sábado, 9 de junio de 2012

TEATRO NOS SALESIANOS: A ILLA DO TESOURO




A illa do tesouro é unha obra de teatro baseada na novela de aventuras de Robert Louis Stevenson. Serviu de inspiración no cine, na televisión, en cómics e incluso en videoxogos.

A obra foi representada por catro actores que facían dous papeis cada un, tres homes e unha muller, que interpretaba a Jim, o principal protagonista. Entre escena e escena, intercaláronse números musicais, onde cada actor cantaba sobre o que estaba a pasar ou o que ía acontecer.

Ao teatro acudiron os cursos de 1º e 2º da ESO. Representouse no cine Salesianos, e tratou dun rapaz, Jim, que traballaba co seu pai nunha cantina próxima ao porto, na que un día entra un pirata ferido, cun cofre na man. Jim e o seu amigo, un doutor con moitos contactos na vila, embarcáranse, grazas á súa amizade co alcalde, para buscar o tesouro sinalado no mapa que había no pequeno baúl. Cando chegan á illa teñen que enfrontarse á súa propia tripulación, pero coa axuda dun antigo pirata que quedara gardando o tesouro, conseguen despistar os amotinados e quedar co diñeiro do tesouro.

SARA FERNÁNDEZ COSTAS (2º ESO A)

No hay comentarios: