viernes, 28 de marzo de 2014

ACTIVIDADES DO PLAN PROXECTA "CLASES SEN FUME"


Clases sen fume

Charla CLASES SEN FUME

Victoria Aldea, médica do SERGAS,  acudiu ao noso centro co obxectivo de informarnos e concienciarnos sobre o consumo do tabaco e os seus perigos.

Explicounos dunha forma moi sinxela os problemas que nos pode provocar o tabaco. Empezou falándonos dos compoñentes desta droga, logo informounos sobre os efectos que produce no noso organismo e tamén profundou sobre a definición da palabra “droga”, poñendo algúns exemplos das máis coñecidas e perigosas.

A medida que avanzaba a súa exposición, fómonos decatando de que o tabaco non é unha broma (para os que aínda tiñan dúbidas). Deunos a coñecer tamén diferentes datos moi interesantes, por exemplo, ensinounos unha gráfica que representaba o número de mortes en España, polas seguintes causas: consumo de drogas, cancro, accidentes  e consumo de tabaco. E, para a nosa sorpresa, era a última a que provocaba o maior número de mortes.

Falounos tamén dos cigarros electrónicos que, segundo nos explicou, son un perigo do que se descoñecen a maior parte dos seus compoñentes, converténdose nun mercado fácil para as industrias tabaqueiras.
Traballou con nós este tema a nosa profesora de Ciencias da Natureza MARTA FREIJEDO.

CLAUDIA ÁLVAREZ COSTAS (1º ESO C)

O NOSO ALUMNADO ARRASA NO I CONCURSO DE DEBUXO "PICASSO CORUÑÉS"


Traballo de CLAUDIA ÁLVAREZ COSTAS (1º ESO), 1º premio da súa categoría ao MELLOR XORNAL

Obras premiadas doutros centros




Un total de dezaoito (18) alumnos do noso instituto obtiveron premios ou accésits no I Concurso de Debuxo Picasso Coruñés, convocado pola Fundación Emalcsa coa colaboración do concello da Coruña e a coordinación da Asociación da Prensa e mais da Asociación Pablo Ruíz Picasso da Coruña. O obxectivo do certame, abierto á participación de estudantes de toda Galicia de 3º a 6º de Primaria y de 1º a 4º de ESO, era que os escolares recreasen os xornais que o Picasso adolescente realizou durante a súa estadía na cidade. Un total de 15 alumnos (doce rapazas e tres rapaces) obtiveron premio. O xurado destacou o alto nivel artístico dos traballos presentados polos escolares.
Todos os alumnos do noso centro que se presentaron a este concurso foron coordinados pola nosa profesora de Educación Plástica Almudena Lacomba Maruri.

Esta actividade enmárcase no programa de potenciación do coñecemento da etapa coruñesa de Picasso desenvolvido polo concello da Coruña e mais pola Fundación Emalcsa, e que terá a súa culminación coa celebración, nos meses vindeiros, da conmemoración do 120 aniversario da primera exposición do artista malagueño, que tivo lugar na rúa Real.


ALUMNOS PREMIADOS DO CARLOS CASARES

-Premio Picasso Coruñés ao mellor xornal: CLAUDIA ÁLVAREZ COSTAS (1º ESO) polo seu xornal "O ollo de Galicia".
-Premio José Luis Bugallal Marchesi á mellor ilustración: RUTH CARRERA FERNÁNDEZ e ANTÍA GAGO ALONSO (1º ESO) polo seu xornal "Aires galegos".
-Premio Olga Cristina Viaño Sánchez á mejor redacción: JULIA VILLASUR VILLALBA e JESSICA MARTÍNEZ AMOEDO (1º ESO) polo seu xornal "Azul e Branco".
-Premio José Luis Bugallal Marchesi á mellor ilustración: BRAIS RODRÍGUEZ QUINTANA (4º ESO) polo seu xornal "A Torre Picassiana".

ACCÉSITS

 -CARLA RODRÍGUEZ PÉREZ (1º ESO).
-CARLA PÉREZ GÓMEZ e ALBA OJEA COMESAÑA (1º ESO).
-IRIA PUGA MARTÍNEZ (1º ESO).
-MARÍA VILA TARELA (1º ESO).
-MARIANA RODRÍGUEZ IGLESIAS e SARA GIL LÓPEZ (1º ESO).
-LARA QUICLER MARIARTY e LIDIA ZEMIRI (1º ESO).
-LUCÍA PÉREZ LAGO (1º DE ESO).
-ANDREA RODRÍGUEZ ABALDE (1º ESO).
-ÓSCAR RODRÍGUEZ ALONSO (4º ESO).
-ISAAC VILLAR ROMERO (4º ESO).


