diciembre de 2013

ÉXITO TOTAL NA CAMPAÑA "BANCO DE ALIMENTOS 2014"





Pois si, meus, todo un éxito e un record. Recollimos máis de 150 bolsas cheas de alimentos non perecedoiros nesta campaña de BANCO DE ALIMENTOS 2013. Nunca antes recolleramos tal cantidade de bolsas, pero non é de estrañar pois levamos máis de vinte anos colaborando con esta campaña e comezamos moi timidamente para ir progresando ano a ano.
Grazas, rapaces, por serdes tan solidarios.

domingo, 8 de diciembre de 2013

O GRUPO DA BIBILOTECA PRESENTA: VISUALIFÉMINAS









VISUALIFÉMINAS

Este traballo de composición fotográfica

foi realizado 

polo alumnado de 4º D do curso 2012-13 

coa súa titora 

MAITE  e coordinado por LARA


EZEQUIEL, LARA, ALEJANDRO, ADRIÁN e 

JAVIER

NADAL E MULLERES PREMIOS NOBEL NA BIBLIOTECA






Como vén sendo habitual xa na nosa biblioteca e nos seus espazos exteriores, o Nadal chega aos libros. Este Nadal o Grupo da Biblioteca quere celebralo entre as mulleres ás que lles foi concedido o PREMIO NOBEL DE LITERATURA, e con tal motivo organizou unha exposición no espazo que ten reservado na entrada do centro. 

4º ESO MANIFÉSTASE EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO