martes, 19 de junio de 2012

O GRUPO DE TEATRO DO INSTITUTO FAI DE NOVO AS DELICIAS DO PÚBLICO





"JUAN  Y SUS CHICOS" volvéronnos facer pasar uns momentos realmente inesquecibles este pasado luns pola tarde. Non lles abondaba aos do grupo de teatro con representaren a difícil As laranxas... con motivo da celebración do cabodano da morte de Carlos Casares que tiveron a ben preparárennos uns sketches totalmente improvisados e que nos fixeron esmendrellar de risa a todos os presentes no salón de actos. Aquí hai madeira, rapaces! Que inxenio! Que frescura de diálogos ou de acenos reveladores! Ides chegar lonxe, meus! Grazas por eses momentos que xa nunca se borrarán das nosas mentes. Algúns lembraremos este día sempre que volvamos subir a un avión!

viernes, 15 de junio de 2012

GANADORA DOS CLUBS DE LECTURA



MARIYA ILIEVA PALIKARSKA, alumna de 1º ESO B, é a ganadora absoluta do Concurso de Comentarios das obras lidas durante todo este curso nos distintos Clubs de Lectura. O Director do instituto entregoulle hoxe o premio: un TABLET, que porta nas súas mans na foto superior, gadget co que poderá tamén ler libros electrónicos.
NORABOA, MARIYA!

lunes, 11 de junio de 2012

GRUPO DE TEATRO DO ICC 2012








As laranxas máis laranxas de todas as laranxas

de Carlos Casares

Non o tiveron doado nin o director nin os nosos rapaces do Grupo do Teatro do ICC este ano. Había que representar As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, de CARLOS CASARES, e como é moi “fantasiosa”, non era doado argallar o decorado... Pero a verdade é que o bordaron. Moi ben! Aquí hai madeira! Noraboa, rapaces! E todos os demais, xa sabedes, a apuntarse ao grupo de teatro para o curso que vén, que se van varios rapaces que remataron 2º de Bacharelato este curso e precisamos xente nova.
O grupo de teatro deste ano está composto por:

DIRECTOR: JUAN LOIS REY

ELENCO DE ACTORES:

ADRIÁN ALONSO
ÁLEX DE LA IGLESIA
ANA COMESAÑA
CANDELA LORA
CELIA ALONSO
CRISTINA PRIETO    
DANIEL ALONSO
ELISA DOMÍNGUEZ
INÉS BELLO
JULIA ALONSO
MARCIAL RODRÍGUEZ
SARA IGLESIAS
TERESA GARCÍA
YAGO GUIRADO

ENTREGA DE PREMIOS XIII CONCURSO CARLOS CASARES





XIII PREMIOS CARLOS CASARES

RELACIÓN DE TRABALLOS DE ALUMNAS
 E ALUMNOS PREMIADOS:


NARRATIVA:

1º PREMIO: “Es feliz?”. AUTOR: MARCIAL R. RODRÍGUEZ QUINTANA (2º BACH F).

ACCÉSIT: “Princesiña”. AUTOR: YAGO GUIRADO RODRÍGUEZ (2º BACH E).
 
POESÍA:

1º PREMIO: “A rosa”. AUTORA: INMACULADA DA SILVA MARTÍNEZ (2º BACH F).

ACCÉSIT: “Demo bachiller”. AUTOR: IAGO RIVERA PUGA (2º BACH F).


 OPINIÓN:

1º PREMIO: “Xénero”. AUTORA: TERESA GARCÍA GONZÁLEZ (2º BACH F).

ACCÉSIT: “Drogas”. AUTOR: MARCIAL R. RODRÍGUEZ QUINTANA (2º BACH F).


MONOGRÁFICOS:

1º PREMIO: “Gustav Klimt”. AUTORA: TERESA GARCÍA GONZÁLEZ (2º BACH F).


DEBUXO:

1º PREMIO: “Pocho”. AUTORA: TERESA GARCÍA GONZÁLEZ (2º BACH F).

ACCÉSIT: “Rein+++”. AUTOR: OLIVER ALONSO FERNÁNDEZ (1º BACH F).


CARICATURAS:

1º PREMIO: “El Fernando de Miguel Ángel”. AUTOR: ADRIÁN ALONSO ALONSO (2º BACH F).

ACCÉSIT: “Leo na praia”: AUTORA: TERESA GARCÍA GONZÁLEZ (2º BACH F).


CÓMIC:

1º PREMIO: “Dora the Explorer”. AUTOR: RUBÉN IGLESIAS GÓMEZ (2º BACH D).

ACCÉSIT: “Con sombreiro e ao tolo”: DANIEL PARDELLAS CAROLLO (4º ESO D).

domingo, 10 de junio de 2012

DIPLOMA PARA O ICC E PARA O ALUMNADO de 3º da ESO do CANGURO MATEMÁTICO EUROPEO

       CANGURO M ATEMÁTICO

O DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS do noso centro inscribiu alumnado de 3º da ESO neste prestixioso concurso de MATEMÁTICAS.

O concurso consiste en contestar, durante 75 minutos, a un TEST DE 30 PREGUNTAS en orde crecente de dificultade.

Este concurso celébrase simultaneamente en colexios de todo o Estado español e de toda Europa. É un concurso un tanto especial, xa queo máis importante é participar resolvendo diversos exercicios de tipo lúdico. O obxectivo é conseguir que se perda o “medo” ás Matemáticas. Os alumnos participantes agrúpanse en seis niveles, desde 1º ESO (nivel 1) hasta 2ºBacharelato (nivel 6). Todos os alumnos inscritos reciben un obsequio e hai tamén premios para os mellores clasificados.

UN 1º PREMIO E DÚAS FINALISTAS NO CONCURSO "¿QUÉ ES UN REY PARA TI?"


Dende xa hai 31 anos celébrase o concurso anual de "¿Qué es un rey para ti?". Recordando edicións anteriores lembrámosvos que hai tan só dous anos quedaron seleccionados entre os corenta mellores da nosa comunidade autónoma, Galicia, alumnos deste centro: Pablo López Fernández, Diego Mojón Álvarez, Carmela García González, Nacho Pereira Larosa, Ruth Tilve Costas. Deles quedou seleccionada como gañadora de Galicia Carmela García.
Neste ano 2012, a nosa profesora ALMUDENA animou á participación no antedito concurso a tres alumnos de 1º ESO B: UXÍA COSQUET BONNER, JULIA ALONSO LÓPEZ e IAGO SEARA VICENTE, así como á alumna de 2º ESO A CRISTINA PRIETO MUÑOZ na modalidade de Multimedia, coordinada pola nosa profesora MARTA REY. Dos tres primeiros seleccionaron as dúas rapazas, participando cada unha cun libro que trataba sobre distintos aspecto da vida do rei.


A Na especialidade de MULTIMEDIA, a nosa compañeira CRISTINA PRIETO MUÑOZ, de 2º ESO A, clasificouse entre os 15 finalistas do concurso "Qué es un Rey para ti" (modalidade multimedia), a nivel de todo o Estado español, cun vídeo que podedes ver no noso blog. O pasado día 17 de maio, Día de Internet, procedeuse a unha votación por internet sobre estes quince finalistas, Cristina non quedou de primeira, pero é xa toda unha honra quedar entre as 15 finalistas de todo o Estado.

Así mesmo, o pasado día 28 de maio asistiron as nosas alumnas UXÍA e JULIA, preseleccionadas entre as 40 mellores de toda Galicia, ao fallo do xurado en Santiago de Compostela, e quedou elixida UXÍA como ganadora absoluta de toda Galicia, é dicir, que representará a Galicia na audiencia privada que concede o Rei no Palacio de la Zarzuela xunto co resto de ganadores de todas as comunidades autónomas.



NORABOA UXÍA por ese 1º PREMIO!!!
NORABOA tamén para JULIA e CRISTINA por serdes finalistas!!!
ESTAMOS ORGULLOSOS DE VÓS

Velaquí os enlaces á noticia en O Xornal de Galicia e mais en La Voz de Galicia:

ALUMNOS DO ICC PREMIADOS NO concurso “Doazón de órganos”





Ó comezo do segundo trimestre, os alumnos de 1º ESO, coordinados pola profesora de PLÁSTICA, ALMUDENA, participaron nun concurso promovido polo Ministerio de Sanidade relacionado coa doazón de órganos.
E... o primeiro e o segundo premio recaeron en alumnos do noso centro!
1º premio: Alberto Alonso, de 1º ESO B de ESO, que recibirá un ordenador portátil.
e Martín Curty tamén de 1º ESO B, que recibirá unha cámara de fotos.
Recollerán os premios o vindeiro 6 de xuño.
NORABOA!
mariya ilieva palikarska (1º eso b)


ALUMNADO DO ICC, GAÑADORES DO CONCURSO “O MONTE É A NOSA VIDA”



O grupo de 3º ESO C, e en especial ANA, KATIA, LAURA e ROCÍO, coordinado pola profesora de PLÁSTICA, ALMUDENA, presentou ao concurso O MONTE É A NOSA VIDA, organizado e promovido por CONFEMADERA de Galicia, un tríptico mural inspirado na obra de HIERONYMUS BOSCH. Alumnado doutros grupos presentaron tamén unha serie de debuxos alusivos ao tema da madeira.

Velaquí embaixo tedes o tríptico de 3º C do que vos falamos. O panel esquerdo reproduce o valor do monte desde o punto de vista ambiental; o central, desde o punto de vista económico; e o dereito, desde o punto de vista social.

Temos xa fallo do xurado e o alumnado do noso centro obtivo os seguintes premios neste concurso:
 

PREMIO COLECTIVO para o tríptico de 3º DA ESO

PREMIO INDIVIDUAL para CANDELA LORA VARELA (1º ESO B)

PREMIO INDIVIDUAL para IAGO SEARA VICENTE (1º ESO B)

NORABOA, RAPACES!




PARTICIPACIÓN NO CONCURSO “O MAR de PAZ-ANDRADE”




Actividades Día das Letras Galegas 2012
Obra Social NovaCaixaGalicia

Este curso escolar, alumnado de 2º ESO e 3º ESO participou no concurso “O mar de Paz-Andrade”, convocado pola entidade Obra Social de NovaCaixaGalicia. Consistía en escribir unha redacción fantástica de aproximadamente 200 palabras sobre a vida e a obra de VALENTÍN PAZ ANDRADE baseándose neste cadro aquí inserido do pintor de orixe galega afincado en Uruguai MANUEL PAILÓS.

Os 5 traballos seleccionados foron:

-     SARA FERNÁNDEZ COSTAS (2º ESO A)
-     CARLA SÍO GARCÍA (2º ESO A)
-     MARTÍN GIRÁLDEZ MARTÍNEZ (3º ESO B)
-     KATIA RODRÍGUEZ VÁZQUEZ (3º ESO C)
-     ROCÍO VILARINHO FERNÁNDEZ (3º ESO C)

Agardamos o fallo do xurado en breve. Sorte, rapaces!

EXPOSICIÓN CARTACES SOBRE PAZ ANDRADE

CLUBS DE LECTURA NO ICC



Imos xa polo segundo ano con clubs de lectura no noso centro. O curso pasado creáronse clubs de lectura soamente no 1º ciclo da ESO, este ano, a pedimento do alumnado de 3º da ESO que pertencera aos clubs de lectura do curso pasado, creouse tamén un club de lectura para ese nivel, así como outro club de lectura para o alumnado de PCPI. Contamos crear tamén un novo club de lectura para 4º da ESO para o vindeiro curso escolar.
Este ano están participando nos 4 clubs de lectura un total de 62 alumnos.
As obras que se leron este curso foron:




AVALIACIÓN


 AVALIACIÓN


AVALIACIÓN

  1º ESO

Moby Dick

A pantasma de Canterville

Curie la atómica

  2º ESO

Ollos de auga

Memorias de una vaca

El asesinato del profesor de Matemáticas

  3º ESO

O sol do verán

La espada y la rosa

O brindo de ouro



PCPI

---

La dama del alba

---


EL LAZARILLO DE TORMES NO CINE SALESIANOS



O mércores 4 de marzo, os alumnos de 1º de Bacharelato fomos ó cine Salesianos de Vigo para ver a obra de El Lazarillo de Tormes, pero soamente 3 tratados, xa que a obra ten un total de 1 prólogo e 7 tratados.
A obra foi representada por dous actores e unha actriz que só narraba a obra, e non interviña na acción da representación.
O actor que encarnaba o personaxe do Lazarillo foi o encargado de comezar a obra contando as aventuras e adversidades que viviu na súa época de nenez.
Representáronse os 3 tratados comezando polo primeiro que foi cando o neno viviu cun cego que lle deu amparo e ensinoulle moitas cousas da vida, pero este home fíxolle pasar moita fame ó neno.
O segundo tratado contábanos as aventuras que viviu Lázaro cun home que dicía ser fidalgo e que en realidade non tiña nin para comer e era o pequeno quen a maioría dos días o alimentaba a el.
E xa para rematar, as últimas vivencias que nos contaron foron as do Lázaro vivindo cun clérigo avaricioso e tacaño, case non lle daba de comer e o Lazarillo roubáballe o pan sendo astuto para facerlle crer ó clérigo que eran uns ratos quen llo comían.
O Lazarillo aprendeu moito da vida con estes homes e cos outros cos que viviu.
A obra rematou igual que empezou, o Lazarillo xa de maior contando a súa infancia.

CLAUDIA CARRERA CALVO (1º BACH E)
SAÚL CASAL ROMÁN (1º BACH E)