lunes, 3 de marzo de 2014

NARRATIVA ORAL: A BIBLIOTECA TRAE A CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN AO NOSO CENTRO









CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN, un dos mellores narradores de literatura oral non só do noso país senón de todo o estado español, visitou o noso centro, convidado pola BIBLIOTECA, para manternos abraiados coas súas engaiolantes, divertidas e fantásticas historias (reais, ficticias... deixou coa dúbida á alumna que preguntaba...) durante case hora e media, malia a actividade estar programada para corenta e cinco minutos, pero as varias peticións de bises (outra, outra...) e o encadeamento dos relatos fixeron que o tamén poeta Celso atendese o sentir do público asistente (4º ESO, 1º e 2º BACH) e nos agasallase cunhas cantas historias máis.
Ao saírmos do salón de actos escoitabamos comentarios: "Este tío é un crac". 
E si o é, damos fe.
Grazas, Celso. Queremos volver escoitar máis historias narradas por ti!


No hay comentarios: