domingo, 31 de julio de 2011

II CONCURSO DE CURTAMETRAXES PARA ESCOLARES RELACIONADO COA DOAZÓN E OS TRANSPLANTES. CONSEGUIMOS UN 2º PREMIO


A Vicedirección do centro coordinou grupos de Bacharelato para a presentación de curtametraxes ao citado concurso convocado pola Consellería de Sanidade.
O noso centro presentou tres vídeos, dúas curtamentraxes e un baile.
O vídeo ideado e protagonizadode por ADRIÁN ALONSO e YAGO GUIRADO conseguiu o segundo premio. Contaba a entenrecedora historia de dúas irmás siamesas que se salvan grazas á doazón dun órgano.
O baile foi iterpretado por RICARDO COUÑAGO, CARMEN DOMÍNGUEZ, ANTÍA FENÁNDEZ, BÁRBARA OGANDO e ANDREA PALACIOS. E a canción escollida foi "Ollos de esperanza" de Eros Ramazotti traducida ó galego e cantada por ANABEL ABALDE.
A derradeira curtametraxe, máis cómica e graciosa foi interpretada por TERESA GARCÍA GLEZ. e MARCIAL RODRÍGUEZ

DE NOVO PREMIADOS NOS CONCURSOS FEGAMP 2011


O FEGAMP (Rede de Concellos pola Sostibilidade) convocou este ano o II CONCURSO DE DEBUXO (“E ti que pintas no medio?”) E FOTOGRAFÍA (“Enfoque ambiental”). O noso centro, e organizado desde a Vicedirección, presentouse de novo a estes concursos, onde o pasado curso xa obtiveramos o 1º Premio de Conxunto.
No Concurso de Debuxo foille outorgado o accésit a CRISTINA PRIETO MUÑOZ de 1º ESO A polo traballo "Quero un medio agarimoso".
No Concurso de Fotografía obtivo o 1º premio CARMELA GARCÍA GONZÁLEZ, de 2º ESO A polo traballo "O enfoque da desolación".
Noraboa, rapazas!

CONCURSO “QUE ES UN REY PARA TI” 2011, 30º ANIVERSARIO DEL CONCURSO

De nuevo este curso. La profesora de Plástica ALMUDENA presentó un grupo de trabajos de alumnado de 1º ESO A al concurso organizado por la Fundación FIES “Que es un rey para ti”.
En esta ocasión conseguimos obtener 4 finalistas en la fase gallega. El próximo día 6de junio sabremos si alguno de estos nuestros alumnos del centro representarán a nuestra Comunidad Autónoma en la audiencia con S. M. El Rei.
Los alumnos finalistas de 1º ESO A son:
ANIANA CASTRO
SARA FERNÁNDEZ
IAGO PÉREZ
CRISTINA PRIETO

Los trabajos pueden verse en la páxina web www.fies.es

SUERTE, CHAVALES!

CONCURSO DE EDUCACIÓN VIAL da DGT e do CONCELLO DE LUGO 2011




O pasado sábado 14 de maio, grazas a que varios alumnos do instituto gañaron un premio de educación viaria, os rapac@s de 1º da ESO e algún máis fomos a Lugo, a unha festa organizada pola DGTe mais polo Concello de Lugo a recoller os premios e a participar na festa organizada por estes dous organismos.
Alí pasámonolo xenial: montamos en karts, fomos a unha pista de Scalextric, patinamos, etc.
Tamén había unha exposición de coches antigos.
Podías montar na grúa dos bombeiros, facer o control de alcoholemia e montar nos coches da policía e mais na ambulancia.
Ao mediodía asistimos á entrega de premios por parte da DGT.
Logo fomos a un parque situado no interior da muralla, onde xantamos.
Xa rematada a festa, participamos nun sorteo entre todos os asistentes dunha bicicleta e dous MP3.

CARLA SÍO (1º ESO A)

EXPO LOIS PEREIRO NO ICC



PANEIS EXPOSICIÓN SOBRE A ENERXÍA

OLIMPIADA GALEGA DE QUÍMICA


Como todos os anos desde que se iniciou esta proba, e sempre con excelentes resultados, a nosa profesora de Física e Química, Pilar, preparou un grupo de 10 alumnos de 3º e 4º da ESO para competir na OLIMPIADA GALEGA DE QUÍMICA, cuxa primeira fase se celebrou no mes de abril na Facultade de Química do campus universitario de Vigo.
Os nosos alumnos que se presentaron a esta primeira fase foron: JORGE REQUEJO, MARIO MTNEZ., SERGIO MALLO, LAURA CARPINTERO, ANDREA ALONSO e ABRAHAM GLEZ. de 3º ESO, e ADRIÁN RGUEZ., LUCÍA PÉREZ, SANDRA VILA e JAVIER GCÍA., de 4º ESO.
A estas alturas sabemos que pasaron xa á 2ª e última fase LUCÍA e SANDRA. Noraboa! Esta 2ª fase, a gran final, terá lugar o día 27 de maio en Santiago de Compostela. SORTE!

CONCISA CRÓNICA DA VIAXE A COIMBRA. ABRIL 2011



Antes de entrar en detalles, convén lembrar como grandes impulsoras da viaxe as alumnas SALGO e ANTÍA, de 1º ESO B, cuxo interese en que a excursión chegase a bo termo foi loable.

Tras unha entrevista cos pais dos asistentes e os profesores acompañantes, Ángel e Benedicto, na que se lles explicou con todo detalle traxectos, visitas e aloxamentos, quedou confirmada a excursión.

Chegado o día, saíuse ás nove da mañá, hora española, cara a Coimbra, cunha curta parada nunha área de descanso da autoestrada para evacuar e repor humores corporais. E continuouse viaxe.

E xa que se ían visitar restos da cultura romana —Bendito sexa Alarico que nos librou de semellantes tiranos!!! —, decidiuse seguir a máxima latina de "Primum vivere, deinde philosophare" —primeiro vivir, despois filosofar— e así, ao chegar a Coimbra fomos dereitiños a ver o Xardín Botánico, de estilo romántico inglés, e a saudar ao gingko bilova, como árbore pretérito que é e a sacar fotos... e veloces baixando a rúa Quebracostas cara á rúa central de Coimbra camiño da Adega Paço do Conde, onde os viaxeiros repuxeron forzas coa inxesta de manxares conímbrigos cales a chanfana, a corvina, a espetada de vitela, ou lulas grelhadas, pedindo cada un o que lle apeteceu, pero compartindo cada ración cun compañeiro, co que comeron barato e abondo, xa que algún dixo sentirse no convite dunha voda... Entre 2 e 4 euros por barba e diadema pagaron.

De alí foise a Conímbriga, onde os gardiáns vixiaban para que non se invadisen os terreos acoutados... Case nos fundimos todos da calor que superaba os 30º, e Benedicto con sudadeira e sufrindo un ataque de lumbago, mitigado polo Flogoprofén (etofenamato en xel, man de santo!), pócima milagreira, e Ángel cargando cun equipo fotográfico magnífico, coa inesperada sorpresa de que a batería estaba descargada, o que o facía inservible. E pesado e incómodo carrexo baixo aquelas calores.

Alí xurdiu a confusión horaria, que se é esta hora que se a outra, e desperdiciouse a ocasión de ir á Sinagoga de Tomar, a 18 quilómetros de onde estabamos, e admirar o sistema acústico feito a base de ánforas invertidas nas esquinas e coñecer algo máis de Abraham Zaccuto, o mestre de Colón e asesor nos seus periplos oceánicos.

Regresouse a Coimbra, e dedicouse un tempo a apousentarse no hotel Ibis, moi ecoloxista, cuartos modestos pero agradables, baldosas no cuarto de baño que tras mollarse á saída da ducha convertíanse en auténticas pistas de patinaxe, carteis lembrando e animando á reciclaxe, e aforro cunha soa porta que ao pecharse en sentido diverxente servía para illar o vestíbulo do dormitorio, unha soa porta e dous linteis en ángulo recto.

Poderemos referirnos a este hotel como o hotel das sorpresas.

Primeira sorpresa, frialdade e desapego á xente española por parte do persoal de recepción, un tanto túzaros; segunda sorpresa, práctica por parte dos recepcionistas da arte de Rinconete e Cortadillo, os cacos madrileños lembrados por Cervantes, que se non andamos listos denunciándoos na comisaría de policía o bo de Ángel queda sen o seu magnífico e custoso equipo de fotografía —de cuantioso valor funcional, sentimental e crematístico—, tras aconsellarlle eles que non o deixase no dormitorio, pois llo poderían roubar, e queda en custodia gratuíta en recepción... de alí volatilizárase por arte de encantamento e só unha denuncia na comisaría de Coimbra ao día seguinte fixo que por milagre aparecese...

Déuselle renda solta á primavera estudantil e pasárono de marabilla correteando e vociferando cal españois pola rúa peonil central, Fernão de Magalhães, mentres a calor era mitigada polos profes e chofer no café Santa Cruz, estraño edificio dos anos 20 do pasado século, con aires de sinagoga, e ábsida con frescos esotéricos do sol e da lúa, hoxe tapados coa reforma efectuada no local en 2002, as súas mesas de madeira hexagonais, os seus nervios do teito a modo de pechinas e con rosetas na súa parte central ao estilo manuelino, a modo de artesonado, as súas portas con celosías no lado esquerdo a modo de xineceo para poder seguir as mulleres o rezo talmúdico, os seus glifos da fachada a modo de gardiáns... Eran malos tempos aqueles cunha Alemaña xerarquizándose con sentimentos antisemitas e quedou en restaurante do corpo, sen que haxa constancia pública de se serviu tamén para alimento de mente e espírito de modo e liturxia ladina.

Tras este asueto, os viaxeiros fóronse a cear ao restaurante citado.

E comezaron as sorpresas...

Ao regresar ao hotel, cumpridos os horarios previstos por todos os alumnos, dinlle ao profesor Ángel que alí non hai ningún equipo fotográfico, o que lle provoca cabreo e desgusto, e o colega Bene dille que agarde ao día seguinte tras colaborar con el na reclamación verbal en portugués e español... Os alumnos mentres tanto na súa salsa... internet gratis na parte nobre do hotel —hall—, e enchendo o bandullo de froitos secos ata baleirar os tubos que os contiñan, pois se xustificaron dicindo que eran de balde xa que alí dicía Snacks free for your drink —picoteo gratis coa súa bebida —, e como eles non bebían, pois quedaban co de free snacks e todos cheos de razón e repetían unha e outra vez... E logo din que os alumnos españois teñen dificultades coas linguas estranxeiras... free, gratis, aquí e na China e o demais non importa, como na aula... concepción selectiva e práctica das linguas foráneas.


Tras unha noite tranquila, baixaron a almorzar e sendo o buffet libre bastante variado e apetitoso cadaquén cumpriu cos seus desexos en variedade e cantidade... E outra vez a discutir en portugués e español cos recepcionistas... ata que un diálogo cruzado entre Benedicto e Ángel, en voz queda e ameazando cunha denuncia ante a Policía fixo que o cruzamento de miradas entre eles presaxiase a aparición do equipo. Interpúxose a denuncia e tras asinala na propia Policía dixéronlle ao bo de Ángel que o hotel chamara á comisaría dicindo que xa aparecera o equipo. Ángel foi recollelo e esixíanlle unha carta de desculpa e que a levase á comisaría, ao que Ángel se negou, recolleu o equipo e reintegrouse á excursión. Aínda por riba!

Mentres tanto os viaxeiros sufrían a crise económica portuguesa. Un subalterno pretendía cobrarlles aos alumnos 4,5 € por visita e concederlles unha hora se pagaban. O profesor decidiu que non, que a achega económica do alumnado non sanearía as contas da Universidade e que sempre entraran gratis, e que non merecía ese dispendio o que se ía ver e podía apreciar gratis en internet... Reiníciase o camiño cara ao Museo de Física, en obras, e cunha soa sala aberta ao público e a pesar da amabilidade coa que se nos recibiu, e a rebaixa de 2 a 1 € por visitante que se nos facía —os alumnos portugueses pagan 2 €— non se entrou, xa que os rapaces estaban un tantico adormiladetes e o tempo botábasenos enriba, pois tiñamos que xantar e saír a fume de carozo para Porto.

E xantouse. E ai!..., Cupido xogounos unha mala pasada e unha parella que gozaba de ruada por Coimbra paseando amorosamente collidos da man, atrasou a viaxe hora e media, que foi o que tardaron os dous ruliños en ir comprar unha saia no Pull and Bear de Zara, coma se esa tenda non a houber en Vigo. Ah, o amor...! "L'amour fait passer le temps, le temps fait passer l'amour" —o amor fai pasar o tempo, o tempo fai pasar o amor, dicía o bo do abate Breuil... —. E mentres tanto cada minuto era unha espada e o Bene empezaba a acordarse de todo o panteón conímbrigo, pois se chegaría á adega á hora do peche cuxa visita estaba prevista.

Chegamos a Porto e novo encontro coa crise. Autorizados a visitar a adega Calem, de NovaCaixaGalicia, pero pagando... Negámonos e buscamos a correspondencia entre eles e nós reservando e concedendo visita gratis; aclarouse e así a fixemos, de modo gratuíto e amable, na que un guía grego nos mostrou e explicou de modo sinxelo todo o proceso de fabricación do “vinho do Porto”, os medios de transporte en rabelo, e ao final convidounos a unha discreta e minguada cata de branco e tinto, exquisitos. Pero como as regras son moi estritas tanto por parte portuguesa, que non autoriza a ninguén menor de 16 anos a probar o viño, e as nosas que a desautorizan a menores quedou en exigua cata para os adultos e profusa e abundante cata de auga fresca para as alumnas doceañeras, servida por Nicole, unha linda e agradabilísima empregada das adegas. Como di o refrán árabe, "Non hai maior pracer que un grolo de auga fresca no deserto"... Que calor!... Abrasaditos que íbamos, malia o frescor da adega.

E iniciouse o regreso a Vigo, rexeitando a parada en Viana do Castelo, por se se volvía confundir a hora do reencontro e da partida, xa que ao día seguinte había que volver a clase.

Aconséllovos para que viaxedes connosco, aínda que sexa de modo virtual:
http://es.scribd.com/doc/12792398/conimbriga
http://www.minube.com/fotos/rincon/7154/45779
http://www.elrinconcitodevicentico.com/portugues-rabacal-coimbra.html
http://www.cafesantacruz.com/cafe.html
http://www.calem.pt/

BEN ANDRESSAN

VIAXE A BARCELONA DOS 1os. BACH



O día 8 de abril, os alumnos de 1º de Bacharelato, acompañados polas profesoras Almudena e Sandra, marchamos de excursión a Barcelona. Por fin (case un mes despois do previsto ao principio) chegou o día, pero tantas ganas non debían ter as profesoras cando saíron da casa. Vale que era cedo e que o tráfico hoxe en día está fatal, pero que as últimas en chegar fosen as profesoras ten o seu aquel (e non pensedes que chegaron dous minutiños tarde, non….). Ata o home da axencia de viaxes estaba desesperado!
Ao chegar a Barcelona, deixamos as maletas no hotel e fomos comer. Pola tarde visitamos a Pedrera, que é unha casa construída por Gaudí para unha familia moi importante de Barcelona no seu tempo. Foi unha visita bastante rápida e saudable, polo de subir moitas escaleiras. O peor foi esperar polos que quedaron na tenda de recordos (máis que ir a comprar un agasallo pareceu que estaban a facer os planos da casa). Ao saír dividímonos: uns foron ao Camp Nou e outros ao Museo Picasso. Seica o Camp Nou é bonito e pasárono ben. O Museo Picasso mirámolo rapidiño porque estaba a piques de pechar (iso si, non separamos o grupo en ningún momento, baixo ameaza de expulsión vitalicia).
Como xa era hora, marchamos ao hotel a cear e despois … FESTA! As profesoras non ían ser menos e sumáronse á festa. Sandra tardará moito tempo en esquecerse das “bailarinas exóticas”.
O sábado levantámonos e despois de almorzar marchamos cara a Figueres. Despois de dúas longas horas de autobús, chegamos a Figueres e entramos no Museo Dalí onde estivemos outras dúas longas horas. Miramos cadros, ovos, unha maneira pouco usual de decorar unha casa e ata unha escultura dun paraugas enriba dun barco sobre un coche, ao que lle chovía dentro, tirado por unha muller cuns quiliños de máis (unha cousa incrible!).
Ao saír comemos por Figueres e algúns fixeron algunhas compras. Pola tarde volvemos a Barcelona e visitamos o Museo da Ciencia que, a min persoalmente, pareceume bastante entretido. Entramos nunha exposición de dinosauros, noutra sobre reciclaxe, “repasamos” algunhas cousiñas de bioloxía e física e entramos nunha recreación dunha selva tropical onde había bichos que non volveremos ver xamais.
Ao saír do museo dirixímonos ao hotel a cear e, como era sábado, outro pouquiño de marcha para o corpo. Crédeme se vos digo que moitos recordarán esa noite toda súa vida.
E como di o dito: “Noites alegres, mañás tristes”. O domingo pola mañá non había quen se erguese. Pero tocaba seguir co plan, que era paseo pola cidade entrando na Sagrada Familia con visita guiada, coñecer as Ramblas e o Barrio Gótico pola mañá, pola tarde o Parque Güell, que é un parque enorme dende o que se pode ver Barcelona enteira, decorado por Gaudí. Asegúrovos que non sei como percorremos o Parque Güell coa dor de pés que tiñamos todos (menos as dúas profesoras, que parecía que non se lles esgotaban as pilas nunca).
Afortunadamente ese día chegamos cedo ao hotel e descansamos antes da cea que consistiu nunha salchicha de tamaño desproporcionado con fabas, un prato non apto para todos os estómagos.
O luns era o día que todos agardabamos con impaciencia; era o día que nos tocaba ir ao parque de atraccións de Port Aventura que está bastante lonxe de Barcelona e fomos en autobús. Creo que nesa viaxe o único que non quedou durmido foi o condutor, afortunadamente!
Pasamos o día enteiro dentro do parque: montamos en case todas as atraccións varias veces, menos nunha montaña rusa que só abriu un pouco tempo todo o día na que tres afortunados do grupo puideron montar. Aos demais recordarannos ese momento o resto dos nosos días. Outros vestíronse de época e sacáronlles unas fotos ben bonitas, bailamos durante o xantar, mareámonos, mollámonos e fixemos concursos para ver quen poñía a cara máis fea nas fotos que che sacan durante as atraccións.
Chegamos ao hotel xusto para a cea molidiños de todo. Aínda así, foi unha derradeira noite espectacular.
E como todo o bo remata, chegou o día de volver a casa, pero aproveitamos moi ben a mañá, facendo algunhas compras ou visitando partes da cidade que non nos dera tempo a ver nos outros días. Pola tarde, despois de superar algúns problemas cos DNI, subimos ao avión e cando chegamos a Vigo xa era noite.
Xa para rematar engadirei, como opinión persoal, que Barcelona é unha cidade fermosa, pero, hai que recoñecelo, Port Aventura foi impresionante e como unha das mellores atraccións do parque estaba pechada, imos ter que facer outra viaxe para quitarnos esa espiniña que, a maioría, temos cravada.
Grazas por todo, Almudena e Sandra!

CANDELA CRESPO CASTRO (1º BACH D)

2º A NO IFEVI. CAMPIONATO DE SLOT


O alumnado de 2ºA, en premio ao inxente traballo realizado este curso ecolar para o concurso de paneis sobre LOIS PEREIRO, disfrutou dunha saída un tanto peculiar. Fomos ao IFEVI, ao Salón do Automóbil, a competir nun campionato de Slot (un Scalextric moito máis grande e de coches máis rápidos que os que podemos ter na casa). Tras unha primeira manga onde todos nos clasificamos, volvemos uns días despois para competir de novo, esta vez con alumnos doutros institutos, e dous dos nosos conseguiron pasar á rolda final, onde acabaron nuns meritorios cuarto e quinto postos dos oito finalistas.
Foi unha excursión divertida, diferente e que nos deu a oportunidade de visitar de balde (e varias veces) o Salón do Automóbil, que normalmente ten unha entrada que custa 7 €.

DIEGO MOJÓN (2º ESO A)

PROXECTO INTERDISCIPLINAR 1º ESO C


A PAISAXE NA ARTE A TRAVÉS DO PATRIMONIO NACIONAL

Durante o presente curso 2010-2011 o PROIN (Proxecto Interdisciplinar) de 1º A e C versou sobre a “Paisaxe na arte”, e como tema para plasmar o noso estudo eliximos os motivos do XX CONCURSO PATRIMONIO NACIONAL DE PINTURA: Interiores e/ou exteriores dos Monumentos, Xardíns Históricos ou Fontes de Patrimonio Nacional para despois presentar as obras resultantes ao concurso.

Na disciplina de Ciencias Sociais realizouse un percorrido histórico por estes monumentos, ao mesmo tempo que na materia de Expresión Plástica e Visual faciamos un percorrido paisaxístico pola historia da arte apoiados polas TIC para procurar información sempre visual sobre cada caso en concreto. Detivémonos especialmente na utilización da ventá de Durero para a comprobación in situ do “invento” da perspectiva.

Unha vez realizada a investigación, cada alumno/a elixiu un monumento, fonte ou xardín de Patrimonio e representouno (á súa maneira) desde o punto de vista dun movemento artístico.

Dedicámoslle ao traballo tres horas semanais (unha de Proin e dúas de Atención Educativa) de outubro a marzo.

3º ESO MULTIAVENTURA EN PORTOMARÍN, 2011


O mércores xoves e venres días 23, 24 e 25 de marzo, varios alumnos de 3º da ESO foron a unha saída chamada “Multiaventura no Miño no municipio de Portomarín”, acompañados polo Juan, profesor de Educación Física. Estivemos aloxados nun albergue ao pé do río que, por certo, levaba pouca auga debido a que o encoro de Belesar estaba en obras. Compartimos actividades cun colexio de Catoira.

O mércores saímos do instituto sobre as 9:00 e todos no autobús cantando, sacando fotos e algúns a durmir. Sobre as 11:30 chegamos ao albergue. Logo, para coñecer a vila, fixemos un xogo de Roll Playing, un xogo no que alguén se vestía de guerreiro medieval e tiñamos que encontrar os monitores que nos facían probas despois de preguntarlles: “Quen vive?”. Despois facíanche unha proba e, se a pasabas, tiñas unha recompensa. Máis ben era para coñecer a vila e cousas sobre a mesma.
Pola tarde fixemos grupos, uns foron a facer bicicleta de montaña e outros xeokaching, un deporte pouco coñecido. Tratabase de meter coordenadas nun GPS e encontrar unha especie de “taperware” onde a xente escribía a súa experiencía. Neste xogo unha compañeira fíxose unha escordadura nun pé, daquela non puido facer máis actividades.
Logo fomos coñecer a historia da vila.
Ao día seguinte intercambiamos actividades e os de xeokaching foron facer bicicleta e viceversa.
Comemos e pola tarde un grupo fixo kaiak e outro sendeirismo acuático. Os de kaiak pasárono de medo nos rápidos, aínda que algún que outro caeu e mollouse todo (e a auga non estaba especialmente quente) e os de sendeirismo acuático chegaron cheos de barro ata as cellas, porque tiñan que camiñar polo río que estaba cheo de lodo. Ían cun neopreno e agarrados con arnés a unha corda. Camiñamos polo río abaixo, cheo de lodo, ás veces a auga arrastrábanos.
Ó día seguinte volvemos intercambiar os postos, os de kaiak a sendeirismo acuático e viceversa.
O último día fómonos ás tres da tarde para chegar a Vigo ás cinco.
A volta viñemos todos durmindo, non coma na ida.
A verdade é que nos gustaría quedar tres días máis. Foi unha experiencia única: á parte de pasalo xenial, aprendimos novos deportes e cousas da natureza que non sabiamos.

CELIA ALONSO (3º ESO A)

CHARLA COS ANTIGOS ALUMNOS

O venres 15 de abril de 2011, os alumnos de Bacharelato tivémo-lo pracer de recibir ex-alumnos do noso instituto, de cursos pasados, que viñeron para falarnos da súa vida agora xa rematado o Bacharelato.
Contáronnos cada un un pouco como é estudar ciclos e graos universitarios: os seus horarios, as materias, os profesores... Como é vivir fóra, en residencias ou en pisos compartidos, e como cambia todo cando xa es maior.
Déronnos consellos para cando nos toque a nós e marchamos todos pensando no futuro.

TERESA GARCÍA GONZÁLEZ (1º BACH F)

martes, 19 de julio de 2011

2º ESO A NA NEVE. VALGRANDE-PAJARES


Do día 30 de xaneiro ao 4 de febreiro, os alumnos de 2ºA estivemos de viaxe na estación de esquí de Valgrande-Pajares, en Asturias, aprendendo un pouco deste deporte normalmente inaccesible para nós. Desde o luns, segundo día de viaxe, todas as mañás colliamos botas, luvas e traxes de neve e subiamos á estación. Despois de dous días de familiarización cos esquís e bastóns nunha parte bastante chá, chegou o momento de subir ás pistas de verdade. O certo é que, se non te caes moito, é un deporte divertido e emocionante, que canto máis dominas máis che gusta, aínda que chega a ser frustrante ao principio.
Pero non todo foi esquí. Polas tardes e noites faciamos actividades programadas polos monitores de tempo libre que nos acompañaron. Houbo de todo: noite de historias de medo, bromas, xogos colectivos…
Cando chegou o venres da volta a casa, estabamos cansos, pero contentos pola experiencia.

DIEGO MOJÓN (2º ESO A)

SEGUNDO FILME DE CINENSINO

Os rapaces e as rapazas de 1º de ESO acompañados polos seus titor@s, realizaron unha saída ao cine Salesianos para ver a película Só eles. Foi o segundo filme das tres proxecións do ciclo “Cinensino”.
Este programa ten como finalidade previr e evitar a drogodependencia dos mozos e mozas adolescentes antes de que estes cheguen a probalas e utiliza o cine como base.

A película trataba que que Joe Warr (Clive Owen) e o seu fillo Artie Warr (Nicholas Mcanutty) acaban de perder a muller das súas vidas Laura (Emna Booth). Harry (George Mackay), o fillo de Joe no seu primer matrimonio, acusa a Joe do pouco cariño que recibiu por parte do seu pai. Harry vai xunto Joe en Australia.

Artie e Harry vanllo pór moi difícil a Joe. Cando no traballo de Joe ten que marcharse a ver un partido de tenis, na súa casa de Australia pasan cousas moi complicadas. O seu fillo pequeño, Artie, bota moito de menos a Harry e van buscalo a Inglaterra. Ao final de todo, Artie e Harry volven co seu pai Joe.

Os alumnos de primeiro pasárono xenial e esperan impacientes ata o seguinte filme de “Cinensino”.


CRISTINA PRIETO (1º ESO A)

VISITA Á PRAIA DE FONTAÍÑAS (1º ESO C – 4º D)


O xoves 20 de xaneiro un grupo formado por alumnado 1º da ESO e 4º fomos de excursión co programa “Vigo por dentro” á praia de Fontaíña, que se atopa preto da illa privada de Torralla.
Cando chegamos, o primeiro que nos ensinaron foi a importancia das dunas. As dunas son importantes porque nelas vive un gran conxunto de vexetais e animais entre os que abundan corvos mariños, gaivotas, etc.
Pedíronnos que as coidemos porque coa cantidades de lixo que bota a xente, o ecositema esta a cambiar.
Por último, estivemos nas rochas collendo cun ganapán as especies de animais que atoparamos para podelas identificar, o que máis abunda son os mexillóns, estrelas de mar, ourizos e lapas.
Volvimos ao instituto ás 12:30 am, xusto para o recreo. Se queredes a miña opinión, non me inportaría repetir esta excursión.

ÓSCAR RODRÍGUEZ ALONSO (1º ESO C)

NADAL + LIBROS -> BOA IDEA!, APÚNTOME


Pois si, foi unha moi boa idea: neste Nadal, invitábannos a poñer un libro na nosa mesa de noite, no noso recuncho, no noso sofá preferido... onde quixeramos: PON UN LIBRO NO TEU NADAL. Esa era a idea que o instituto nos quería transmitir para o Nadal. Tivemos ambiente nadaleiro no instituto, como podedes observar. E que luxo de lámpada de Nadal, de deseño puro! Había unha caixa para que introducísemos nela as nosas suxestións de libros para que o noso centro os mercase e os ofrecese en préstamo na nosa biblioteca, e unha morea de libros estrados na mesa para que collésemos o que nos petase.

VISITA DE 1º ESO A Á ESCOLA DE ARTES E OFICIOS


O pasado xoves 25 de novembro, organizada polo departamento de Plástica e a Vicedirección, dentro do programa VIGO POR DENTRO, o alumnado de 1º ESO A, acompañado pola súa profesora Almudena, realizaron unha visita cultural á ESCOLA DE ARTES E OFICIOS de Vigo. Eramos o primeiro centro que realizaba unha visita a esta institución dentro do programa "Vigo por dentro", que por outra parte é das poucas do devandito programa que se adecúa aos contidos da materia de Plástica en si.
A visita comezou o seu percorrido pola biblioteca para logo visitarmos as aulas de debuxo, pintura (a esta aula corresponde a momentánea que enriba inserimos) e, por último, talla. Os nosos alumnos e alumnas aproveitaron a visita, pero quedaron coas ganas de tocar coas mans algunha obra e tamén de probar algunhas técnicas... Así acometerán con moitas máis ganas os programas da materia cando cheguen a 4º da ESO, pois daquela xa terán utilizado pastel, óleo e mesmo terán feito algo de talla e de gravado.
Na viaxe de volta no autobús cara ao instiuto aproveitamos para felicitar a MARÍA e mais a SARA polos seus respectivos aniversarios.

lunes, 18 de julio de 2011

ALUMNADO DO ICC NO PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS (PILI) DO CONCELLO DE VIGO


A concellalía de Educación do Concello de Vigo saca a concurso todos os anos unhas bolsas de estudo de linguas estranxeiras nun programa de inmersión lingüística para o alumnado de 3º de ESO empadroado en Vigo.
Non poucos alumnos do IES CARLOS CASARES fomos seleccionados. Este programa levouse a cabo durante o mes de setembro, de feito non puidemos comezar o curso ao mesmo tempo que o resto do alumnado pois chegamos unha vez xa comezado este curso.
Aloxabámonos en casas de familias inglesas. Estivemos 21 días en NORWICH, una fermosa cidade de Inglaterra.
A primeira semana iamos a unas clases no centro da cidade, onde nos asignaron un monitor galego chamado Gerardo, que era de Tui.
Durante as clases estudabamos inglés, tiñamos 8 horas cada mañá. Ao saírmos das clases case sempre iamos a un café que había perto da escola e despois iamos de compras pola cidade, que era moi bonita, ou iamos a visitar a cidade.
Nos primeiros días non estabamos aínda moi ben situados na cidade e una rapaza perdeuse. Gerardo, o monitor, levounos ao cine, tamén a ver unha catedral que había no centro da cidade e tamén fixemos algún xogo.
Nas seguintes dúas semanas xa iamos ao colexio onde coñecimos a moitos rapaces e rapazas ingleses.
O colexio era enorme. Nos recreos dábanlle una galleta e unha onza de chocolate gratis a cada un. Alí os rapaces xogan case todos ao rugby e en todas as clases teñen ordenadores. No colexio tamén había rapaces que quedaban alí a durmir pois era unha especie de internado. Había varios edificios e segundo pertenceras a un ou a outro tiñas unha gravata de distinta cor: amarela, verde, vermella ou azul. O nenos que están no nivel correspondente á nosa ESO teñen que ir con uniforme, pero os de Bacharelato poden ir como eles queiran, sempre que vaian formais.
Alí coñecimos a moitos ingleses, como era de esperar, pero tamén coñecimos a moitos rapaces de Vigo que estaban no mesmo programa ca nós e aos que aínda agora seguimos vendo porque fixemos moi boa relación desde aquela.
A despedida foi realmente dura pois tivemos moi forte relación tanto cos rapaces e rapazas ingleses como coas familia onde nos aloxabamos.
A experiencia foi una das mellores que eu tiven porque aprendín moito ingles e porque tamén coñecín moita xente.

SAÚL CASAL ROMÁN (4º ESO A)

viernes, 15 de julio de 2011

INTERCAMBIO EPISTOLAR COA ESCOLA BÁSICA MURALHAS DO MINHO, DE VALENÇA DO MINHO



O curso pasado, organizado polo Equipo de Normalización Lingüística, fixemos un intercambio epistolar cun centro de Ensinanza Secundaria de Valença do Minho. Estivemos varios meses mandándonos cartas entre nós, coñecéndonos e contando como era a nosa forma de vida. Despois de todo ese tempo fomos coñecelos cara a cara ó seu centro.
Ao chegar á súa escola, presentámonos e logo ofrecéronnos un pequeno concerto de música moderna portuguesa. De seguido ensináronnos o seu centro que, en comparación co noso, era enorme. Ao rematar, fomos visitar as murallas de Valença, asesorados por un guía da casa consistorial especialista en historia, e visitamos tamén un museo que contaba a historia desta fermosa vila, maqueta xigantesca incluída. Para xantar leváronnos a un parque preto do río Miño, no que despois fixemos xogos tradicionais, como o xogo de tirar pola corda, atopar mazás en recipientes cheos de fariña… Por último, despedímonos na entrada da súa escola.
De volta, cando eles viñeron a Vigo, o plan do principio que tiñamos era: en primeiro lugar ensinarlles o instituto, despois visitar o campo de Balaídos e de seguido ir ó museo de historia de Pontevedra, e para rematar, ir xantar a Baiona. Pero o tempo xogounos unha mala pasada e tivemos que suspender o xantar na Virxe da Roca en Baiona, xa que empezou a chover a cántaros. En lugar diso xantamos na cafetería do instituto, alí, gorecidos, cantamos, falamos e pasámolo en grande.
Esta foi unha grande experiencia, xa que ao prinicipio custábanos entender as cartas, polo idioma, pero despois foise facendo máis doado. Á parte, esta fora a primeira vez que se facía un intercambio epistolar cunha escola de Portugal, polo que nos sentimos orgullosos de que nós fósemos os primeiros en facelo.

MARA MÉNDEZ GARCÍA (4º ESO B)

CONCURSO DE MICRORRELATOS DOS CENTROS DO CAMPUS DO MEIXOEIRO. OS NOSOS GANADORES

VENRES 25 DE XUÑO DE 2010
(Os grupos dos gañadores corresponden ao curso pasado)

Relación de gañadores do IES CARLOS CASARES no concurso, por categorías:

1º Ciclo da ESO
1.SERGIO DOMÍNGUEZ OTERO de 2ºA do IES Carlos Casares por "O tolo do Casal".
2.RUTH TILVE COSTAS de 1ºA do IES Carlos Casares por "Unha esperanza, unha barreira"
3.JÉRICO PROL LÓPEZ de 2ºB do IES Carlos Casares por "O pesadelo"
2º Ciclo da ESO
1.IAGO RIVERA PUGA de 4ºA do IES Carlos Casares por "Soñando esperto, sen estar durmido"
2.CARLOTA FREIRÍA CORDERO de 4ºA do IES Carlos Casares (Sen título)
Bacharelato
1.JAVIER PEREIRA MARTÍNEZ de 1ºD do IES Carlos Casares (Sen título)
2.ANGEL SOTO ROMÁN de 1ºE do IES Carlos Casares por "Baleiro no pozo"
NORABOA, RAPACES!

ILLAS CÍES 2010



Ao final do curso pasado, o noso instituto celebrou a saída anual ás illas Cíes. Comezou coa reunión de todos os cursos no embarcadoiro, para así comezar ben organizada a nosa viaxe.
A viaxe en barco foi longa, cansa e para a maioría un pouco aburrida: foron corenta minutos interminables.
Ao atracar, puxemos rumbo ao faro, ¿que faro?, o da dereita que non é o da esquerda, é dicir fomos ao feo.
Tras facer algo de perning volvimos á praia onde todos nos dispersamos, cada quen cos seus. Comimos na praia cada un do seu (o meu estaba moi rico!). Finalizamos a nosa xornada volvendo a Vigo. Esperamos que nos volvamos xuntar nas Cíes ao final deste curso (Seica si, o 23 de xuño).

YAGO GUIRADO RODRÍGUEZ (1º BACH D)

PREMIOS DGT LUGO 2009-2010



O curso pasado, como vimos facendo dende hai tempo, os alumnos de IES Carlos Casares participamos no concurso de debuxo organizado pola DGT e o concello de Lugo. Presentamos gran cantidade, e de gran calidade, de traballos e conseguimos dous premios. O ex-alumno do centro ARTUR SOMOZA PIÑEIRO gañou o terceiro premio na categoría de 1º a 3º da ESO e eu, TERESA GARCÍA GONZÁLEZ levei a terceiro premio na categoría de 4º da ESO a 2º de Bacharelato.

Co gallo da recollida dos premios fixemos unha pequena visita a Lugo, onde pasámo-lo día xogando na pista de karts organizada polo concello e a DGT e paseando.

Foi unha saída divertida que non teriamos realizado de non termos contado coa colaboración de Almudena, que sempre nos apunta a todo concurso canto hai e sempre nos dá unha boa axuda:

¡Grazas, Almudena!

TERESA GARCÍA GONZÁLEZ (1º BACH F)

OBRAS DO GUPO DE TEATRO DO IES CARLOS CASARES NO CURSO 2009-2010


O grupo de teatro do instituto funciona dende hai dous anos. Nel pódese apuntar calquera alumno que o desexe e as clases son tódolos luns de tres a catro e media.

O noso profesor é JUAN LOIS REY, é el quen nos ensina a interpretar, dirixe as obras e sobre todo fainos rir.

O curso pasado, o grupo de teatro interpretou dúas obras, unha o día das Letras Galegas e outra en fin de curso.

A primeran titulábase "Non hai ladrón que por ben non veña" e foi interpretada por DANIEL ALONSO, SARA CASTRO, ANA COMESAÑA, CLARA COPENA, PABLO COPENA, CARLOTA FREIRÍA e SAMUEL RODRÍGUEZ. Trataba dun ladrón que entraba a roubar nunha casa e víase enredado nunha liorta entre parellas da que tenta saír con non poucas dificultades. Foi unha comedia de enredo graciosa e divertida. Os actores, aínda que trabucándose e improvisando algunhas cousiñas, fixérono estupendamente ben e pasárono mellor aínda.

A segunda titulábase "Los muertos se facturan y las mujeres se desnudan" e nela actuaron CELIA ALONSO, SARA CASTRO, ANA COMESAÑA, PABLO COPENA, YAGO GUIRADO, NATALIA MARTÍNEZ, MARCIAL RODRÍGUEZ e mais EU. Contaba a historia dunha xastrería na que comezan a aparecer unha serie de cadáveres devoltos porque foran facturados a destinatarios inexistentes. Eu personalmente creo que nos quedou moito mellor do que esperabamos e dende logo divertímonos moito facéndoa.

Este ano volveremos actuar a finais de curso e esperamos que vos guste e vos anime a apuntarvos para o ano que vén e vexades o que se disfruta dende dentro do teatro.


TERESA GARCÍA GONZÁLEZ (1º BACH F)

jueves, 14 de julio de 2011

3º DA ESO EN GANDARÍO, 2010



Os alumnos e alumnas que agora estamos en 4º da ESO, o ano pasado fomos de excursión de fin de curso ó Albergue Xuvenil de Gandarío. Estivemos alí dende o 24 ó 28 de maio. Cando chegamos alí, dividíronnos en dous grupos: Planeta Litoral 1 e Planeta Litoral 2. Estivemos con outros rapaces e rapazas de Boiro. Fixemos moi boas migas dende o primeiro momento. Había dormitorios de 5 ou de 6 alumnos.
Fixemos moitas actividades. Entre elas vela, sendeirismo, fomos en catamarán, estivemos nas rías de Ferrol, Ares, Betanzos... Un dos días tamén estivemos nun laboratorio facendo experimentos con area e cunchas. Todas as noites faciamos xogos no exterior. Fixemos unha caminada polo monte, ata chegar a unha cima onde había un museo. Foi a peor actividade de todas, porque á parte de chover, tivemos que andar moito.
Todos os día nos espertaban coa canción de: “Eu quero marcha, marcha, eu quero marcha, marcha, ti queres, marcha”. Polas noites había unha reunión co director do campamento que nos preguntaba as novas e felicitaban ou rifaban polo noso comportamento.
O último día regaláronnos unhas camisetas que todos firmamos para telas de recordo. Con algúns dos rapaces e rapazas de Boiro aínda temos algún contacto, mesmo algún de nós foi en verán a facerlles unha visita.
A despedida foi bastante emotiva, collémonos moito cariño uns os outros. En definitiva, foi unha moi boa excursión.

ANDREA LÓPEZ e ANTÍA LÓPEZ (4º ESO B)

lunes, 11 de julio de 2011

CONCURSO “¿QUE ES UN REI PARA TI?” 2010

CARMEN GARCÍA GONZÁLEZ, GANADORA ABSOLUTA A NIVEL GALLEGO EN EL AÑO 2010, ACTUALMENTE EN 2º ESO A

LOS 4 FINALISTAS DE NUESTRO INSTITUTO, TODOS DE 1º A DEL CURSO PASADO, HOY EN 2º A




Nuestra alumna, el curso pasado en 1º ESO A, CARMEN GARCÍA GONZÁLEZ ganó el curso pasado el 1er. premio absoluto del concurso "¿QUÉ ES UN REY PARA TI?" a nivel gallego. Su trabajo fué premiado de entre más de otros 2.000 trabajos a nivel de Galicia y fué recibida por El Rei el 28 de junio del año pasado, junto con otros finalistas de otras comuninades autónomas.

Su trabajo era unha biografía del Rei desplegable a la que le dedicó mucho tiempo.

Lo que son las coincidencias de la vida, algunos de sus antepasados trabajaron en su día para la casa real.

ENHORABUENA, CARMELA! Y GRACIAS POR DIFUNDIR EL NOMBRE DE NUESTRO CENTRO POR LOS MEDIA!

Este es el enlace a la noticia del FARO DE VIGO:

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2010/06/01/zarzuela-biografia-desplegable/443736.html
E tamén en LA VOZ DE GALICIA:
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/06/23/0003_8567407.htm