miércoles, 24 de abril de 2013

23 DE ABRIL. OS 4os. DA ESO CELEBRAN O "DÍA DEL LIBRO"

Con motivo do DÍA DEL LIBRO, este martes 23 de abril, o DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA CASTELÁ organizou un evento literario de lectura de EL QUIJOTE así como dunha variedade de textos literarios, todos eles amenizados con música interpretada polo noso alumnado de 4º da ESO, cuxa calidade coñecemos e teñen demostrado en moitas ocasións, non en van moitos dos nosos alumnos e alumnas estudan en conservatorios de música ou forman parte de grupos musicais en asociacións veciñais. Colaborou no evento o noso querido lector de inglés, HOWARD, lendo un fragmento de SHAKESPEARE, o tan sonado "TO BE OR NOT TO BE". Finalmente houbo lecturas espontáneas de fragmentos de El Quijote. Fermoso, entretido e participativo.





lunes, 22 de abril de 2013

4º da ESO EN LONDRES


O mércores 3 de abril, logo dun gran madrugón, partimos do instituto ás 6 da mañá. Collimos un bus ata O Porto e de alí o avión ata o aeroporto de Gatwick. De novo, outra traxectoria en autobús ata o hotel Royal National, un clásico nAs viaxes estudiantís. Logo da comida visitamos o British Museum (awesome!), paseamos polos seus arredores e ceamos no noso restaurante reservado, Parker's, xa moi cansos.

Ao día seguinte comezamos cun paseo pola Torre de Londres e cruzamos o Tower Bridge ao outro lado do Támesis. Á hora de comer visitamos un pintoresco mercado de comida, Borough Market e a Southwark Cathedral. Pola tarde fomos á Tate Modern Gallery e a St.Paul's Cathedral, e máis tarde fomos dar un paseo por Covent Garden e polo barrio de Chinatown. Ceamos novamente no Parker's, logo dun día moi entretido e frío. Nevou durante case todo o día. Foi precioso!

Xa o día 5 pola mañá percorrimos o exterior do Buckingham Palace e demos un paseo por St. James' Park. Antes de comer tamén visitamos o Parlamento e o Big Ben e a abadía de Westminster. Pola tarde visitamos a National Gallery, repleta de famosas obras de arte, e logo subimos ao London Eye. Dende alí puidemos ver toda a cidade. Logo nos desprazamos a Picadilly Circus e pasamos por Vigo Street, que está moi preto.

O sábado, o derradeiro día, visitamos o Natural History Museum e logo tivemos a opción de  ir a Harrod's ou a Camden Town, o famoso barrio co mercado. Puidemos facer compras e tivemos tempo libre ata a cea.

O domingo pola mañá visitamos a casa de Charles Dickens e partimos do noso amado Londres para regresar a Vigo. Chegamos tarde, pero a maioría aínda tivemos forzas para acudir ás clases ao día seguinte.

Foron uns días (e unhas noites) inesquecibles.

KATIA RODRÍGUEZ e SERGIO FARALDO (4º B)



domingo, 21 de abril de 2013

GRUPO DA BIBLIOTECA. CLUB DE LECTURA DO PROFESORADO

O GRUPO DA BIBLIOTECA, á parte dos CLUBS DE LECTURA do alumnado que levan funcionando varios anos no noso centro, acaba de crear un CLUB DE LECTURA DO PROFESORADO. Están inscritos na actualidade un total de 14 profesoras e profesores e reúnense polo de agora unha vez ao trimestre un luns en xantar de traballo e posterior tertulia na biblioteca no propio centro para a posta en común de comentarios, suxestións... sobre a obra escollida.
A primeira obra foi:

LAHIRI, Jhumpa. Tierra desacostumbrada.

 
 
 
 
 
 
 
 
Para este terceiro trimestre, leremos:
 
SHAFFER, Mary Ann. La sociedad literaria y el pastel de piel de patata de Guernsey.
 
 
 O GRUPO DA BIBLIOTECA ten pensado para o vindeiro curso reforzar esta actividade, conseguir máis adeptos a este club e facer máis frecuentes as lecturas.
Boas lecturas!


PARTICIPACIÓN DE 2º ESO NO CONCURSO DE LOGOS ESenRED


VOTADE POLOS NOSOS!

Alumnado de 2º ESO do noso centro participa no concurso de logos ESenRED, unha rede estatal de programas e redes de escolas cara á sostenibilidade promovida por iniciativa de administracións públicas.
Teñen un blog 
(http://logoesenred.blogspot.com.es/2013/04/margarita2.html) dedicado a atopar un logotipo que represente a Rede, a través dun concurso aberto entre os centros escolares que traballan a sostenibilidad, e o noso alumnado de 2º ESO, dentro do programa "12 MESES, 12 PAISAXES", do PLAN PROXECTA, participa no concurso con 6 logos.
Nese blogue aparecen todas as propostas de logotipo que os participantes no concurso van presentando. Pódese participar votando polos deseños que máis vos gusten. Só tedes que pulsar "me gusta" debaixo das imaxes que prefiras. A proposta máis votada polos visitantes do blogue será tida en conta como un voto máis na deliberación do xurado.

ASÍ, QUE... VOTADE POLOS NOSOS!

 







jueves, 11 de abril de 2013

RAÚL ALONSO (1º BACH E), DOBREMENTE PREMIADO

O noso alumno RAÚL ALONSO RODRÍGUEZ, de 1º BACH E non para de recoller premios polas súas capacidades intelectuais e mais polo seu traballo nos estudos.
Se a principios de ano recibiu o PREMIO EXTRAORDINARIO DE ESO a nivel de Galica cunha media de 9,7, agora resulta que gana unha MEDALLA DE PRATA na OLIMPIADA MATEMÁTICA que se vén de celebrar a nivel estatal. E tan campante o rapaz! Con alumnos coma ti dá gusto!
NORABOA, RAÚL!!! TI SI QUE VALES!


Podedes consultar senllas noticias en Faro de Vigo:

http://www.fomento.edu/imgeditor/noticia%20faro%20antonella(1).pdf

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/04/09/raul-alonso-atrae-entender-funcionan-cosas/787561.html

martes, 26 de marzo de 2013

SESQUICENTENARIO DA PUBLICACIÓN DE "CANTARES GALLEGOS"



O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA en colaboración coa BIBLIOTECA e mais co DEPARTAMENTO DE GALEGO celebran o sesquicentenario da publicación de CANTARES GALLEGOS de ROSALÍA de CASTRO (17 de maio de 1863). Ao mesmo tempo tamén se celebra o 176 aniversario do nacemento da nosa poetisa (24-02-1837).
Estas celebracións desta vez terán carácter privado, é dicir, levaranse a cabo en todos os cursos e niveis pero nas clases de Lingua e Literatura Galegas. Nomeadamente, o noso alumnado realizará recitados e declamacións nas aulas. Así mesmo tamén serán proxectados na televisión da entrada do centro vídeos e presentacións sobre a vida e mais a obra de ROSALÍA.








 
 
 
 
 
 






CLUB DE LECTURA DO PROFESORADO

A BIBLIOTECA do noso centro organiza este curso escolar un CLUB DE LECTURA DO PROFESORADO. Estamos anotados no citado club un total de dezaseis profesoras e profesores. Comezamos timidamente enviando un correo para recibirmos suxestións por parte dos membros do citado club de obras para a nosa primeira lectura. A primeira obra escollida é unha tradución do inglés americano ao castelán: