jueves, 2 de mayo de 2013

O NOSO CENTRO INMERSO NO PLAN PROXECTA


QUE É O PLAN PROXECTA?
É un novidoso plan da Consellería de Educación que fomenta a innovación educativa a través de programas das diferentes consellerías que promovan o traballo colaborativo e por proxectos.


Os proxectos elixidos polo noso centro son:
SALVAVIDAS e CLASES SEN FUME da Consellería de Sanidade, nos que temos xa experiencia doutros anos.
12 MESES 12 PAISAXES e METEOESCOLAS da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
CONSUMÓPOLIS da Escola Galega de Consumo.
QUÉROTE+ da dirección Xeral da Xuventude.

http://www.edu.xunta.es/web/planproxecta
Destes traballos xa vos fomos dando conta en distintas entradas deste noso blogue.


 

O NOSO ALUMNADO PREMIADO NO CONCURSO DE BANDA DESEÑADA "HISTORIAS DE MILU"

O noso centro presentouse ao CONCURSO DE BANDA DESEÑADA "HISTORIAS DE MILU" (personaxe creado por MANUEL RIVAS, publicado na Ed. KALANDRAKA) convocado pola Secretaría Xeral de Política Social e en colaboración coa Fundación Meniños.
Dos catro premios convocados, o noso alumnado foi merecedor de tres deles.
Os gañadores e gañadoras foron:

1º Premio categoría individual SARA FERNÁNDEZ de 3º ESO A co traballo " O novo mundo de Milu ".
1º Premio categoría colectiva ANABEL FERNÁNDEZ e JAVIER RÍO de 1º ESO A polo traballo "Lévame contigo".
2º Premio REBECA e RODRIGO LEGERÉN de 1º ESO A polo traballo "E comeron regalices".


Podedes consultar a noticia neste enlace:
http://benestar.xunta.es/web/portal/portada

NORABOA!!


Mundo de Milu
  
 

sábado, 27 de abril de 2013

CLASES SEN FUME. 1os. de ESO

 

Clases sen fume


Compartimos desde aquí as actividades creativas realizadas polo alumnado de 1º ESO para Clases sen fume dentro do Plan Proxecta.
Estamos orgullosos do resultado como exemplo de traballo colaborativo tanto na aula como fóra dela, así como entre o profesorado.
Con este tipo de proxectos traballamos as competencias básicas de maneira eficaz e diferente, de maneira xeral procurando información, elixindo as tarefas, buscando a colaboración entre o alumnado, cooperando, relacionando o "mundo exterior" co "mundo escolar", promovendo o pensamento crítico e a iniciativa persoal. E de maneira específica co compromiso de non fumar e de "publicitar" as vantaxes do non consumo para o resto da comunidade educativa.

ALMUDENA LACOMBA




1º ESO A 
 
1º ESO B

miércoles, 24 de abril de 2013

A FEIRA DO TROCO. TODO UN ÉXITO!

O GRUPO DA BIBLIOTECA, dentro do seu programa de actividades, organizou, con motivo do DÍA DEL LIBRO,  A FEIRA DO TROCO.
Nesta actividade podía participar toda a comunidade educativa, incluídas as familias do noso alumnado e consistía en entregar un máximo de tres libros na BIBLIOTECA, a cambio dos vales correspondentes, para poder logo intercambialos por outros tres como máximo de entre todos os recollidos.
A participación na actividade foi masiva, chegando a intercambiarse máis de duascentas obras, a inmensa maioría delas de excelente calidade, tanto literaria como no referente á súa edición.
Tal como quería o Grupo da Biblioteca, a Feira do Troco foi toda unha festa, e así estaba ambientada. O vestíbulo do instituto estivo ateigado de xente durante os dous recreos. Os participantes foron agasallados con pasteis, lambetadas e chuches dun orixinal pastel literario con piruletas nas que aparecían impresas en tinta comestible sobre obleas os máis representativos títulos da literatura galega e castelá.
Esperemos que haxa sucesivas edicións desta feira, dada a participación e a expectación que xerou.
BOAS LECTURAS!

