jueves, 19 de noviembre de 2009

ALUMNOS DE 3º A e B VISITAN O CASCO VELLO DE VIGO




3º A e B DA ESO VISITAN O CASCO VELLO DE VIGO

O martes 17 de novembro, os alumnos e alumnas de 3º A e 3º B fomos visitar o Casco Vello e Centro Histórico de Vigo, dentro do programa Vigo por Dentro da Concellería de Educación do Concello de Vigo, dedicado a estudantes dende os 3 anos.
O autobús deixounos fronte ao porto, ao lado do centro comercial A Laxe. Cruzamos e o primeiro que vimos foi o anaco da antiga muralla de Vigo semisoterrada baixo terra, e protexido por un cristal. Si, si, no que botan moedas. Unha monitora ía explicándonos cousas do que iamos vendo. Explicounos que alí estaba a Porta da Laxe, que durou uns 200 anos en total, e que era chamada así porque unha pedra semisoterrada na terra (o que se chama “laxe”) serviu como unha pedra máis das da muralla.
Subimos a costa (que cansanzo, se acabamos de comezar a excursión!) e quedamos na Baixada á Fonte. O nome debíase a que era unha baixada, e no final dela, había unha fonte, na que os habitantes de Vigo de antano ían a por auga para o consumo doméstico, pois non había auga corrente. Daquelas existía o oficio de augador que consistía ir repartindo auga polas casas, traballo que era remuneradao, obviamente, un oficio máis.
Subimos a baixada, que paradoxal!, para ir á rúa Olivo, que está ao final da Baixada, baixando non, subindo. Recibe ese nome porque no final dela, peto da igrexa de Vigo, a cocatedral, había un olivo. Nun lado da baixada, hai unha casa con moita vexetación pola fachada, que pertencía a un importante señor. No outro lado da rúa, unha coas ventás vermellas; alí é onde comezou a publicación do Faro de Vigo, no soto desa casa, onde estaban as imprentas. Ao principio o periódico era publicado dúas veces por semana, e era máis de “opinión personal”, non de noticias “serias”.
Baixamos dende esa rúa por outra máis estreita, a Rúa do Cárcere Vello, un cárcere civil onde os presos pedían limosna polas ventás. Dobrando, ao final da rúa, hai unha especie de “exposición”, que ten un anaco dunha vella calzada. Entramos grazas a que estaba a señora da limpeza fregando (non fregara todo, menos mal). A calzada consistía nunhas pedras grandes dispostas nos lados da calzada, e a propia calzada, estaba constituída por unhas pedriñas moito máis pequeñas (grava miúda).
Continuamos camiñando e chegamos á Porta do Mar. Ao redor desa porta estaban os mariñeiros, pescadeiros e feirantes vendendo o peixe. Era tamén onde se preparaba e salinizaba o peixe, e claro, quitábanselle as escamas, que quedaban polo chan, e debía de deixar un cheiriño... e máis aínda en verán. As casas dos mariñeiros tiñan dúas plantas: a baixa, que era para gardar os utensilios, e a alta, onde vivían.
Subimos de novo ata a Praza da Pedra. Antes era onde se reunía o Concello Aberto, é dicir, non se reunían nun edificio. Tamén era onde se facíanse feiras, e vendíase peixe entre outros (tamén venderían verduras, alimentos...).
Unhas rúas máis, andando, andando... vimos a casa onde se imprimiu a primeira edición de Cantares gallegos de Rosalía de Castro. A imprenta era de Juan Compañel (todo isto o pon nunha placa).
Continuamos pola praza Balmeira, que tamén se coñece pola praza das Cebolas. Están alí os dous edificios civís máis antigos de Vigo. A propiedade da familia indicábase cun escudo de pedra sobre a fachada das casas.
Seguimos pola Igrexa da Colexiata e a praza da Constitución, cos seus soportais, que servían para poder facer feira ata cando chovía. Era unha praza onde se reunía toda a xente (en fin, toda toda tampouco, pero era unha “referencia”). Tamén estivemos parados diante do antigo edificio do Concello. Deseguido baixamos un pouco e estivemos observando o edificio da actual Biblioteca Central, que antes diso foi un banco, un casino, un local comercial...
Subimos todo, pasamos un túnel (que actualmente, e por desgraza, serve para ouriñar) e fomos dar á praza da Princesa. Finalmente, pasamos pola Porta da Gamboa (rúa Gamboa), por onde se supón que comezou a reconquista da cidade aos franceses, e chegamos de novo ata onde nos deixara o bus.
Foi entretido, aprendimos cousas novas e refrescamos o sabido.
DAVID LORENZO (3º ESO B)

No hay comentarios: