domingo, 16 de marzo de 2014

PLAN PROXECTA 1º ESO. SALVAVIDAS. DOAZÓN DE ÓRGANOS



Na entrada do centro están expostos os traballos realizados polo alumnado de 1º da ESO para o Plan Proxecta no que estamos inmersos referente á doazón de órganos, dentro do Plan Salvavidas.

O pasado dez de marzo, o doutor Luís, un nefrólogo do Hospital Xeral de Vigo,  deunos unha charla sobre a doazón de órganos e tecidos. Nesta charla explicounos a importancia da doazón de órganos e a importancia da colaboración da sociedade.
España é o país europeo con máis índice de doadores de órganos e tecidos, cun 35,1 % por 1 millón de persoas. Dende a antigüidade practicábanse os transplantes de órganos, un exemplo é o primeiro transplante de corazón no ano 1964. A persoa operada conseguiu vivir 18 días máis dende a operación. Dende aqueles tempos sucederon moitos cambios, Agora mesmo o futuro dos transplantes está en:
-Os inmunosupresores novos.
-Os órganos artificiais.
-Os transplantes de animais a persoas.
-A clonación de órganos e as células nai.
Algunhas relixións son partidarias da doazón de órganos, como o cristianismo, o hinduísmo, o xudaísmo e o islamismo. Tamén hai relixións que non son partidarias como os shintos e as testemuñas de Xehová.
Hai algúns órganos que poden doar as persoas vivas , por exemplo un ril, un pulmón, algúns tecidos... pero a maioría só os pode doar o chamado doador cadáver.
Para cumprir os requisitos de ser un doador cadáver ten que terse unha morte cerebral ,é dicir, que o cerebro deixe de funcionar e os órganos sigan funcionando. Para determinar unha morte cerebral tense que facer una serie de probas que son:
-Un electroencefalograma.
-Unha anxiografía.
Finalmente, un transplantado de fígado chamado Celso contounos a súa experiencia. Contounos que o fígado non lle avisou, el non se deu de conta ata que comezou a poñerse amarelo e un día tivo un sangrado interno que o fixo desfalecer. Espertou no hospital e explicáronlle que necesitaba un transplante de fígado ou morrería. Ao entrar na lista de espera Celso non tivo que esperar moito pois dúas semanas despois apareceu un doador compatible con el. Contounos que nin antes nin despois da operación lle doera
nada, pero estar na UCI  fora insoportable. Despois desta experiencia di que se converteu nunha mellor persoa e agora presta axuda a todos os que o necesitan.

RUTH CARRERA
 ANTÍA GAGO  (1 ESO ºC)
[coordinadas pola profesora MARTA FREIJEDO]

No hay comentarios: