lunes, 21 de noviembre de 2011

VIDEOCONFERENCIA DIA DA CIENCIA EN GALICIA



Aplicacións da investigación xenética e o seu uso na práctica policial

O pasado venres día 4 de novembro, o catedrático en Medicina Legal Ángel Carracedo, ofrecía para todos os centros de Galicia unha vídeo-conferencia sobre os usos da xenética no ámbito policial co motivo da Semana da Ciencia en galego. Nesta conferencia, realizada en directo dende Brasil, o catedrático tocaba unha serie de puntos sobre este importante uso dos avances xenéticos na escena do crime.

Un dos principais puntos tocados na conferencia foi o das pegadas dactilares. É un método bastante coñecido pero á vez moi eficaz. Aínda que nos crimes planificados é moi difícil de atopar pegadas do criminal, serven de moita axuda todas as pegadas atopadas na escena que non sexan da vítima. Esta gran importancia das pegadas dáse porque non hai dúas persoas no mundo que teñan a mesma.

Outro punto a destacar tamén é o do sangue, xa que ao atopar restos de sangue que non pertenzan á vítima no lugar do crime, axuda en gran parte a resolver os casos, aínda que a importancia deste sexa menor cá das pegadas.

Pero actualmente, o rastro de ADN e ARN que máis axuda é o do pelo. A caída do pelo é algo practicamente imposible de controlar polos criminais, e a partir dun único pelo podemos determinar a idade, a cor de ollos, a cor de pel… e moitas máis características dunha persoa.

Estes avances axudaron a resolver dende casos tan “comúns” como asasinatos e desaparicións a casos tan complicados como os atentados do 11-M. Aínda así, a xenética non axuda unicamente en casos deste tipo, senón que tamén nunha gran cantidade de investigacións como por exemplo:

- Parentescos, xa que cunha soa mostra de ADN pódese deducir cal é o verdadeiro pai biolóxico dunha persoa.

- Identificación de cadáveres en descomposición ou xa descompostos.

- Reconstitucións do aspecto dunha persoa, xa que como dixemos antes, un único pelo nos permite saber a cor de pel e de ollos ou a idade dunha persoa (así como moitas características máis).

Aínda así, non debemos de esquecernos de que estas probas só nos aportan porcentaxes, sempre ou case sempre inferiores ao 100%, é dicir, cunha mostra podemos deducir a cor de ollos nunha persoa pero cunha probabilidade de, por exemplo, un 99,9999%, que sendo unha probabilidade moi alta, pode ofrecernos unha información equívoca no momento que menos nolo esperemos.

SAMUEL MARTÍNEZ ALONSO (1º BACH E)

sábado, 5 de noviembre de 2011

SAMAGOSTÍN 2011 NO ICC

De novo Samagostín. Moito medo non pasamos, iso non, pero a estas alturas da película xa non pretendemos pasar medo, soamente pasalo ben, recuperar algo a nosa tradición do Samaín e rematar cunha festa a primeira etapa do curso, o primeiro parón antes da ponte. Castañas non houbo tampouco, mágoa!, tamén perdemos esa tradición, pero seica ninguén se quería facer cargo de asar castañas. En fin... Polo menos seguimos mantendo a tradición das cabazas, algo tan tradicional na nosa Galicia. E desta vez presentáronse máis que nos anos anteriores: OITO! E non lles resultou doado aos membros do xurado decidir cal era a mellor. Finalmente, o premio foi para a cabaza que homenaxeaba ao recentemente falecido piloto de motos Marco Simoncelli.

De todos xeitos, seguimos tendo no instituto bos artistas, dos xa coñecidos e, menos mal!, novas promesas que asegurarán o lecer das festas. Os números musicais fixeron as delicias do auditorio abarrotado ata os ventiladores do fondo: os Ilustrados, as Bonecas, as Bruxas... Moito traballo para os disfraces e moito traballo para os ensaios e as coreografías. Chapeau!, rapaces. Se cadra, eran os comentarios, baixou este ano a calidade e a elaboración dos disfraces, pero en cantidade era semellante a edicións anteriores.

Conduciu o evento o noso presentador oficial, YAGO, que cada ano adquire máis táboas e soltura. Pero... haberá que ir pensando no relevo, pois este home vaise este curso... Ábrese o prazo para candidaturas...

A ver se o curso que vén participa máis xente e se traballan máis os disfraces!
























martes, 2 de agosto de 2011

ILLAS CÍES 2011



Non podía faltar. Sen a xa arquicoñecida excursión ás illas Cíes non se dá por rematado o curso no IES CARLOS CASARES. É xa unha tradición que vai pasando de alumnos a alumnos. O xoves 23 de xuño deste ano, organizado pola Vicedirección do centro e con afluencia masiva da comunidade educativa, sobre todo de alumnado, do que asistiron 273, así como de persoal administrativo, conserxes, persoal da limpeza e da cafetería conquistamos en bloque as illas. O obxectivo era pasarmos un día xuntos en semellante paraxe natural, de beleza paisaxística inigualable. O que si notamos é que se vai perdendo ano a ano aquel espírito deportivo e andareiro co que naceu esta actividade. A xente anda con poucos folgos xa ao final de curso, debe ser polo tempo dedicado aos exames finais, abofé, e poucos son os que, con afouteza, gañan o cume do faro grande. Os máis, seica por lesións deportivas, por indisposicións pasaxeiras ou por depresión postexames, males dos que non dubidamos padezan, quedan tombados na branca e aveludada area na procura da saúde perdida durante o duro curso que remata.
Bañar bañámonos, nesas que din seren das mellores praias do mundo (?!). Xogamos, divertímonos, queimámonos co sol... Unha ledicies!

GRUPO DE TEATRO DO IES CARLOS CASARES



O grupo de teatro do IES CARLOS CASARES de Vigo, coordinado e dirixido polo noso querido JUAN LOIS REY, representou o penúltimo día lectivo do curso 2010-2011 varios sketchs e gags "fabricados", a maioría, polo propio grupo e que estiveron "cociñando" e ensaiando durante o curso. A verdade é que o pasamos moi ben e rimos ás gargalladas, sobre todo con algún deles. Esperamos que logo de ver as soberbias actuacións dos compañeiros e compañeiras do grupo de teatro e o ben que entre eles o pasan se anime máis xente para apuntarse a esta actividade.

SCHOOL TRIP TO LONDON. 4th ESO SECCIÓN BILINGÜE



Most of the students of 4th ESO SECCIÓN BILINGÜE in the School went on a trip to London on March 18. We were looking forward to that day, because we really wanted to miss some school days, although it also ment to miss one weekend here which was not so exciting, but our greatest wish was to be all together for some days in a city like London. We visited places like the British Museum, that is really interesting, but not one of the most interesting places for people of our age. We went to Green Park, some of us went to Covent Garden, Chinatown, Soho and visited landmarks such as Tower Bridge or Big Ben. But I think we all agree that the best places in London were those where we could go shopping: Oxford Street and Camden Town.

When we had some free time, we went by tube, which is very easy to use or we walked around, but London is a very big city and walking is very tiring. When we really had the greatest time was, no doubt, while goofing around in the hotel at night. The last day we were very sad because everything has ended and we had to go back to Vigo and the worst part that we had to go back to lessons again. But there was something good: in the end we were given back our deposit in the hotel, so not everything was that bad on the last day.

NAHIR MACEIRA CRESPO (4º ESO A)

domingo, 31 de julio de 2011

II CONCURSO DE CURTAMETRAXES PARA ESCOLARES RELACIONADO COA DOAZÓN E OS TRANSPLANTES. CONSEGUIMOS UN 2º PREMIO


A Vicedirección do centro coordinou grupos de Bacharelato para a presentación de curtametraxes ao citado concurso convocado pola Consellería de Sanidade.
O noso centro presentou tres vídeos, dúas curtamentraxes e un baile.
O vídeo ideado e protagonizadode por ADRIÁN ALONSO e YAGO GUIRADO conseguiu o segundo premio. Contaba a entenrecedora historia de dúas irmás siamesas que se salvan grazas á doazón dun órgano.
O baile foi iterpretado por RICARDO COUÑAGO, CARMEN DOMÍNGUEZ, ANTÍA FENÁNDEZ, BÁRBARA OGANDO e ANDREA PALACIOS. E a canción escollida foi "Ollos de esperanza" de Eros Ramazotti traducida ó galego e cantada por ANABEL ABALDE.
A derradeira curtametraxe, máis cómica e graciosa foi interpretada por TERESA GARCÍA GLEZ. e MARCIAL RODRÍGUEZ

DE NOVO PREMIADOS NOS CONCURSOS FEGAMP 2011


O FEGAMP (Rede de Concellos pola Sostibilidade) convocou este ano o II CONCURSO DE DEBUXO (“E ti que pintas no medio?”) E FOTOGRAFÍA (“Enfoque ambiental”). O noso centro, e organizado desde a Vicedirección, presentouse de novo a estes concursos, onde o pasado curso xa obtiveramos o 1º Premio de Conxunto.
No Concurso de Debuxo foille outorgado o accésit a CRISTINA PRIETO MUÑOZ de 1º ESO A polo traballo "Quero un medio agarimoso".
No Concurso de Fotografía obtivo o 1º premio CARMELA GARCÍA GONZÁLEZ, de 2º ESO A polo traballo "O enfoque da desolación".
Noraboa, rapazas!