 











23 DE ABRIL. OS 4os. DA ESO CELEBRAN O "DÍA DEL LIBRO"

Con motivo do DÍA DEL LIBRO, este martes 23 de abril, o DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA CASTELÁ organizou un evento literario de lectura de EL QUIJOTE así como dunha variedade de textos literarios, todos eles amenizados con música interpretada polo noso alumnado de 4º da ESO, cuxa calidade coñecemos e teñen demostrado en moitas ocasións, non en van moitos dos nosos alumnos e alumnas estudan en conservatorios de música ou forman parte de grupos musicais en asociacións veciñais. Colaborou no evento o noso querido lector de inglés, HOWARD, lendo un fragmento de SHAKESPEARE, o tan sonado "TO BE OR NOT TO BE". Finalmente houbo lecturas espontáneas de fragmentos de El Quijote. Fermoso, entretido e participativo.





lunes, 22 de abril de 2013

4º da ESO EN LONDRES


O mércores 3 de abril, logo dun gran madrugón, partimos do instituto ás 6 da mañá. Collimos un bus ata O Porto e de alí o avión ata o aeroporto de Gatwick. De novo, outra traxectoria en autobús ata o hotel Royal National, un clásico nAs viaxes estudiantís. Logo da comida visitamos o British Museum (awesome!), paseamos polos seus arredores e ceamos no noso restaurante reservado, Parker's, xa moi cansos.

Ao día seguinte comezamos cun paseo pola Torre de Londres e cruzamos o Tower Bridge ao outro lado do Támesis. Á hora de comer visitamos un pintoresco mercado de comida, Borough Market e a Southwark Cathedral. Pola tarde fomos á Tate Modern Gallery e a St.Paul's Cathedral, e máis tarde fomos dar un paseo por Covent Garden e polo barrio de Chinatown. Ceamos novamente no Parker's, logo dun día moi entretido e frío. Nevou durante case todo o día. Foi precioso!

Xa o día 5 pola mañá percorrimos o exterior do Buckingham Palace e demos un paseo por St. James' Park. Antes de comer tamén visitamos o Parlamento e o Big Ben e a abadía de Westminster. Pola tarde visitamos a National Gallery, repleta de famosas obras de arte, e logo subimos ao London Eye. Dende alí puidemos ver toda a cidade. Logo nos desprazamos a Picadilly Circus e pasamos por Vigo Street, que está moi preto.

O sábado, o derradeiro día, visitamos o Natural History Museum e logo tivemos a opción de  ir a Harrod's ou a Camden Town, o famoso barrio co mercado. Puidemos facer compras e tivemos tempo libre ata a cea.

O domingo pola mañá visitamos a casa de Charles Dickens e partimos do noso amado Londres para regresar a Vigo. Chegamos tarde, pero a maioría aínda tivemos forzas para acudir ás clases ao día seguinte.

Foron uns días (e unhas noites) inesquecibles.

KATIA RODRÍGUEZ e SERGIO FARALDO (4º B)



domingo, 21 de abril de 2013

GRUPO DA BIBLIOTECA. CLUB DE LECTURA DO PROFESORADO

O GRUPO DA BIBLIOTECA, á parte dos CLUBS DE LECTURA do alumnado que levan funcionando varios anos no noso centro, acaba de crear un CLUB DE LECTURA DO PROFESORADO. Están inscritos na actualidade un total de 14 profesoras e profesores e reúnense polo de agora unha vez ao trimestre un luns en xantar de traballo e posterior tertulia na biblioteca no propio centro para a posta en común de comentarios, suxestións... sobre a obra escollida.
A primeira obra foi:

LAHIRI, Jhumpa. Tierra desacostumbrada.

 
 
 
 
 
 
 
 
Para este terceiro trimestre, leremos:
 
SHAFFER, Mary Ann. La sociedad literaria y el pastel de piel de patata de Guernsey.
 
 
 O GRUPO DA BIBLIOTECA ten pensado para o vindeiro curso reforzar esta actividade, conseguir máis adeptos a este club e facer máis frecuentes as lecturas.
Boas lecturas!