viernes, 28 de marzo de 2014

ACTIVIDADES DO PLAN PROXECTA "CLASES SEN FUME"


Clases sen fume

Charla CLASES SEN FUME

Victoria Aldea, médica do SERGAS,  acudiu ao noso centro co obxectivo de informarnos e concienciarnos sobre o consumo do tabaco e os seus perigos.

Explicounos dunha forma moi sinxela os problemas que nos pode provocar o tabaco. Empezou falándonos dos compoñentes desta droga, logo informounos sobre os efectos que produce no noso organismo e tamén profundou sobre a definición da palabra “droga”, poñendo algúns exemplos das máis coñecidas e perigosas.

A medida que avanzaba a súa exposición, fómonos decatando de que o tabaco non é unha broma (para os que aínda tiñan dúbidas). Deunos a coñecer tamén diferentes datos moi interesantes, por exemplo, ensinounos unha gráfica que representaba o número de mortes en España, polas seguintes causas: consumo de drogas, cancro, accidentes  e consumo de tabaco. E, para a nosa sorpresa, era a última a que provocaba o maior número de mortes.

Falounos tamén dos cigarros electrónicos que, segundo nos explicou, son un perigo do que se descoñecen a maior parte dos seus compoñentes, converténdose nun mercado fácil para as industrias tabaqueiras.
Traballou con nós este tema a nosa profesora de Ciencias da Natureza MARTA FREIJEDO.

CLAUDIA ÁLVAREZ COSTAS (1º ESO C)

No hay comentarios: