jueves, 20 de marzo de 2014

TEATRO EN INGLÉS: 3º, 4º ESO e 1º BACH: PRIDE & PREJUDICE (JANE AUSTEN)





No Carlos Casares temos nivel de inglés, si señor!  O nivel de lingua era un chisco máis complicado que noutras ocasións, pero a xente controlaba, ría cando había que rir (ou sexa, entendía) e respondía (atinada pero timidamente), cando preguntaban. Botamos de menos desta vez que sacasen algúns alumnos á palestra, moitos quedarían aliviados... Ben, todos todos, non, porque ao noso Pepe de 1º E case lle saca as cores a tal Elizabeth Bennet, prendadiña quedou, miñaxoia!
Tratábase dunha adaptación moi sui generis da tan sonada comedia romántica de JANE AUSTEN.
Bo exercicio para todos: lingua e literatura inglesa. E ademais pasámolo ben! 
Grazas, DEPARTAMENTO DE INGLÉS!


CLEVER PANTS VISITA O INSTITUTO

Como xa vai sendo costume, o grupo de teatro en INGLÉS CLEVER PANTS veu ao Carlos Casares o martes 18 de marzo e volveu facernos rir co seu característico humor.
A obra que interpretaron foi Pride and Prejudice (Orgullo e prexuízo), de JANE AUSTEN, porque o ano pasado foi o 200 aniversario da publicación deste libro. Son tres actores, dous homes e un muller, e entre eles fixeron de todos os personaxes da obra, e a verdade é que foi moi cómico.
A novela da que se fala é unha das obras máis coñecidas da literatura inglesa. A historia mostra a clase alta da sociedade no cambio de século entre o XVIII e o XIX, a súa forma de ver a relación entre un home e una muller. Na obra móstrase a evolución de Mr. Darcy para superar o seu orgullo de clase e a Elizabeth Bennet intentando superar os seus prexuízos cara a Mr. Darcy.
Persoalmente gustoume moito pois fixo moita graza e non era nada complicado entender o que dicían, pois falaban alto e claro e non empregaban un vocabulario demasiado complexo. Espero que volvan o ano que vén, merece a pena.

MARTÍN GIRÁLDEZ (1º BACH E)

No hay comentarios: