O mércores 4 de marzo, os alumnos de 1º de Bacharelato fomos ó cine Salesianos
de Vigo para ver a obra de El Lazarillo
de Tormes, pero soamente 3 tratados, xa que a obra ten un total de 1
prólogo e 7 tratados.
A obra foi representada por dous actores e unha actriz que só narraba a
obra, e non interviña na acción da representación.
O actor que encarnaba o personaxe do Lazarillo foi o encargado de comezar a
obra contando as aventuras e adversidades que viviu na súa época de nenez.
Representáronse os 3 tratados comezando polo primeiro que foi cando o neno
viviu cun cego que lle deu amparo e ensinoulle moitas cousas da vida, pero este
home fíxolle pasar moita fame ó neno.
O segundo tratado contábanos as aventuras que viviu Lázaro cun home que
dicía ser fidalgo e que en realidade non tiña nin para comer e era o pequeno
quen a maioría dos días o alimentaba a el.
E xa para rematar, as últimas vivencias que nos contaron foron as do Lázaro
vivindo cun clérigo avaricioso e tacaño, case non lle daba de comer e o
Lazarillo roubáballe o pan sendo astuto para facerlle crer ó clérigo que eran
uns ratos quen llo comían.
O Lazarillo aprendeu moito da vida con estes homes e cos outros cos que
viviu.
A obra rematou igual que empezou, o Lazarillo xa de maior contando a súa
infancia.
CLAUDIA CARRERA CALVO (1º BACH E)
SAÚL CASAL ROMÁN (1º BACH E)
No hay comentarios:
Publicar un comentario