Todos os ganadores recibiron, ademais, unha réplica da Torre de Hércules. Os mellores traballos exporanse no baixo da Casa Museo do artista, recentemente reformada, e os debuxos premiados publicaranse na revistaTiempo coruñés, editada pola Asociación Pablo Ruíz Picasso da Coruña. 



miércoles, 26 de marzo de 2014

PARTICIPACIÓN DE ALUMNADO DO NOSO CENTRO NA OITAVA EDICIÓN DO "SPELLING BEE" DE SCHOOLHOUSE 2014



O pasado día 14 de marzo, no cine Salesianos da nosa vila, levouse a cabo a oitava edición do concurso SPELLING BEE, organizada polo centro de estudos SCHOOLHOUSE de Vigo para todos os centros da cidade e da súa comarca. Os nosos alumnos ARIEL MEANA e mais DIEGO EXPÓSITO, ambos os dous de 3º ESO B,  auspiciados polo DEPARTAMENTO DE INGLÉS, representaron o noso centro e tiveron unha moi digna participación entre o total dos 62 estudantes que se presentaron; pero desta vez escapáronsenos os premios. Outro ano será! Noraboa pola vosa participación, rapaces!
A seguir soletreando en inglés!

VISITA DOS 1os. BACH Á ESAD



O xoves día 13 de marzo, organizada polo nosa profesora de Lengua MARILÓ, o alumnado de 1º E e 1º D de Bacharelato  realizou unha visita cultural á ESAD (Escola Superior de Arte Dramática) de Galicia. O motivo da viaxe era sabermos  das materias que se estudaban nese centro, as saídas laborais que ofrecían e as carreiras para as que te preparaban. Primeiramente, asistimos a unha clase de Expresión corporal, na que nos amosaron un exemplo da achega das características dun elemento, neste caso a auga, á conduta dun personaxe, para o cal tiñan que sentir que  “o seu corpo era auga”.
A seguinte clase á que asistimos foi á de Esgrima, é dicir, a aplicación da esgrima á interpretación teatral, na cal nos amosaron algúns fragmentos de obras que estaban practicando e algúns conceptos de esgrima básicos.
A continuación leváronnos á biblioteca onde asistimos a una pequena charla sobre diferentes temas relacionados co teatro, como aspectos de súa historia, a consideración e a innovación do teatro en España e a nivel global, que se estuda na dramaturxia e na dirección de escena.
Tras un descanso breve de 10 minutos, continuamos a visita recibindo unha charla do profesor de Escenografía, quen nos ilustrou sobre as distintas materias que se estudan na súa disciplina así como sobre exemplos de diversas copias de materiais feitas con porexpán. Finalmente, asistimos á clase de Interpretación onde nos fixeron un exercicio de caracterización dunha obra que estaban a ensaiar chamada Guerra.
A visita serviu para aproximarnos máis ao mundo do teatro e da interpretación.
JESÚS GIRÁLDEZ (1º BACH E)

jueves, 20 de marzo de 2014

TEATRO EN INGLÉS: 3º, 4º ESO e 1º BACH: PRIDE & PREJUDICE (JANE AUSTEN)





No Carlos Casares temos nivel de inglés, si señor!  O nivel de lingua era un chisco máis complicado que noutras ocasións, pero a xente controlaba, ría cando había que rir (ou sexa, entendía) e respondía (atinada pero timidamente), cando preguntaban. Botamos de menos desta vez que sacasen algúns alumnos á palestra, moitos quedarían aliviados... Ben, todos todos, non, porque ao noso Pepe de 1º E case lle saca as cores a tal Elizabeth Bennet, prendadiña quedou, miñaxoia!
Tratábase dunha adaptación moi sui generis da tan sonada comedia romántica de JANE AUSTEN.
Bo exercicio para todos: lingua e literatura inglesa. E ademais pasámolo ben! 
Grazas, DEPARTAMENTO DE INGLÉS!


CLEVER PANTS VISITA O INSTITUTO

Como xa vai sendo costume, o grupo de teatro en INGLÉS CLEVER PANTS veu ao Carlos Casares o martes 18 de marzo e volveu facernos rir co seu característico humor.
A obra que interpretaron foi Pride and Prejudice (Orgullo e prexuízo), de JANE AUSTEN, porque o ano pasado foi o 200 aniversario da publicación deste libro. Son tres actores, dous homes e un muller, e entre eles fixeron de todos os personaxes da obra, e a verdade é que foi moi cómico.
A novela da que se fala é unha das obras máis coñecidas da literatura inglesa. A historia mostra a clase alta da sociedade no cambio de século entre o XVIII e o XIX, a súa forma de ver a relación entre un home e una muller. Na obra móstrase a evolución de Mr. Darcy para superar o seu orgullo de clase e a Elizabeth Bennet intentando superar os seus prexuízos cara a Mr. Darcy.
Persoalmente gustoume moito pois fixo moita graza e non era nada complicado entender o que dicían, pois falaban alto e claro e non empregaban un vocabulario demasiado complexo. Espero que volvan o ano que vén, merece a pena.

MARTÍN GIRÁLDEZ (1º BACH E)

domingo, 16 de marzo de 2014

PLAN PROXECTA 1º ESO. SALVAVIDAS. DOAZÓN DE ÓRGANOS



Na entrada do centro están expostos os traballos realizados polo alumnado de 1º da ESO para o Plan Proxecta no que estamos inmersos referente á doazón de órganos, dentro do Plan Salvavidas.

O pasado dez de marzo, o doutor Luís, un nefrólogo do Hospital Xeral de Vigo,  deunos unha charla sobre a doazón de órganos e tecidos. Nesta charla explicounos a importancia da doazón de órganos e a importancia da colaboración da sociedade.
España é o país europeo con máis índice de doadores de órganos e tecidos, cun 35,1 % por 1 millón de persoas. Dende a antigüidade practicábanse os transplantes de órganos, un exemplo é o primeiro transplante de corazón no ano 1964. A persoa operada conseguiu vivir 18 días máis dende a operación. Dende aqueles tempos sucederon moitos cambios, Agora mesmo o futuro dos transplantes está en:
-Os inmunosupresores novos.
-Os órganos artificiais.
-Os transplantes de animais a persoas.
-A clonación de órganos e as células nai.
Algunhas relixións son partidarias da doazón de órganos, como o cristianismo, o hinduísmo, o xudaísmo e o islamismo. Tamén hai relixións que non son partidarias como os shintos e as testemuñas de Xehová.
Hai algúns órganos que poden doar as persoas vivas , por exemplo un ril, un pulmón, algúns tecidos... pero a maioría só os pode doar o chamado doador cadáver.
Para cumprir os requisitos de ser un doador cadáver ten que terse unha morte cerebral ,é dicir, que o cerebro deixe de funcionar e os órganos sigan funcionando. Para determinar unha morte cerebral tense que facer una serie de probas que son:
-Un electroencefalograma.
-Unha anxiografía.
Finalmente, un transplantado de fígado chamado Celso contounos a súa experiencia. Contounos que o fígado non lle avisou, el non se deu de conta ata que comezou a poñerse amarelo e un día tivo un sangrado interno que o fixo desfalecer. Espertou no hospital e explicáronlle que necesitaba un transplante de fígado ou morrería. Ao entrar na lista de espera Celso non tivo que esperar moito pois dúas semanas despois apareceu un doador compatible con el. Contounos que nin antes nin despois da operación lle doera
nada, pero estar na UCI  fora insoportable. Despois desta experiencia di que se converteu nunha mellor persoa e agora presta axuda a todos os que o necesitan.

RUTH CARRERA
 ANTÍA GAGO  (1 ESO ºC)
[coordinadas pola profesora MARTA FREIJEDO]

A BIBLIOTECA CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER



O Grupo da Biblioteca levou a cabo unha exposición co tema sobre a muller na literatura para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora. Un apartado desta exposición está dedicado ao tema "A imaxe da muller na literatura occidental".
Asemade engalanáronse algunhas portas e paredes do centro co símbolo da muller.


miércoles, 5 de marzo de 2014

ENTROIDO 2014 [III]


































Todos os gañadores: 1º e 2º individual, comparsa e actuación

martes, 4 de marzo de 2014

ENTROIDO 2014 [II]


































ENTROIDO 2014 [I]: ENXEÑO E HUMOR, TAMÉN SOBRE ESCENARIO


Semella que este ano existiu unha relación inversa de participación entre o alumnado e o resto da comunidade educativa (profesorado e persoal non docente). Este ano había, en efecto, se cadra menos alumnado disfrazado e, por contra, máis do resto, pois nunca antes viramos tanto profesorado celebrando activamente esta festa tan tradicional polos nosos pagos nin antes viramos celebralo a Celia, Tina, Pepe...
Traballo xa vimos que había abondo nos disfraces. Houbo alumnas que confesaban ter pasado toda a noite a coser e confeccionar os seus disfraces (aínda que logo non levasen premio, polo que quedaron moi desconsoladas, case piden o libro de reclamacións...). Moitos eran moi enxeñosos... Habíaos tamén charramangueiros, dos que sempre se estilaron no noso país por esta época.
Subiron case todos, un a un, grupo a grupo, ao escenario e alí eran interrogados polos xa consagrados presentadores, Jesús e Martín Giráldez e, con máis ou menos graza respondían as súas preguntas.
Houbo tamén dúas actuacións: unha de baile e outra de humor: os propios presentadores.
Pois de toda esta festa resultaron premiados:

1º PREMIO INDIVIDUAL:
SARA IGLESIAS
2º PREMIO INDIVIDUAL:
SALOMÉ CARRERA
PREMIO COMPARSA:
DAFNE N., XIAN F., BRUNO G. e ÁLEX I.

PREMIO ACTUACIÓN:
JESÚS e MARTÍN GIRÁLDEZ