O xoves
día 13 de marzo, organizada polo nosa profesora de Lengua MARILÓ, o alumnado de 1º E e 1º D de Bacharelato realizou unha visita cultural á ESAD (Escola
Superior de Arte Dramática) de Galicia. O motivo da viaxe era sabermos das
materias que se estudaban nese centro, as saídas laborais que ofrecían e as
carreiras para as que te preparaban. Primeiramente, asistimos a unha clase de Expresión corporal, na que nos amosaron
un exemplo da achega das características dun elemento, neste caso a auga, á
conduta dun personaxe, para o cal tiñan que sentir que “o seu corpo era auga”.
A seguinte clase
á que asistimos foi á de Esgrima, é
dicir, a aplicación da esgrima á interpretación teatral, na cal nos amosaron algúns
fragmentos de obras que estaban practicando e algúns conceptos de esgrima
básicos.
A continuación
leváronnos á biblioteca onde asistimos a una pequena charla sobre diferentes
temas relacionados co teatro, como aspectos de súa historia, a consideración e
a innovación do teatro en España e a nivel global, que se estuda na dramaturxia
e na dirección de escena.
Tras un descanso
breve de 10 minutos, continuamos a visita recibindo unha charla do profesor de Escenografía,
quen nos ilustrou sobre as distintas materias que se estudan na súa disciplina
así como sobre exemplos de diversas copias de materiais feitas con porexpán.
Finalmente, asistimos á clase de Interpretación
onde nos fixeron un exercicio de caracterización dunha obra que estaban a
ensaiar chamada Guerra.
A visita serviu
para aproximarnos máis ao mundo do teatro e da interpretación.
JESÚS GIRÁLDEZ
(1º BACH E)
No hay comentarios:
Publicar un comentario