O luns 23 de abril (DÍA DO LIBRO), organizado polo
DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA CASTELÁ, entre outras actividades por este
motivo, visitounos o profesor de latín do IES San Tomé de Freixeiro, e
escritor, FERNANDO LILLO REDONET.
Veunos visitar para facernos un obradoiro sobre os
gladiadores romanos. Primeiro contounos cousas de onde loitaban, e canto tempo
se preparaban, que era durante uns 6 meses, e sobre quen podía ser gladiador.
Logo, colleu a dous alumnos, e vestiunos de dous tipos de gladiadores. Un cun casco dourado duns catro quilos de peso, e con protección, o outro cun escudo pequeno, e loitaron; logo tivemos que decidir o resto se debía morrer ou non, e a nosa profe de latín, tivo a última palabra, e dixo que o salvasen, pero Fernando, o conferenciante, cambiou a decisión e dixo que tiña que morrer, porque así podía explicarnos as maneiras de matar. Logo colleu a outros dous alumnos, e vestiunos, a un cunha rede e un tridente, a ao outro cun garfo e un casco prateado algo mais pesado; tamén loitaron.

E por último subiu unha compañeira nosa, para facer
de gladiadora.
A visita gustounos moito, foi moi entretida e
aprendemos moito sobre o tema dos gladiadores, que non é exactamente como as
películas que vemos no cine. E estaremos encantados de que volva cando queira o
profesor Fernando Lillo, que sabemos que fai mais dun obradoiro. Moitas grazas.
CELIA ALONSO ALONSO (4º ESO B)
No hay comentarios:
Publicar un comentario