O Proxecto E.R.A. (Enerxías Renovables e Auga) é un proxecto, como ben o seu nome indica sobre educación ambiental e aforro enerxético. Vaise desenvolver en dous anos (este no que estamos e o próximo) conxuntamente cos centros:
IES Alto Almanzaora (Tíjola-Almería),
IES Miguel Catalán (Zaragoza),
IES Punta Larga (Candelaria-Tenerife).
Temos unha páxina Web por medio da que traballamos 'on line' e na que imos poñendo información dos traballos realizados:
Pincha aquí para ver a páxinaOBXECTIVOS XERAIS:- Crear vínculos entre comunidades educativas entre entornos medioambientais diferentes (Aragón, Canarias, Andalucía e Galicia) para coñecer problemas, alternativas e solucións encamiñadas a un desarrollo sostible en torno á
auga e á
enerxía.
- Favorecer a relación entre os estudiantes co fin de enriquecer a súa formación e información en temas medioambientais.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:- Comprender a importancia da auga como recurso limitado.
- Detectar as principais necesidades ambientais e de saude.
- Apuntar solucións positivas, imaxinativas, solidarias e sostibles.
- Coñecer métodos de aforro de auga e poñelos en práctica nos centros participantes.
- Acceder ó coñecemento da cultura doutras comunidades autónomas favorecendo o intercambio de profesorado e alumnado para a súa aproximación.
- Tomar conciencia do consumo enerxético da sociedade moderna e a súa dependencia dos combustibles fósiles ou enerxía nuclear.
- Valorar as posibilidades da enerxía solar e dos seus beneficios e estudiar e valorar o seu rendemento nos entornos de cada centro.
ACTIVIDADES:Traballaremos con caracter transversal nas materias de Xeoloxía, Bioloxía, Ciencias Medioambientais, Física e Química, Ciencias Sociais, Tecnololoxía, Educación Plástica e Visual e Matemáticas.
Actividades cooperativas entre os catro centros:
- Encontro entre profesores e alumnos en Tíjola (Almería) no ano 2007 e en Zaragoza no ano 2008.
- Planificación de actividades conxuntas para estes encontros.
Actividades a desenvolver e cada centro:
- Saídas.
- Investigación de consumo de auga e enerxía no noso entorno.
- Recollida de información medioambiental nos medios.
- Plans de aforro enerxético e de auga.
Este é un resumo das actividades do noso proxecto. En días sucesivos iremos informando da evolución das mesmas, así como de ir poñendo nesta mésma páxina resultados desas actividades.